"pin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 715.

  • Antiga parroquia do concello de Allariz, baixo a advocación de san Salvador, hoxe incorporada á vila de Allariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega que tivo o seu asentamento primitivo en Betanzos e que se estendeu por toda a Península Ibérica.

    2. Liñaxe de orixe galega que trae como armas, en campo de azur, un castelo de prata adestrado dunha árbore de sinople. Outra trae, en campo de ouro, unha faixa de sinople, acompañada de dúas árbores de sinople, unha no alto, e outra no baixo. Outra, escudo tallado: primeiro, de goles, con cinco piñas de ouro, en dúas faixas de tres e dúas; segundo, en campo de azul cun pau de prata fileteado de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de san Sadurniño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non ten crista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Presidente do Centro Cultural de Valadares (Vigo) e director do grupo de teatro Escoitade, foi concelleiro en Vigo. Escribiu guións de cine e obras de teatro, das que destacan Historia de unha reconquista contada á miña maneira (1979), Queda terminantemente prohibido o suicidio (1983) e O milagre do torreiro de Quintián (1985). Co grupo Escoitade representou, ademais das súas propias obras, Estebiño (1973), de Prado Lameiro; Edipo (1975) de Sófocles; e Un home, un pobo (1984), de H. Ibsen. Recibiu o Premio Nacional a la Animación Cultural (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre, político e escritor. Foi alcalde de Pontecesures (1970-1991) e cronista oficial da súa vila natal desde 1953. Correspondente de diversos xornais, como Faro de Vigo, La Noche e La Voz de Galicia, e colaborador de diferentes publicacións españolas e americanas, escribiu Historia de Puentecesures (1972), Anotaciones históricas del Ullán (1985), Los últimos cien años de Cesures (1989), “El Foucellas” en el Ullán (1992), Los Placeres de la Bella Otero (1994) e La Historia hablará (1996). Recibiu o Premio Nacional de Periodismo e a Medalla de Bronce de Galicia (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Presentador. Licenciado en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, abandonou o seu labor como pedagogo para presentar o programa Supermartes, que converteu nun clásico da Televisión de Galicia con máis de 12 anos de emisión. Ao longo deste período tamén presentou diversos programas na Radio Galega, como “En directo Superpiñeiro” e “Cita con Superpiñeiro”, e gravou algúns discos. Recibiu o Premio Galego do Ano (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega.

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de prata, cinco piñeiros, de sinople, arrincados e postos en sautor, o xefe de sinople, cunha banda, de goles perfilada de ouro e engolada en dragantes do mesmo metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e enxeñeiro, fillo do marqués de Bendaña. Formouse no Colegio de Artillería de Segovia e foi comandante de artillaría de Ferrol. Encargouse de realizar os planos das principais prazas marítimas de Galicia e acadou o grao de coronel. Rexedor de Madrid no Trienio Constitucional, realizou viaxes científicas por Alemaña e Escandinavia, e exiliouse como liberal en Portugal e Brasil, onde dirixiu explotacións mineiras. Tamén realizou estudos xeolóxicos e mineiros en Filipinas (1839-1943), onde formou dúas valiosas coleccións de minerais (unha delas doouna á Universidade de Santiago de Compostela). Retirado do exército, dedicouse a estudar as augas termais de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e funcionario no concello de Celanova. Vencellado á Fundación Curros Enríquez, os seus intereses orbitan arredor deste escritor, da historia da súa vila natal, do Couto Mixto e das relacións transfronteirizas entre Galicia e o norte de Portugal. Como xornalista, colaborou en medios moi diversos: diarios (La Región de Ourense a través da columna Ourensalia), revistas (Auria, do devandito xornal, e Raigame), radio (no programa Tertulias do Latino de COPE-Ourense) e televisión (Tele Miño). Entre as obras nas que colaborou están cadanseus relatos nas obras colectivas Contos sen fronteiras (1999) e Coroa literaria para Roberto Blanco Torres na súa morte (1999), os libros Pepe Velo, pensador, soñador e mestre revolucionario (2000), Intrahistoria da Casa dos poetas (2002), Celanova 1900-1981. Memoria fotográfica (2007), Xosé Velo Mosquera. Poeta e soñador, politico e pensador, revolucionario e mestre (2008) e Anónimos (2009)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Aviador. Realizou as súas primeiras acrobacias o 6 de maio de 1913 en Ferrol durante a botadura do acoirazado Alfonso XIII. Convidado pola colectividade galega de Arxentina e Cuba, realizou diversos voos acrobáticos en que incluíu o salto da morte. De volta en España, tomou parte en varios concursos ata a súa retirada en 1921.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Director do Seminario de Tui, colaborou en diversas publicacións como Galicia Social, El Tea e La Voz del Condado, e escribiu Historia de Puenteareas (1941) e Puenteareas: datos históricos, notas y apuntes para el estudo de la etimología de los nombres de las parroquias, barrios y otros lugares del distrito (1941).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Patoloxía Médica na Universidade de Santiago de Compostela, destacou polas súas ideas conservadoras e contrarias ao darwinismo. Escribiu Lecciones de preliminares clínicos y moral médica (1881), Consideraciones generales acerca del hombre y refutación de algunos errores del moderno positivismo (1882) e León XIII y Pío X (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, escritor e filósofo. Estudou o bacharelato elemental en Lugo e en 1930 traballou como empregado de oficina nun comercio de Sarria. Durante esta época, a lectura do xornal El Pueblo Gallego espertou nel un grande interese polo movemento político e cultural de Galicia. En 1932 instalouse en Lugo para estudar o bacharelato superior e relacionouse con mozos galeguistas lucenses, cos que participou na fundación das Mocidades Galeguistas, que posteriormente presidiu. En 1933 asistiu á asemblea do Partido Galeguista, celebrada en Santiago de Compostela, onde coñeceu a Castelao, Alexandre Bóveda e outros galeguistas, cos que iniciou unha estreita amizade. Participou no coñecido mitin das arengas, celebrado na praza da Quintana en Santiago de Compostela o 25 de xullo de 1934, con motivo do Día de Galicia, xunto a Alexandre Bóveda, Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz Andrade, Ramón Suárez Picallo e outros. En 1936 foi elixido secretario do comité provincial para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Chano Piñeiro, licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Aínda que apenas tivo relación cos grupos que na década de 1970 se organizaron ao redor do cine galego, a súa afección levoulle en 1976 a escribir o seu primeiro guión baseado en Sempre en Galiza, que se materializou na curtametraxe Os paxaros morren no aire (1977), realizada en súper 8 e que conseguiu, entre outros premios, o Film de Oro do Ministerio de Cultura. En 1979 iniciou o proxecto da súa primeira longametraxe, Eu, o tolo, que rematou en 1982. A cinta, de 110 minutos de duración, conta a vida de Eu, un home que casa cunha bicicleta e que despois das máis diversas aventuras chega a ser presidente do goberno. En 1984 tivo a oportunidade de pasar ao formato profesional e realizou Mamasunción, unha curtametraxe que obtivo un inusitado éxito en diversos festivais nacionais e estranxeiros. A cinta é unha reflexión sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Comezou a súa andaina profesional en Radio Vigo (1983) e Radio Noroeste (1984), ata que en 1985 entrou na CRTVG, onde traballou como locutor, presentador e enviado especial. En 1990 foi nomeado director de programas da Radio Galega e, posteriormente, incorporouse á dirección do departamento de mercadotecnia da CRTVG. Director de Verán-Verán en Telesalnés (1999-2001) e actor de dobraxe, colaborou con programas e revistas sobre a pesca fluvial, como Caza y Pesca. Publicou O Mus, metodoloxía, praxe e outras banalidades (1999), La pesca en los mil y un ríos de Galicia (2002) e La pesca tradicional del reo en Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Vigo, onde foi alumno de C. Nogueira e ampliou estudos nun obradoiro de imaxinaría en Santander (1947) e na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1948), onde tamén acudiu á Escuela Superior de Artes y Oficios. Iniciou a súa traxectoria dentro do realismo empregando principalmente a temática mariñeira para pasar a partir da década de 1970 á abstración, sen abandonar de todo a figuración. Dominou a forma e a fidelidade nos retratos e traballou principalmente a pedra. Da súa produción destacan as series de maternidades e Retrato do Padre Graña (Alameda de Cangas, 1957), Monumento ao mariñeiro á volta do mar (Hoxe non comemos) de Cangas, As enfiadeiras (1960), Monumento ao mar (Vigo, 1972), Monumento aos nenos mortos do colexio Vista Alegre (Santa Cristina de la Polvorosa, Zamora), Monumento ao gaiteiro (Soutelo de Montes, 1980) e Niño de paxaros I (Santiago...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e inspector de educación. Catedrático de Filosofía e Letras e inspector de educación da Comunidad de Madrid, foi conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria (1990-1996) e presidente do Consejo Escolar del Estado (1996-2000). Recibiu a medalla de prata da Universidade da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e guerrilleiro. Durante a Guerra da Independencia participou na Batalla de Pontesampaio e nas reconquistas de Vigo e Santiago de Compostela. En 1815 organizou un batallón que se enfrontou a J. Díaz Porlier e contribuíu á súa derrota. Nomeado cóengo de Tui, foi perseguido polos constitucionalistas e estivo recluído en Herbón en 1823.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na parroquia de Alxén (Salvaterra de Miño). Construída en cachotaría con cantaría nos esquinais, ten planta cuadrangular, con dous andares e adega. Parte do edificio puido engadirse con posterioridade. Nunha das fachadas destaca un dos escudos. Nas súas proximidades conta cunha capela datada en 1919 e no xardín sitúase unha fonte de pedra rectangular que procede doutro pazo.

    VER O DETALLE DO TERMO