"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Franciscano, teólogo e inquisidor. Publicou dous tratados sobre a evanxelización desenvolta polo Apóstolo Santiago na Hispania romana: Defensa evangélica de la cognación y parentesco de nuestro glorioso Apostol y único patrón de España Santiago el Mayor con Cristo Redentor nuestro en cuanto hombre (1630) e Relación sumaria en que se dice haber venido nuestro Apostol Santiago en vida a predicar a España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político conservador austríaco. Despois da revolución de 1848 formou parte da Asemblea Constituínte e, máis tarde, foi ministro de Xustiza. Posteriormente formou parte do goberno de resistencia do príncipe Schwarzenberg como ministro de Xustiza e como ministro de Interior. A súa política, coñecida co nome de sistema de Bach, volveuse cada vez máis conservadora e partidaria da centralización e xermanización do imperio, aínda que estivo acompañada por algunhas reformas sociais. Malia o vantaxoso acordo coa Santa Sé (1855), os contratempos na guerra de Italia (1858-1859) provocaron a súa destitución e o paso a unha política máis liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, quinto fillo e segundo dos superviventes de Johann Sebastian Bach e de María Bárbara. Ao morrer o compositor Georg Philipp Telemann (1767), obtivo a súa praza de director de música en Hamburgo. Foi o máis admirado dos Bach no seu tempo. É autor do Versuch über die wahre Art, das Klavier zu spielen (Ensaio da verdadeira arte de tocar o clavicémbalo), instrumento para o que ten cerca de duascentas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, fillo pequeno de Johann Sebastian Bach; cando quedou orfo (1750) foi discípulo do seu irmán Carl Philipp Emanuel. No ano 1756 trasladouse a Italia e máis tarde marchou a Inglaterra. En Londres coñeceu a Mozart, sobre o que influíu. Compuxo óperas, sinfonías, un réquiem e música de cámara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, noveno fillo do segundo matrimonio de Johann Sebastian Bach. Cursou estudios musicais co seu pai. Nas súas obras, pouco coñecidas, atópanse indicios do estilo galante da influencia italiana que caracteriza ao seu irmán Johann Christian.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Descendente dunha familia de músicos, recibiu probablemente de seu pai as primeiras nocións do oficio musical. Despois de pasar por Weimar e Neukirche de Arnstadt (1703), e por Mülhausen (1707), aceptou o posto de músico de cámara e organista da corte do duque de Saxonia-Weimar, e en 1717 trasladouse a Köthen (Anhalt, Saxonia). Desta época, que durou seis anos, son algunha das súas grandes obras instrumentais: as Invencións a dúas e tres voces, o primeiro volume de Das wohltemperierte Klavier (O clavicémbalo ben templado), A Fantasía cromática, as suites francesas e inglesas, todas as obras para violín e violoncelo só e as sonatas para frauta. Os seis Concertos de Brandenburgo aparecen como síntese do coñecemento musical da Europa daquel momento. En 1723 gañou por oposición o posto de director de música da Thomasschule de Leipzig, e ocupouno ata a súa morte. Foi a época da súa máxima fecundidade, principalmente na música relixiosa:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, primeiro dos fillos de Johann Sebastian Bach, ao que considerou o máis dotado de todos e que recibiu unha educación musical profunda. Nas súas obras, pouco coñecidas, encóntranse elementos prerrománticos unidos a formas plenamente clásicas. Destaca a súa Misa alemá en re menor; ten tamén sinfonías, pezas para órgano e piano, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poeta da escola galego-castelá que, a xulgar pola súa relación con Alfonso Álvarez de Villasandino e a transmisión dos seus textos no Cancionero de Baena, desenvolveu a súa actividade poética entre a segunda metade do s XIV e a primeira do s XV. Baixo o seu nome (que nas rúbricas aparece identificado como “bachiller [e] maestro en artes de Salamanca”) recóllense no mencionado cancioneiro seis composicións pertencentes ao xénero da pregunta dirixidas a Villasandino. Cinco deses poemas están en castelán, mentres que noutro emprega aínda a antiga lingua poética da Península. Este texto “Sennor Alfonso Alvarez, que Deus vos mantenna”, copiado nos folios 32v-33r da compilación baenense, desenvolve, como é habitual na súa produción caractrerizada pola temática moral e doutrinal, o tema do ubi sunt, centrado na procura da franqueza ausente nos reinos peninsulares: “Dizede-me, sennor, hu se foi franqueza, / que ja non paresçe nos renos de Espanna”. Desde o punto de vista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Cultivou diversos xéneros literarios, poesía, prosa e comedias para a radio. Entre a súa obra poética cómpre salientar Die gestundete Zeit (O tempo aprazado, 1953); así mesmo, escribiu Das dreissigste Jahr (O ano trinta, 1961), unha obra en prosa narrativa e a novela Malina (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Etnólogo, historiador do dereito e xurista. Exerceu certa influencia na etnoloxía evolucionista e incluso na teoría marxista da familia. As súas teses foron sistematizadas en Das Mutterrecht (O matriarcado, 1861).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Dedicouse fundamentalmente á escultura funeraria, dentro dun estilo gótico tardío. Dirixiu un obradoiro en Maguncia. A súa obra máis importante é o sepulcro do arcebispo de Uriel de Gemmingen (1517-1519), na catedral de Maguncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro familiar fundado na primeira metade do s X e situado no concello de Alfoz. Sábese da súa existencia e vicisitudes a través dalgunha documentación relativa ao mesmo conservada no tombo de Lourenzá, códice do s XIII procedente do mosteiro de San Salvador de Lourenzá e hoxe en día conservado no Arquivo Histórico Nacional de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e estadista. Barón de Verulam e vizconde de Saint Albans. Estudiou leis en Cambridge e exerceu diversos cargos políticos baixo o reinado de Xaime I, avogado ordinario da coroa (1604), fiscal xeral (1613), lord chanceler. No 1621, acusado de concusión, afastouse da vida política. Foi un dos primeiros en tomar consciencia da significación histórica das ciencias e de como estas tiñan que transformar non só a Filosofía senón tamén a vida dos homes. Para Bacon o saber debía permitirlle ao home o dominio da natureza. Esencialmente, a súa filosofía está baseada na substitución da lóxica dedutiva medieval, que el cualificou de estéril, por un novo método experimental e indutivo. A súa obra principal, o Novum organum scientiarum ou Indicacións relativas á interpretación da natureza (1620), xunto con De dignitate et augmentis scientiarum (O avance do coñecemento, 1623), principia o ambicioso proxecto dunha síntese global do coñecemento humano, que se nomearía Instauratio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Trasladouse a Londres con dezaseis anos e máis tarde a Berlín onde coñeceu o realismo de George Grosz, Otto Dix e Max Beckmann. Regresou a Londres e comezou a pintar cara a 1929-1930, durante algún tempo en compañía de Graham Sutherland. Destruíu boa parte da súa obra anterior a 1944. En 1949 fixo a súa primeira exposición individual. A Bienal de Venecia amosou a súa obra en dúas ocasións, nos anos 1954 e 1993. Expresionista, aplicou unha técnica abstracta para as súas visións angustiosas de alucinación e destrución, con personaxes medio desfeitos, feridos e a miúdo berrando. Esta violencia temática contrasta coa suavidade da súa paleta. Considéraselle un dos pintores máis sobranceiros do s XX, un clásico da pintura contemporánea. É obxecto constante de exposicións restrospectivas e antolóxicas. Entre as súas obras destaca o retrato de Inocencio X (recreación da obra de Velázquez).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Participou na fundación da revista Magyar Muzeum (1788-1792) e foi portavoz dos escritores adheridos ás ideas da Revolución Francesa. As súas obras, publicadas en 1827, son case todas de tema político.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás bacterias.

    2. Causado polas bacterias.

    3. Incorporación de material xenético do medio ao xenoma celular por parte dunha bacteria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bacterias que viven en suspensión en augas continentais ou mariñas formando parte do plancto. Aliméntanse de materia orgánica soluble liberada polo metabolismo e a descomposición doutros organismos de toda a columna de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da Asia Central comprendida entre o Hindūkush, Amudarja e Margiana, corresponde á parte setentrional de Afganistán. A Bactriana aparece na historia durante o s VII a C formando parte do Imperio Aqueménida. Esta provincia, xunto á Sodgdiana, representaba o seu extremo NO, en contacto coas tribos escitas nómades e ao pé das lombas que comunicaban a estepa asiática coa chaira india. Os seus habitantes falaban un dialecto iraniano oriental na versión máis antiga na que foron compostos os himnos máis antigos do Avesta, feito que coincide coa versión tradicional que fai da rexión berce de Zaratustra. A conquista da Bactriana por Alexandre o Grande (330 a C) puxo a rexión en contacto co mundo mediterráneo; a poboación indíxena mostrou unha forte pero breve resistencia; establecéronse gornicións e colonias gregas, especialmente na capital, Bactra (actual Balkh). Pola división do Imperio Macedónico a satrapía pasou a formar parte do reino dos seléucidas. No ano 250...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión dos EE UU, ao SO do estado de Dakota do Sur, constituída por un conxunto de altiplanos e cristas talladas pola erosión e atravesada polos ríos Cheyenne e White.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filme producido nos EE UU no ano 1993 e dirixido por Abel Ferrara. Foi interpretado por: Harvey Keitel, Frankie Thorn, Zöe Lund e Anthony Ruggiero, entre outros actores. Unha monxa sofre unha violación no altar dunha igrexa. O tenente de policía L.T., un home corrupto, politoxicómano e devoto católico, encárgase do caso. O brutal sacrilexio obsesiónao, e lévao a un arrepentimento dos seus actos, na procura dunha posible redención.

    VER O DETALLE DO TERMO