"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción e efecto de tipificar.

    2. Adaptación ou estandarización das características dun produto ás normas convencionais que lle proporcionan a homoxeneidade precisa dentro dos da súa clase.

    3. Elección dun tipo nomenclatural para definir un taxon.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de titular ou titularse.

    2. Cualificación académica ou profesional.

    3. Concepto do dereito civil que designa o conxunto de documentos da propiedade que afectan a un terreo.

    4. valoración.

    5. Expresión resumida da parte máis importante dunha noticia que se coloca nun lugar destacado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de economía bancaria, pola que un activo non negociable, xeralmente un préstamo, se incorpora a un título negociable e que, polo tanto, pode ser adquirido polos investidores directamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de tonificar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aluminosilicato hidratado con flúor, de fórmula Al2SiO4(OH,F)2, que cristaliza no sistema rómbico en cristais prismáticos moi grandes, tamén se presenta en masas de gran fino ou groso. Ten unha dureza de 8 e unha densidade de 3, 5-3, 6. É incoloro ou branco, aínda que pode presentarse en cristais transparentes de cor azul ou amarela clara, e algunhas veces rosada. Os exemplares transparentes empréganse en xoiaría como pedras preciosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico. Ademais de dirixir diversos filmes, como Submission (1995), da súa filmografía como actor destacan Big Top Pee-wee (1988), The Funeral (1996), Traffic (2000, Oscar ao mellor actor) e Sin City (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de torrar.

    2. Proceso que consiste en someter un alimento ou outras substancias a temperaturas superiores ás da desecación para oxidalo ou destruír algún principio prexudicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de totalizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de tirar algo cara ao punto do que procede a forza para arrastralo ou movelo.

      1. Acción de tirar dun vehículo un animal ou un dispositivo mecánico.

      2. Acción de facer avanzar un vehículo mediante o impulso que un motor exerce sobre as súas rodas. Se as rodas motrices son as de diante denomínase vehículo de tracción dianteira, e se son as de atrás  vehículo de tracción traseira. Se todas as rodas son motrices denomínase vehículo de tracción integral. En función do aparato mecánico que impulsa as rodas denomínase tamén de tracción eléctrica, tracción por motor térmico ou tracción por vapor.

      1. Grupo de dúas forzas, unha das que pode ser a reacción da outra, que aplicadas axialmente a un corpo tenden a alongalo.

      2. ensaio de tracción

        Proba á que se somete unha mostra para determinar a resistencia á tracción, ao alongamento, á estrición, ao límite e ao módulo de elasticidade do material.

    2. Tracción que se exerce mediante unha vendaxe axeitada e que permite ao enfermo deambular e moverse no caso de fracturas de membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á rexión histórica de Tracia ou aos seus habitantes.

      2. Natural ou habitante da rexión histórica de Tracia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo tracio.

      2.   Individuo do pobo tracio.

      3. Pobo que habitou a rexión histórica de Tracia desde o Paleolítico Superior. Posteriormente amosou aspectos da civilización neolítica e eneolítica. Coñecedores da cerámica e practicantes da inhumación dos cadáveres, cesaron a súa actividade arredor do segundo milenio a C, a causa da chegada doutros pobos indoeuropeos procedentes do N que se estableceron na rexión e foron coñecidos sucesivamente co nome de tracios.

    1. Lingua do phylum indoeuropeo que falaban os tracios. Só se conservan dúas inscricións de interpretación dubidosa que se refiren a nomes de plantas, de pobos e de lugares.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de feitos históricos, coñecementos, valores, crenzas, prácticas ou costumes que se transmiten de xeración en xeración.

      2. Transmisión deses costumes.

      3. Transmisión do dominio dunha cousa en virtude dun contrato. Pode ser efectiva ou simbólica, segundo se efectúe a entrega directa da cousa ou só algún elemento que permita o seu dominio. É consensual cando se realiza por consentimento e documental cando se efectúa mediante a entrega dos documentos ou títulos representativos da cousa.

    1. Feito de que algo forme parte do conxunto de costumes e usos que se transmiten de xeración en xeración.

    2. Fonte da doutrina revelada xunto coa Biblia. Trátase de todo o que os apóstolos transmitiron oralmente do que aprenderan de Xesús Cristo e do que o Espírito Santo lles revelou. Negada polos reformadores do s XVI, o Concilio de Trento proclamou que a revelación se contiña na tradición e nas Sagradas Escrituras. O Concilio Vaticano II afirmou isto na constitución dogmática sobre a revelación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á tradición.

    2. Que existe desde hai tempo.

    3. Que é partidario da tradición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina filosófico-relixiosa aparecida no catolicismo francés da Restauración, en oposición ao pensamento ilustrado que inspirou a Revolución de 1789. Afirmaba a necesidade da monarquía e da Igrexa como vehículos polos que o home chegaba ao contido dunha revelación divina primitiva constituída polas verdades teóricas e prácticas fundamentais. Os seus representantes máis destacados foron L. de Bonald, J. de Maistre, F. R. Lamennais e L. Bautain, e, en España, Juan Donoso Cortés.

    2. Doutrina política que defende a soberanía real exercida a través das institucións propias da sociedade foral e estamental. En España foi adoptada polo carlismo, e implicaba o retorno á monarquía absoluta, baseándose na tese da lexitimidade da lei sálica, no dereito divino da monarquía e, polo tanto, na defensa decidida da relixión católica. Posteriormente, esta doutrina procurou unha xustificación histórica na identificación da monarquía absoluta cunha suposta monarquía tradicional medieval. Esta identificación completouse co recoñecemento dos foros ou leis tradicionais dos diferentes reinos da monarquía hispánica. Despois da Terceira Guerra Carlista, Juan Vázquez de Mella fundou o Partido Tradicionalista. Na Segunda República Española creouse Comunión Tradicionalista que en 1937 foi un dos integrantes de Falange Española Tradicionalista e das Jons.

    3. Afección ás cousas tradicionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao tradicionalismo.

    2. Partidario do tradicionalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de traducir.

      2. Obra ou texto traducido.

    1. Proceso mediante o que se traduce unha determinada secuencia de ARN mensaxeiro nunha determinada secuencia de aminoácidos grazas á intervención dos ribosomas. O ARN mensaxeiro fai de intermediario entre o núcleo e o citoplasma, extraendo do núcleo a información codificada no ADN e traducíndoa en moléculas proteicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. iolación da fidelidade que se lle debe a algo ou a alguén.

    2. Falta que se comete por colaboración co inimigo.

    3. Falta á promesa de fidelidade ou delito de traizón, na Idade Media. Distinguíase entre traizón maior que se castigaba coa morte e a común que tiña como pena o exilio. Entre os delitos que levaban á primeira estaban dar morte ao señor, infrinxir un pacto de paz e tregua ou atentar contra o soberano. Cometía traizón común quen por exemplo non prestaba axuda ao señor ou quen faltaba a un xuramento.

    4. Cada unha das figuras delituosas, previstas no Código Militar e no Código Penal, coa característica común de violación do deber de fidelidade á patria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de tramitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de transixir.

      1. Trato, convenio ou acordo de índole comercial.

      2. Acción de facer efectivo un trato de compravenda.

      3. Cada unha das operacións que implique un cambio de posesión de bens ou títulos.

    2. Contrato resolutorio en virtude do que dúas partes poñen fin a unha cuestión xurdida entre eles, ben para evitar un preito, ben para rematalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a unha transacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción química formal que implica a transferencia dun grupo amino (-NH2) dun composto orgánico a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO