"ues" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 481.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Haití (2.023 km2; 457.013 h [estim 1995]). A súa capital é Jacmel (14.317 h [estim 1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Punto intermedio ou rumbo equidistante do sur e do sueste. OBS: Represéntase co símbolo SSL.
-
Vento que sopra desa dirección.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (8.653 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado no extremo NL da illa de Tenerife, na península de Anaga (9.417 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico francés. Dedicouse á reorganización hospitalaria ata 1792, e a partir de entón fixo investigacións anatómicas. Describiu a cápsula de Tenon, que envolve a parte fibrosa do globo ocular.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Filipe IV en 1462 a Juan Fernández de Lima y Brito , vizconde de Vilanova de Cerveira e marido de Francisca Luisa de Sotomayor. Permaneceu unido ao ducado de Sotomayor e ao condado de Crecente ata o falecemento da VI duquesa de Sotomayor, Mariana Nin Zastrillas Sotomayor y Lima en 1847. Herdouno entón o seu neto Vicente de Alcántara y Vera de Aragón , VIII marqués de Tenorio (1867) e, sucesivamente, os seus descendentes: Santiago de Alcázar y del Nero (1879) e María de la Concepción del Alcázar y del Nero (1892). Unha das fillas desta, María de la Concepción Blanca de Collado y de Alcázar converteuse na XI marquesa de Tenorio en 1898. Morta sen descendencia, o título permaneceu vacante entre 1955 e 1984, cando foi rehabilitado pola súa sobriña--bisneta, María Eugenia Fitz-James Stuart , XII marquesa de Tenorio.
-
PERSOEIRO
Teólogo e bispo de Mopsuestia. Foi un dos máis grandes representantes da escola esexética de Antioquía. Acusado postumamente de nestorianismo por Xustiniano e polo Concilio de Constantinopla (553), as súas obras teolóxicas foron queimadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Miranda, Venezuela, situada 20 km ao SO de Caracas (172.815 h [1997]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico francés. Estudou diversos compostos, descubriu a auga osixenada, e unha substancia formada polo óxido de cobalto e alumina, coñecida como azul de Thenard.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador romántico. Foi colaborador de Saint--Simon (1814-1817) e bibliotecario do Palais-Royal (1835). Escribiu Histoire de la conquête d’Anglaterre par les Normands (1825), Récits des temps mérovingiens (1840) e Essai sur l’histoire de la formation et des progrès du Tiers État (1953).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e político. Ingresou na mariña en 1914 e foi ministro da Mariña (1944-1958). Partidario de Salazar, foi presidente da república (1958-1974). Destituído polo golpe militar de 1974, exiliouse a Brasil ata que regresou en 1978.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e historiador. Católico de espírito tolerante, estivo ao servizo de Enrique III e Enrique IV. Foi un dos redactores do Edito de Nantes de 1598. Escribiu Historia sui temporis (1604-1608).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Terra de Melide situado no SL da provincia da Coruña e no centro de Galicia (42° 57’ 30’’ N - 7° 58’ O). Limita ao N co concello de Sobrado (comarca da Terra de Melide), ao S o de Melide, ao L cos de Friol (Lugo) e Palas de Rei (A Ulloa) e ao O con Melide. Abrangue unha extensión de 77,9 km2cunha poboación de 1.447 h (2001) distribuída nas parroquias da Capela, Mangoeiro, Ordes, Paradela, San Martiño de Oleiros, San Xiao do Monte, Santa Eufemia do Monte, Santa Mariña de Brañas, Vilamor e Vilouriz. A súa capital é Souto, na parroquia da Capela, que se atopa a 82 km da Coruña e a 63 km de Santiago de Compostela. Pertence á diocese de Lugo e ao partido xudicial de Arzúa.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Toques está situado nunha área de topografía elevada na que se poden diferenciar dúas grandes unidades. Por unha banda aparecen os terreos de montaña que ocupan todo o N e L municipal, trátase das serras do Bocelo e do Careón, que forman parte... -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado na Capela (Toques). Documentado no s X, o Rei García I concedeulle a herdade de Melide. Por unha bula do Papa León X anexionouse ao mosteiro de San Martiño Pinario. Consérvase a igrexa, de orixe prerrománica, cunha soa nave e ábsida rectangular. A fachada e a parte dianteira da nave refixéronse en época posterior. Á ábsida accédese por un arco de medio punto peraltado. Cóbrese con bóveda de canón peraltada. Destacan no exterior o conxunto de pequenos arcos de medio punto que percorren o muro da ábsida. Foi declarado BIC en 1994.
-
PERSOEIRO
Empresario. Instalado desde 1955 en Vigo, fundou diversas empresas dedicadas á fabricación de pezas metálicas e cableados eléctricos para o automóbil, de pezas plásticas técnicas e en 1973 Produtos Koala SA, dedicada á comercialización de produtos de consumo doméstico. En 1997 creou unha fundación benéfico-docente que leva o seu nome. Recibiu en 1997 a Medalla de Bronce de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Controversia iniciada pola política conciliatoria do Emperador Xustiniano I cara aos monofisitas. Os Tres Capítulos eran escritos de Teodoro de Mopsuestia, Teodoreto de Ciro e Ibas de Edesa que Xustiniano condenou como nestorianos. En Occidente, a decisión imperial foi tomada como un ataque ao Concilio de Calcedonia, e o Papa Vixilio rexeitou aceptala. Convocado á Corte, tivo que asinar baixo presión o Iudicatum (548) ou condena dos Tres Capítulos, aínda que despois retractouse. Coa convocatoria do Concilio II de Constantinopla (553), na que o emperador condenou os Tres Capítulos, Vixilio tivo que recoñecer finalmente a condena, ao ser sometido a prisión e torturas en Constantinopla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito sucesorio que tivo lugar entre 1585 e 1589, no marco das Guerras de Relixión. Ao morrer Francisco, duque de Alençon (1584), Enrique III de Navarra, xefe dos hugonotes, converteuse en herdeiro do trono de Francia, feito que o enfrontou directamente con Enrique de Guisa, representante dos católicos. Ao conflito engadiuse o monarca Enrique III de Francia, que mandou asasinar a Enrique de Guisa, por conspirar contra Filipe II, aínda que tamén el resultou asasinado. Mortos estes, Enrique III de Navarra acadou o trono (Enrique IV de Francia) e consolidou a súa posición converténdose ao catolicismo e proclamando o Edito de Nantes (1598), que garantiu a tolerancia relixiosa en Francia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tribunal que se reúne cada xoves de once a doce da mañá á porta da catedral de València a fin de analizar e resolver as diferenzas xurdidas entre os regadores da Horta valenciana, agás os beneficiados da laga de Montacada. Unha asemblea dos regadores de cada laga elixe un síndico, que vixía a repartición da auga e en tempos de seca distribúe a auga dispoñible. Oito síndicos forman o consello das lagas do Turia. O tribunal trata as denuncias das regas abusivas nun procedemento gratuíto, oral e sumarísimo, onde non participa o síndico da canle afectada. O catalán é a única lingua empregada no tribunal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido en 1875 por Afonso XII a Nicanor de Alvarado Casanova Núñez e Domínguez de la Peña (1830-1896), deputado polo distrito de Trives (1859-1864, 1871-1872, 1876-1881, 1884-1886, 1891-1893) e senador por Ourense (1887-1891). Sucedeuno a súa filla Jacinta de Alvarado e Barroeta-Aldamar (?-1921), II marquesa de Trives, que casou co marqués de Castellanos. Sucedeuna a súa filla María Luisa Maldonado Alvarado , III marquesa de Trives e VIII marquesa de Castellanos. Trae por armas de ouro, cinco lises de azur postas en aspa. Ao timbre, coroa marquesal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
En vez de.