"Orio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

    1. Que subroga.

    2. Facultade concedida a unha persoa para que poida responder economicamente das obrigas doutra. OBS: A súa pronuncia é sub-rogatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sucesión.

    2. Dereitos que se teñen á sucesión de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Departamento quente das termas romanas onde se provocaba a exsudación previa ao baño.

    2. sudorífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á suma ou adición.

    2. Signo, representado pola letra grega Ó, que se emprega para simplificar unha notación aditiva, como por exemplo


      FORMULA

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que suple ou complementa unha carencia.

    2. Aplícase ao aparato telefónico que está conectado a outro principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén unha súplica.

    2. Comunicación que pasaba dun tribunal ou dun xuíz a outro da mesma clase ou autoridade.

    3. Instancia dirixida ao parlamento por un órgano xudicial en que se pide permiso para proceder contra algún dos parlamentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma farmacéutica sólida que se emprega para a administración de medicamentos por vía rectal. Ten forma de proxectil, xeralmente coa punta oxival e o resto troncocónico, e pesa entre 3 e 0,7 g, segundo sexa para adultos, nenos ou lactantes. Está composto por unha masa de graxa natural ou semisintética, que se funde á temperatura do corpo humano, mesturada co medicamento que vai incorporado nunha proporción inferior ao 30 %. Cando a graxa se funde no recto, o medicamento é absorbido polas veas hemorroidais.

    2. óvulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que suspende.

    2. Ligamento ou músculo que está destinado a soster unha extremidade ou un órgano.

    3. endaxe en forma de bolsa que se emprega para soster e fixar os testículos en estados patolóxicos, epididimarias ou do cordón espermático.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sutorios.

    2. Protozoo da subclase dos sutorios.

    3. Subclase de protozoos cilióforos incoloros, de tamaño inferior a 100 ì, que se reproducen sexualmente ou por xemación, en cuxo caso se forma unha xema con dúas bandas ciliares que se desprende, nada libremente e que máis tarde vai para o fondo para dar lugar ao individuo adulto. Son organismos que viven en auga doce ou mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificio destinado a velar os cadáveres antes dos funerais e do enterro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cotobade baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, tres faixas axadrezadas de azul e prata, e brochante sobre o todo un león rampante de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Filipe IV en 1462 a Juan Fernández de Lima y Brito , vizconde de Vilanova de Cerveira e marido de Francisca Luisa de Sotomayor. Permaneceu unido ao ducado de Sotomayor e ao condado de Crecente ata o falecemento da VI duquesa de Sotomayor, Mariana Nin Zastrillas Sotomayor y Lima en 1847. Herdouno entón o seu neto Vicente de Alcántara y Vera de Aragón , VIII marqués de Tenorio (1867) e, sucesivamente, os seus descendentes: Santiago de Alcázar y del Nero (1879) e María de la Concepción del Alcázar y del Nero (1892). Unha das fillas desta, María de la Concepción Blanca de Collado y de Alcázar converteuse na XI marquesa de Tenorio en 1898. Morta sen descendencia, o título permaneceu vacante entre 1955 e 1984, cando foi rehabilitado pola súa sobriña--bisneta, María Eugenia Fitz-James Stuart , XII marquesa de Tenorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Foi xuíz de primeira instancia e instrución en Viana do Bolo (1900-1914). Escribiu La Aldea gallega: Estudio de derecho consuetudinario y economía popular, hecho en el partido judicial de Viana del Bollo (1914), que foi o primeiro intento de recompilación de datos etnográficos da comarca de Viana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado en Cotobade. A súa orixe é medieval, quizais fundado a partir da ampliación do mosteiro de San Salvador de Lérez. Na desamortización de 1835 foi exclaustrado e quedou o templo como parroquia. A igrexa foi construída en varias épocas e a actual data do s XVIII. Ten unha soa nave con cuberta de madeira. A capela maior está separada polo arco triunfal e a cuberta de pedra. Na fachada principal destaca o rosetón e das dependencias monacais, o claustro de dúas alturas (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Superficie de terra que comprende unha xurisdición.

      2. Espazo xeográfico, en sentido amplo, atribuído a un ser individual ou a unha entidade colectiva. É dicir, é unha porción de espazo ocupado por unha persoa, grupo ou estado. Cando se asocia co estado adquire dúas connotacións específicas, unha que ten que ver coa soberanía territorial, cando un estado reclama o seu control lexítimo exclusivo sobre un área determinada, con límites definidos; e outra que se refire á área que non está totalmente integrada na vida política dun estado, como un territorio colonial. En relación aos feitos humanos, o termo acada, referido a un individuo ou grupo, o sentido de ámbito de expansión ou posible localización, ou de espazo marcado para ser empregado de forma exclusiva como hábitat, ámbito de vida cotiá ou caza, entre outras posibles funcións relacionadas coa noción de dominio. A acción deste grupo xera inmediatamente a delimitación, como acontece nos estados onde as fronteiras son as que determinan a súa área territorial. O territorio é xerado a partir...

      3. Porción da superficie terrestre suxeita a apropiación por parte de individuos para levar a cabo calquera actividade, especialmente de produción e reprodución ou consumo, que se consideran como demarcación do exercicio dunha serie de competencias (políticas ou administrativas).

      4. ordenación do territorio /

        Política que se ocupa da presenza, distribución e disposición no espazo daqueles feitos aos que se confire a capacidade de condicionar ou influír no desenvolvemento e benestar dos seus habitantes. A Carta Europea de Ordenación do Territorio, subscrita en 1984, defínea como a expresión espacial da política económica, social e cultural de toda sociedade. Aborda tanto os problemas relativos ás rexións como os que afectan a todo o territorio dun estado, e son aplicadas polas diversas administracións. No caso galego, nun territorio dado poden interactuar políticas de ordenación da UE, da administración central, da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial e do concello, ademais de plans coordinados entre varias ou todas estas administracións e outros organismos competentes. A ordenación do territorio comparte elementos comúns con outras prácticas como o urbanismo e a planificación ambiental. É á vez unha disciplina científica, unha técnica administrativa e unha política concibida como un enfoque...

      1. Extensión de terra que forma unha circunscrición política.

      2. Entidade político-administrativa, nalgúns estados federais de Arxentina, Brasil, Canadá, India ou Venezuela, inferior ás provincias, ás rexións ou aos estados autónomos, que non goza de autonomía interior.

    1. Área que un organismo defende fronte a outros membros da sua propia especie ou de especies diferentes. As dimensións do territorio son características de cada especie e dependen da cantidade e da natureza da alimentacion e da produtividade do territorio. A súa estrutura é variable, e os seus límites establécense primeiramente por un combate, e posteriormente mantéñense mediante actitudes ameazadoras ou sinais, que poden ser olfactivos, ópticos ou acústicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colonia británica constituída en novembro de 1965. Ten unha superficie de 46 km2 e comprende o arquipélago de Chagos, onde destaca a illa Diego García, que ten unha base militar británica e estadounidense. Outras illas menores son Pero Banhos, Salomon e Three Brothers. Non existe unha poboación estable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio de Canadá, situado entre a baía de Hudson, ao L, e o territorio do Yukon, ao O, que comprende máis de 1/3 da superficie total do país (1.224.920 km2; 37.360 h [2001]). A súa capital é Yellowknife (16.541 h [2001]). Esténdese ao N ata máis alá do Círculo Polar Ártico, e comprende numerosas illas, entre as que está a de Baffin. Un grande altiplano interior cobre unha boa parte dos distritos de Franklin e Keewatin, mentres que na parte occidental se abre o val do Mackenzie, entre as montañas de Horn e Franklin, prolongada pola gran depresión entre o Gran Lago dos Osos e do Escravo. Preto destes lagos e do Athabaska están as principais minas de uranio e de radio do mundo. A poboación esquimó, que vive nos distritos de Keewatin e Franklin, dedícase sobre todo á caza e á pesca, mentres que os indios practican a caza e o comercio de peletaría, sometidos por outra banda a regulación gobernamental.

    VER O DETALLE DO TERMO