"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Termo xeral que se emprega para abarcar os procesos de adsorción, absorción, desorción e diálise. Os procesos de sorción son a base da maioría dos métodos que se empregan para separar os contaminantes, analizalos e eliminalos do medio en que se atopan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial creada por Olegario Sotelo Blanco en 1980. Cun catálogo de máis de 1.000 títulos, mantivo sempre unha liña independente e comprometida coa cultura galega. Nos seus comezos dedicouse a un labor de recuperación cultural mediante a edición de facsímiles e libros de conversas con persoeiros, ademais de iniciar unha liña de apoio a xéneros como a poesía, o teatro e a narrativa a través das coleccións “Leliadoura” (onde escribiron autores como Avilés de Taramancos, Manuel Rivas, X. Rábade Paredes e Xavier Seoane), “A Biblioteca do Arlequín” (con M. A. Fernán-Vello, E. Blanco Amor, M. Núñez Singala) e “Medusa” (X. L. Méndez Ferrín, R. Carvalho Calero, Xurxo Borrazás, Alfredo Conde, Pilar Buela e Teresa Moure). Na década de 1990 abriu a súa propia distribuidora e a súa sede en Santiago de Compostela. Desde 1990 publica, ademais, a revista trimestral A Trabe de Ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de sovietizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de poesías que recolle producións da corte de Alfonso V de Aragón en Nápoles entre 1460 e 1463, e que debe o seu nome por comezar cun poema de Lope de Stúñiga. Escrito en latín, italiano, catalán, castelán e galego, contén 162 composicións de 39 autores, entre os que destacan Juan de Dueñas, Juan de Andújar, Fernando de la Torre, Juan de Mena, o marqués de Santillana e o galego Xoán Rodríguez de la Cámara (1395-1450).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade fitocenolóxica inferior á asociación, que se caracteriza por un grupo de especies diferenciais, que son menos frecuentes ou faltan nas outras subasociacións das que consta a asociación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de subdelegar.

      1. Cargo de subdelegado.

      2. Edificio onde o subdelegado exerce o seu cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de subdirector.

    2. Oficina do subdirector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afundimento dunha placa litosférica por debaixo doutra. As zonas de subdución son os bordos destrutivos das placas onde a litosfera oceánica penetra profundamente no manto e é absorbida. As zonas de subdución na superficie son as fosas oceánicas, ás que pode haber asociado un arco de illas ou unha cordilleira no nivel da liña de costa. Son áreas cunha intensa actividade volcánica e sísmica, e os focos sísmicos atópanse situados sobre o plano de Bemoff.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deposición de suberina na parede celular de certas células vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estación transformadora secundaria que está destinada á transformación e distribución da enerxía eléctrica e á conexión entre dous circuítos ou máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de sublevar ou sublevarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Paso do estado sólido ao estado gasoso sen pasar polo estado líquido. Prodúcese cando unha substancia sólida se quenta estando sometida a unha presión inferior á do punto triplo, ou ben se diminúe a presión cando se atopa a unha temperatura inferior á do punto triplo. O paso de estado gasoso a estado sólido coñécese tamén como sublimación ou sublimación regresiva.

    2. Proceso inconsciente do eu mediante o que un instinto ou impulso creador de conflito se manifesta en forma de actividades compensatorias de carácter máis elevado, como a ciencia ou a arte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luxación parcial ou incompleta, é dicir, aquela en que a cabeza articular non perde totalmente a súa posición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de redución das dimensións e o peso dos compoñentes que forman os circuítos electrónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de subministrar.

    2. Aquilo que se subministra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artefacto explosivo que, lanzado desde un avión de ataque ou mediante mísiles de cruceiro subcónicos, cae desde baixa altura ao abrirse a carcasa que os contén, espallándose sobre un obxectivo. As submunicións máis pesadas autodiríxense e caen con paracaídas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación creada nun sistema produtivo ao non acadarse a plena ocupación de recursos dispoñibles. Tratouse como consecuencia dun proceso de reconversión produtiva ou dun estado de crise económica xeneralizada nas áreas industrializadas. Poden distinguirse tres clases: a subocupación fricional ou estacional, a subocupación cíclica e a subocupación estrutural.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de subordinar ou subordinarse.

    2. Estado de dependencia dunha persoa ou cousa con respecto a outra.

    3. Relación que se establece entre dúas ou máis oracións dentro dunha oración composta, cando unha delas (oración subordinada) depende lóxica e gramaticalmente da outra (oración principal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia teolóxica que establece a subordinación do Fillo respecto do Pai. O subordinacionismo ortodoxo foi defendido por Xustino, Ireneo de Lyon, Clemente de Alexandría e, sobre todo, Oríxenes. Unha forma explícita de subordinacionismo foi defendida por Ario. Atacado por Atanasio, foi condenado no Concilio de Nicea (325). A finais do s IV foi aplicado ao Espírito Santo polos macedonianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concepto demográfico e xeográfico polo que se considera pouco poboado o territorio onde falta a forza de traballo para aproveitar os recursos potenciais e para permitir unha vida social plena.

    VER O DETALLE DO TERMO