"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Isabella Akhatovna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anna Andrejevna Gorenko.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenno (Emperador) do Xapón. Subiu ao trono o 7 de xaneiro de 1989, á morte do seu pai e antecesor Hiro Hito. A cerimonia oficial da súa coroación tivo lugar o 12 de novembro de 1990. É o emperador número 125 do Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Acompañou a Colón na súa segunda viaxe e descubriu Florida (1512). Fóronlle atribuídas a confección do primeiro mapa da América setentrional e o achado da corrente do Golfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nos embrións dos vertebrados amniotos, estrutura formada da unión da capa externa do alantoide e o corion. Nas aves ten función respiratoria, e nos mamíferos constitúe a orixe da placenta fetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao alantoide.

    2. ácido alantoico

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura en forma de saco que crece na parte ventral da farinxe primitiva nos embrións dos vertebrados amniotos, e que é o resultado do desenvolvemento precoz da vexiga urinaria. Presenta unha rede moi rica en capilares sanguíneos, que están en comunicación co sistema circulatorio do embrión. Estes capilares permiten a respiración e a excreción do embrión e, nos mamíferos, a nutrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produto de oxidación do ácido úrico, de fórmula C4H6N4O3 que, nos mamíferos distintos dos primates, incluíndo a especie humana, é o termo final do catabolismo das purinas. Atópase nos seus ouriños e tamén en numerosos vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor posromántico e político. Dende mozo residiu en Madrid, onde interveu como xornalista no liberalismo revolucionario, ata que, desenganado, se decantou cara a un conservadurismo cada vez máis extremado. Exerceu como crítico teatral e publicou numerosos contos e novelas, entre as que destacan El sombrero de tres picos (1874), El escándalo (1875), El niño de la bola (1880), El capitán veneno (1881) e La pródiga (1882), que manifestan unha visión superficial da realidade e a preocupación polos convencionalismos morais. Foi deputado en Cortes e membro da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de alargar ou prolongar algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela e León, drenado polo río Tormes (4.647 h [1996]). Destacan o Convento das Carmelitas, onde se conservan os restos de santa Teresa de Jesús, as igrexas de San Juan (s XII), e as románico-mudéxar de Santiago e San Miguel, e o Torreón da Armería (s XVI) nas ruínas do alcázar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cristián británico morto durante a persecución de Diocleciano en Verulam, onde máis tarde foi erixida a abadía de Saint Alban, famosa no s XIII. A súa festa celébrase o 22 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe cofundador da Orde do Císter xuntamente con Robert de Molesme e Esteve Harding. No 1098 Alberico sucedeu a Roberto na abadía. A festa celébrase o 26 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Iniciou os estudios de Literatura na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central en Madrid e Estudios Hispánicos na Universidade de Porto Rico, onde se doutorou e desenvolve a súa docencia. Publicou: Borges, Buenos Aires y el tiempo (Porto Rico, 1972) e Tiempo de agua (Porto Rico, 1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fillo de Godofredo III, duque de Lorena, e de Margarida de Limburgo, foi Bispo de Liexa (1191) e Cardeal. Por mandato do Emperador Enrique IV morreu asasinado en Reims; o corpo levárono a enterrar a Bruxelas. A súa festividade celébrase o 21 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Carmelita que, segundo a tradición, salvou a cidade de Mesina da fame ao facer entrar no porto tres navíos cargados de víveres. A súa festividade celébrase o 7 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Discípulo de Cosimo Rosselli, a súa obra mestra é a taboa da Visitación (1503).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome comercial dos primeiros copais sintéticos, obtidos condensando unha resina fenólica con colofonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Transvaal, na República de Sudáfrica, ao SL de Xohanesburgo (179.351 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO