tracción

tracción

(< lat tractĭōne)

  1. s f

    Acción de tirar algo cara ao punto do que procede a forza para arrastralo ou movelo.

  2. s f [TRANSP]
    1. Acción de tirar dun vehículo un animal ou un dispositivo mecánico.

    2. Acción de facer avanzar un vehículo mediante o impulso que un motor exerce sobre as súas rodas. Se as rodas motrices son as de diante denomínase vehículo de tracción dianteira, e se son as de atrás  vehículo de tracción traseira. Se todas as rodas son motrices denomínase vehículo de tracción integral. En función do aparato mecánico que impulsa as rodas denomínase tamén de tracción eléctrica, tracción por motor térmico ou tracción por vapor.

  3. [TECNOL]
    1. s f

      Grupo de dúas forzas, unha das que pode ser a reacción da outra, que aplicadas axialmente a un corpo tenden a alongalo.

    2. ensaio de tracción

      Proba á que se somete unha mostra para determinar a resistencia á tracción, ao alongamento, á estrición, ao límite e ao módulo de elasticidade do material.

  4. tracción ambulatoria [MED]

    Tracción que se exerce mediante unha vendaxe axeitada e que permite ao enfermo deambular e moverse no caso de fracturas de membros.

Palabras veciñas

trabuquete | 1 traca | 2 traca | tracción | tracería | Tracia | tracio -cia