"Sion" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 507.

    1. Doutrina que pon en dúbida os principios ideolóxicos en que se sustenta un determinado movemento sociopolítico.

    2. Posición que, partindo do marxismo expresa unha revisión nos seus aspectos filosóficos, económicos e políticos. Empregárono a finais do s XIX os marxistas ortodoxos para designar as teorías de Eduard Bernstein, que postulaban un proceso de construción do socialismo baseado no reformismo político e contrario ás teses revolucionarias do marxismo. No terreo filosófico, significou o abandono do materialismo dialéctico e o retorno ao idealismo kantiano. Enraizou fortemente na práctica da socialdemocracia alemá e na doutros partidos europeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao revisionismo.

    2. Partidario do revisionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga práctica que consistía en producir inflamacións na pel ou nas mucosas mediante axentes físicos, químicos e mesmo orgánicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa do sector téxtil creada por Manuel Roberto Mariño Fernández en 1982. Abriu a primeira tenda en París en 1983, alcanzou o mercado xaponés en 1989 e o luso en 1999. En 1997 presentou a súa primeira colección masculina. Diversificou os produtos que vende baixo a súa marca, como a produción de fragancias, a feminina en 1992 e a masculina en 2000, gafas (1997), viños (1997) e interiorismo (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separación dun grupo de persoas, dun pobo ou dun territorio do estado ou nación ao que pertencían, para constituírse en estado independente ou unirse a outro.

    2. Separación dalgún elemento dunha corrente política, literaria ou artística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito civil que tivo lugar en EE UU entre 1861 e 1865, entre os estados do N, industriais e proteccionistas, e os do S, agrarios e librecambistas. O punto fundamental de discordia foi a escravitude xa que o N quería abolila, mentres que o S quería mantela e estendela. A elección de A. Lincoln -decidido abolicionista- como presidente da Unión (1859) provocou a separación de once estados do S, que constituíron a Confederación Sudista, e o desencadeamento da guerra, que tivo tres frontes: a fronte do L, entre Washington e a capital confederada (Richmond); a fronte do mar, onde o N tiña unha clara superioridade; e a do O. Unha incursión do N chegou a Savannah, no Atlántico (1864), e dividiu en dúas metades o territorio que lle quedaba á Confederación. Os exércitos sudistas non puideron impedir o dominio do N e o 9 de abril de 1865 o xeneral Robert Edward Lee capitulou a Appomattox.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento que propugna a secesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á secesión.

    2. Partidario da secesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade dalgúns proxectís de artillaría de prolongar o seu movemento e aumentar o seu alcance tras ser disparados cunha arma convencional da que están provistos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación de anticorpos específicos por efecto dunha infección ou da administración dunha vacina.

    2. Modificación do resultado dunha proba serolóxica, anteriormente seronegativa e despois seropositiva, que confirma o desenvolvemento dunha infección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo que ten a súa orixe en EE UU. En España creouse en 1955 como un servizo do ministerio de Agricultura, que pretendía prestar axudas aos agricultores, difundir os métodos de explotación e asesorar as cámaras agrarias. En Galicia depende da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, e está estruturado en oficinas agrarias comarcais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das reunións celebradas por un consello, asamblea ou corporación para ocuparse dos asuntos que son da súa competencia.

      1. Acto que se realiza para o público en determinado espazo de tempo.

      2. Cada unha das veces que se proxecta ou realiza o mesmo espectáculo.

      3. sesión continua

        Proxección sucesiva dun mesmo programa de cine.

    2. Espazo de tempo que se dedica a unha actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia artística dalgúns grupos, caracterizados polo abandono da tradición académica do s XIX e das asociacións artísticas oficiais e polo intento de renovar o gusto, aínda que sen ter elaborado unhas doutrinas ben definidas. O ideal do movemento corresponde ao do modernismo. Existiron en Múnic (1892), -onde destacou a figura de Franz von Stuck-, Berlín (1893) -con Max Liebermann- e Viena, (Wiener Sezession,1897), integrado polos arquitectos O. Wagner, J. Hoffmann e J. Olbrich, e os pintores G. Klimt, K. Moll e L. F. Graf, entre outros. En 1910 fundouse a Neue Sezession, integrado polos pintores novos que foran rexeitados pola Sezession de Berlin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato de base, democrático, progresista e independente. Inclúe, entre os seus principios de actuación, a defensa dos intereses sociais, económicos, profesionais e culturais dos labregos galegos; a democracia, como mecanismo de funcionamento interno; a independencia e soberanía propia na toma de decisións; e a autoorganización endóxena dos labregos a todos os niveis. As súas orixes atópanse nos Comités de Axuda á Loita Labrega organizados desde 1970 pola UPG e Cristiáns polo Socialismo, e Comisións Labregas (CC LL) que constituíron o primeiro núcleo en Ribadeo (1973) e reivindicaban a recuperación dos montes veciñais en mancomún e a abolición da cota empresarial da Seguridade Social Agraria. En 1976, despois da súa reorganización, CC LL publicaron un programa en que destacaban medidas coma o fomento do asociacionismo agrario e das cooperativas de produción e a dotación de estradas, auga e electricidade ás parroquias rurais. En 1977 CC LL reorientaron a súa estratexia e produciuse a refundación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída a finais de 1933 e integrada polos mineiros das explotacións de estaño e wolframio de Lousame. Afiliouse á CNT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do cantón de Valais, Suíza, situada á dereita do Ródano (26.755 h [1998]). Posúe fábricas de maquinaria e aparatos electrónicos. É un centro cultural e turístico. Conserva numerosas igrexas e edificios góticos e renacentistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colina occidental de Xerusalén onde a tradición sitúa o cenáculo e a tumba de David. Máis tarde pasou a facer referencia, por extensión, a toda a cidade (a filla de Sión), aos seus habitantes, e a todo o pobo de Israel (os fillos de Sión).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento creado na segunda metade do s XIX por rabinos e pensadores xudeus da Europa Oriental encamiñado a reconstruír en Palestina unha patria xudía que acollese os xudeus de todo o mundo que o desexasen. Os pogroms rusos de 1881 provocaron a chegada a Palestina de diversos grupos de xudeus -a primeira alià (subida a Sión)- que estableceron as primeiras colonias agrícolas. Coa obra de Theodor Herzl e a partir do I Congreso Sionista de Basilea (1897) o movemento adquiriu un carácter político. Herzl creou dúas grandes institucións de recadación de fondos para o establecemento de xudeus en Palestina, e entrevistouse cos principais xefes de estado europeos. A Declaración de Balfour e o mandato británico de Palestina favoreceron o movemento, pero pronto provocaron a oposición árabe en xeral e numerosos atentados (1921, 1929, 1933, 1936-1938). Fundáronse máis de 150 aglomeracións cooperativas agrarias (kibbutzim e mošavim) e creouse un sistema de autodefensa,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao sionismo.

    2. Seguidor do sionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Tambre que nace na parroquia do Carballal e desemboca na de Verdía (Santiago de Compostela).

    VER O DETALLE DO TERMO