"RL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1468.

  • PERSOEIRO

    Pintor e deseñador portugués. Estudiou na Escola Superior de Belas Artes do Porto. Membro do Grupo Puzzle, realizou unha obra neofigurativa na que reflectiu os aspectos cotiáns da vida portuguesa. Recibiu, entre outros, o premio de pintura de Vila Nova da Cerveira en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político norteamericano, coñecido co nome de Jimmy Carter. Propietario rural, foi senador por Georgia polo partido demócrata (1962-1966), e gobernador deste estado (1971-1974). En 1976 foi elixido presidente dos EE UU. Durante o seu mandato (1977-1981), impulsou os acordos de Camp David entre Israel e Exipto e concertou con Torrijos o tratado que fixaba para 1999 a devolución a Panamá do canal interoceánico. En 1979 firmou con Brežnev os acordos SALT II, que non foron ratificados polo Senado estadounidense, polo que se incrementou a tensión coa URSS, sobre todo despois da invasión soviética de Afganistán. Trala súa retirada da actividade política, interveu como mediador en diversos conflitos internacionais, como aconteceu en Haití en 1994 ou en Rwanda en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, médico e pintor. Considerado como un dos teóricos da arte alemana, foi profesor de medicina na Universidade de Dresden. Seguidor da filosofía da natureza de Schelling, proclamou a importancia esencial do inconsciente no coñecemento da vida consciente da alma. Precursor do surrealismo, a súa pintura foi, en consonancia coas súas ideas filosóficas, onírica e fantasiosa. Entre os seus escritos filosóficos destacan Psyche: zur Entwicklungsgeschichte der Seele (Psique: para a historia da evolución da alma, 1846) e Physis: zur Geschichte des leiblichen Lebens (Physis: para a historia da vida corporal, 1851).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Publicou os poemarios Hamlet y otros poemas (1985), Tú no tienes el cabello de Van Gogh (1988), El espíritu de Rembrandt (1988) e Un libro de horas (1992). Foi galardoado co Premio Hernán Esquío (1983), co Premio Rodrigo de Cota (1987) e co Premio Esquío (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Pasou a súa infancia en Xinzo de Limia por causa do traballo do seu pai, que era mestre. En 1952 trasladouse a Ourense para estudiar o bacharelato no Seminario Conciliar. Alí, por vez primeira, viviu represións, como a prohibición de falar galego, e descubriu a literatura galega e a propia vocación literaria. En 1959, dous anos despois de abandonar o seminario, gañou o primeiro premio do Concurso Provincial de Cuentos de Navidad, feito que lle deu a posibilidade de coñecer a Vicente Risco, quen o orientará cara ao galeguismo. En 1961 comezou os estudios de filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1967. Foi daquela cando empezou a relacionarse con núcleos estudiantís galeguistas e iniciou a súa amizade con Ramón Piñeiro. No ano 1967 detívoo a policía xunto co profesor José Luís Aranguren. Nos anos sesenta asistiu a algunhas xuntanzas do Consello da Mocidade e en 1964 integrouse na Asociación Democrática de Estudiantes....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Foi profesor de economía en Estocolmo entre 1904 e 1933. Defendeu a teoría da paridade do poder de compra no comercio internacional, que ligaba cunha teoría cuantitativa do diñeiro, para deducir a política monetaria máis axeitada á situación de inflación daquel momento. A súa obra máis importante foi Theoretische Sozialökonomie (Economía social teórica, 1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Deuse a coñecer como autor de contos en 1942. A súa participación na Resistencia durante a Segunda Guerra Mundial inspiroulle diversas novelas nos anos cincuenta entre as que destaca La ragazza di Bube (A rapaza de Bube, 1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e pintor arxentino. Estudiou na Escuela Superior de Bellas Artes entre 1929 e 1932 e, en 1939, con André Lothe en París. Diplomouse tamén en arquitectura. Viaxou a Europa en diversas ocasións e aprendeu a técnica da augada. Traballou nos obradoiros de Spilimbergo e Ramón Gómez Cornet. Entre as súas obras destacan Homenaje a Spilimbergo (1956), Cabeza de niño (1948) e Maternidad (1963). Recibiu numerosos premios entre os que sobresaen o primeiro premio no Salón Nacional (1943), o primeiro premio da Bienal Internacional de México (1960) e o premio especial da Bienal Internacional de Saigón (1961). Foi membro da Academia Nacional de Bellas Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político guatemalteco. Formouse na Academia Militar e na Escuela Politécnica del Ejército. No 1954 ocupou o país e derrocou o goberno de Jacobo Arbenz coa axuda dos EE UU. Foi nomeado presidente e anulou a Constitución de 1945 para promulgar unha nova en 1956. Disolveu os partidos de esquerdas, neutralizou os sindicatos e suprimiu a liberdade de prensa. Foi asasinado por un membro da súa garda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, economista e político. En 1839 fundou e dirixiu Il Politecnico, un repertorio de estudios de contido positivista e de carácter saint-simoniano. A través da investigación científica propuxo un programa político sobre a cuestión italiana, de tendencia republicana e federal. Durante os feitos das Cinque Giornate de Milán (1848) exiliouse a París e Lugano (1848-1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora da arte. Centrou as súas investigacións na pintura do s XVII, especialmente na figura de Zurbarán. Colaboradora da Revista de Occidente e de Cuadernos de Estudios Gallegos, escribiu, entre outras obras, Un pintor gallego en la corte de Felipe IV. Antonio Puga (1952), Zurbarán. Estudio y catálogo de la Exposición de Granada (1953) e Fin y muerte de Zurbarán (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, na Comunidad Autónoma de Andalucía (9.690 h [1996]). Sitúase na vertente occidental da serra de Cazorla, drenado polo río Cerezuelo. A súa base económica é a agricultura (cereais, oliveiras) e ten unha importante actividade gandeira. Comercialmente, destaca na exportación de aceite. Do seu patrimonio arquitectónico sobresae o núcleo antigo da cidade de Cazorla, o castelo de Yedra e a igrexa plateresca de Santa María, do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa de Andalucía, limitada ao NO polo amplo cóbado que forma o río Guadalquivir, no L de Villacarrillo, e o río Guadiana, ao SL. Pertence aos últimos contrafortes occidentais das unidades Prebéticas. Forma un parque natural coa serra do Segura e a serra de Las Villas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado da provincia de Leinster, Irlanda, ao SL da illa (896 km2; 40.616 h [1996]). A súa capital é Ceatharlach, na beira do río Barrow (11.502 h [1986]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, sociólogo e director televisivo. Licenciado en Socioloxía pola Universidad Complutense de Madrid, foi xefe de comunicación na consellería de Cultura e Deportes (1986-1990). Colaborador en diversas publicacións (La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El País, Claves) e conferenciante en diversas universidades e centros académicos, impulsou a edición en galego de O Correo da Unesco (1990). Como autor teatral publicou Almas perdidas (1987) e Pedro e o lobo (1989); no eido da poesía tirou do prelo o poemario Historia de Abbadón (Premio Leliadoura, 1991) e, dentro da narrativa, é autor, entre outras obras, de Las diosas vírgenes (1985), Non te chamarei Ramón (1992), Ciencia de facer as camas (1994), Os nervios da cabeza (Premio Cidade de Lugo, 1994), Paula e as palabras que levou o vento (1994), Esas rapazas chegarán moi alto (1995) e Neve reneve (1995). Tamén é autor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Arles (502-542). Monxe do mosteiro bieito de Lérins, foi en 503 abade dunha comunidade no illote do Ródano, preto de Arles. O Papa Símaco concedeulle a primacía na Galia e en Hispania co título de vicario apostólico. Convocou diversos sínodos, entre eles o de Arles (524) e o Concilio II de Orange (529). Posteriormente, foi arcebispo de Arles e distinguiuse polos seus sermóns contra o paganismo, polas súas medidas a prol da corrección do clero, pola súa loita na defensa dos cativos, polo seu esforzo en guiar os fieis na disciplina eclesiástica e por introducir na Igrexa a práctica do canto de himnos, salmos e antífonas polos segrares. Fundou varios mosterios de homes e un de monxas. Na iconografía leva un báculo pastoral (símbolo de bispo) e, como atributos, unha espada cravada nun libro que sostén na súa man dereita; ás veces, aparece sobre o libro un guante inflado de aire (referencia ao episodio no que o santo tentara encerrar un vento marítimo nun guante e despois ceibalo no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou dereito nas universidades de Madrid e Barcelona (1840), e participou nunha das fallidas insurreccións de Prim, polo que se exiliou en Francia. Regresou a Cuba en 1844, onde exerceu como avogado; alí participou na rebelión independentista de Las Pozas en 1852. O 11 de outubro de 1868 proclamou a independencia de Cuba logo de redactar o seu Manifiesto de la Junta Revolucionaria de Cuba, coñecido como Grito de Yara. Aclamado presidente provisional pola Asemblea Constituínte no 1869, aprobou unha Constitución que abolía a escravitude. Debilitado o movemento polas divisións internas, foi destituído nunha reunión de deputados en outubro de 1873. Refuxiouse na localidade de San Lorenzo, onde se suicidou para evitar que o capturasen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor de orixe cubana, fillo de Carlos Manuel de Céspedes y Borja del Castillo. Despois de realizar estudios en EE UU, Francia e Alemaña, regresou a Cuba para participar na loita independentista dende 1895. Deputado pola provincia de Oriente, foi embaixador en Italia, Arxentina, EE UU e Francia, e secretario de Estado durante o goberno de Zayas. En 1933, trala deposición de Machado, elixírono presidente ata setembro dese ano, cando o derrocou Fulgencio Batista. Publicou, entre outras obras, Manuel de Quesada y Loynaz (1925). Foi membro da Academia de la Historia de Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico brasileiro. Autor de estudios básicos sobre enfermidades tropicais, descubriu en 1919 o Trypanosoma cruzi, axente causante da tripanosomiase americana ou enfermidade de Chagas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político británico. Membro do partido conservador, foi ministro de Facenda (1923-1924 e 1931-1937) e de Sanidade (1923, 1924-1929 e 1931). En 1937 foi elixido primeiro ministro. O seu principal obxectivo foi manter a paz en Europa e para tal fin asinou o acordo de Múnic en setembro de 1938; sen embargo, a ocupación de Checoslovaquia polos alemáns significou o fracaso da súa política. Invadida Polonia (1939), declaroulle a guerra ao Eixe. En maio de 1940 foi substituído por Winston Churchill.

    VER O DETALLE DO TERMO