"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Reactor químico das plantas depuradoras especialmente deseñado para o proceso de dixestión anaeróbica, en particular da fracción orgánica dos residuos e dos lodos de depuradora. Constitúe a peza básica dunha planta de metanización ou de compostaxe anaeróbico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos símbolos empregados para representar os números. No sistema de numeración decimal son os que van de cero a nove. Por exemplo, o número 241 consta de tres díxitos: 2, 4 e 1.

    2. Doceava parte do diámetro do Sol ou da Lúa no cómputo das eclipses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto dixitálico que se obtén das sementes do estraloque. É un po branco que funde a 255°C e que ten actividade cardiotónica. O produto comercial contén do 70 ao 80% de dixitonina, do 10 ao 20% de xitonina e tigonina, e do 5 ao 15% de saponinas menores. A dixitonina forma complexos equimocelulares co colesterol, propiedade que fai que se empregue para detectalo na bile, no plasma e nos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación trimestral aparecida en 1994 en Santiago de Compostela. Editada polo Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), está dirixida por Javier García Tobío e coordinada por Fernando Bouzas. Contou coa colaboración ocasional de José A. Souto, Juan J. Casares, Felipe Macías e C. Fernández Sánchez, entre outros. Como medio especializado en información de carácter científico, traballa en colaboración co CSIC, a Xunta de Galicia e as universidades galegas. Ademais de ofrecer datos sobre os novos sistemas de información xeográfica, a teleformación e a videoconferencia, a Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) e o emprego de ordenadores e supercomputadoras, atende as demandas dos departamentos de investigación e desenvolvemento (I+D) das empresas galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glicósido que se extrae das follas do estraloque e que se emprega no tratamento de enfermidades cardíacas como estimulante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘teu’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Antón López Dobao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (1996), realizou cursos de especialización en pintura e escultura na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo (1996). Dende 1998, residiu en Italia, onde traballou para as galerías de Padua e Perugia, e na organización de exposicións. Dirixiu as súas investigacións aos temas relacionados coa morte e a maternidade. Seleccionárono para a Exposición Internacional de Pintura, I Salón de Outono da Cidade da Coruña (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso tectónico apreciable nas series de rochas sedimentarias, no que estas se pregan pola presión que exercen sobre elas forzas compresivas, produto dos movementos tectónicos da codia terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bisemanario editado na Coruña a partir do ano 1876.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Nas primeiras novelas, Welcome to Hard Times (Benvido aos tempos difíciles, 1960) e The Book of Daniel (O libro de Daniel, 1971), xa manifestaba unha orientación realista e de crítica social, pero con Ragtime (1975), describiu a sociedade americana de principios do s XX. Publicou ademais Loon Lake (1980), Billy Bathgate (1989) e a peza teatral Drinks before Dinner (Bebidas antes da cea, 1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fonte de datos, de calquera tipo, recuperables no tempo e no espacio. Na diplomática clásica, a noción de documento coincidía coa do termo diploma, que tiña un contido fundamentalmente xurídico. Na arquivística, son fontes de información que constitúen o fondo dun arquivo. Na súa orixe, o termo limitábase ás fontes escritas, pero ampliouse ata englobar diferentes tipoloxías documentais, dende os diplomas carolinxios, pasando polos libros e as cintas de vídeo, ata os CD-ROM. Nos centros de documentación e bibliotecas, compoñen a información rexistrada que se considera unha unidade nun proceso de documentación. A súa clasificación ten en conta diversos criterios: segundo a natureza do soporte, distínguese entre documentos en papel, en soportes magnéticos e ópticos; segundo o código empregado na mensaxe, diferénciase entre textuais, gráficos, iconográficos, sonoros, audiovisuais, tridimensionais, informáticos e multimedia; segundo o seu rigor científico, divídense en científicos, técnicos...

      2. documento primario

        Fonte de datos que contén información orixinal e reflicte os resultados directos da investigación. Poden presentarse baixo diversas formas: libros, publicacións periódicas, informes, actas de congresos, patentes, traducións, normas, teses e outros traballos académicos.

      3. documento secundario

        Fonte de datos que resulta do procesamento lóxico e analítico-sintético dos documentos primarios, sobre os que informa. Aparece en forma de boletíns, de resumos, de sumarios e de índices, bibliografías, catálogos de bibliotecas e catálogos colectivos.

      1. Escritura que expresa declaracións de vontade positivas ou negativas, ou ben, feitos e dereitos. Os documentos poden ser públicos, que son os que foron autorizados por un notario, un xuíz ou un funcionario público competente, coas solemnidades requiridas pola lei; ou privados, cando soamente foron asinados polos interesados, con ou sen testemuñas. Os documentos públicos poden ser notariais, nos que se inclúen as actas e testemuños, xudiciais, que se integran polas sentencias, autos, providencias e mandamentos, e administrativos, que comprenden os decretos, acordos, ordes e resolucións de calquera autoridade pública. Os documentos privados téñense por eficaces cando a parte a quen prexudique os recoñeza como lexítimos ou deixe transcorrer o prazo establecido de impugnación. Os documentos poden ser expresados en linguaxe natural, convencional ou en calquera outra expresión gráfica, sonora ou en imaxe recollida en calquera tipo de soporte material, incluídos os informáticos.

      2. documento auténtico

        Documento expedido pola autoridade ou funcionario competente no exercicio das súas funcións e que dá fe por el mesmo.

      3. documento constitutivo

        Documento que recoñece, reproduce ou renova un negocio xurídico.

      4. documento declarativo

        Documento que constata a situación á que se refire o mesmo documento.

      5. documento de crédito

        Documento que lle outorga ao posuidor lexítimo o dereito de obter a prestación que vai contida nel.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento acreditativo da personalidade individual do seu portador e titular. É obrigatorio para todos os cidadáns españois desde que cumpren catorce anos e voluntario para os menores. Expídeo o Ministerio do Interior a través dos equipos do DNI das comisarías do Cuerpo Nacional de Policía ou nas comandancias da Guardia Civil. Contén os datos persoais (nome e apelidos, sexo, data e lugar de nacemento, domicilio e filiación), unha fotografía, a sinatura do seu titular, os datos relativos á autoridade que o expide e un número, que é inmutable, permanente e intransferible. O documento debe renovarse periodicamente cada cinco ou dez anos, en función da idade do titular. A partir dos setenta anos é perpetuo. O DNI estableceuse polo Decreto de 2 de marzo de 1944. Ata a década de 1980 incluíanse entre os datos que recollía a profesión e o estado civil; as pegadas dixitais e o grupo sanguíneo permaneceron entre os datos que se incluían no documento ata 1990, cando se remodelou o seu formato, de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ideónimo que designa un documento histórico, como un tratado, un acordo, un pacto, unha paz, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Iniciou unha tendencia cara á novela episódica, chea de reflexións e comentarios, e tratou temas psicolóxicos e sociais dun xeito case naturalista. Da súa produción destaca Die Dämonen (Os demos, 1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Zoólogo alemán. Estudiou zooloxía nas universidades de Königsberg, Bonn, Jena e Berlín. Da man de Ernst Haeckel coñeceu as novas teorías de Charles Darwin, ás que dedicou gran parte da súa vida recollendo datos que axudasen á súa defensa. Doutorouse en 1865 en Breslau cun estudo sobre a anatomía das percebellas. En 1868 foi profesor da Universidade de Jena, onde traballou sobre a embrioloxía de insectos e crustáceos, intentando crear unha secuencia de aparición sobre a Terra dos distintos grupos. En 1875 publicou a súa obra máis importante, Ursprung der Wirbeltiere und das Prinzip des Funktionswechsels, que serve de compendio para a maioría das súas investigacións e na que expón unha liña evolutiva dende os anélidos ata os vertebrados; nela trata de explicar a aparición dos órganos complexos pola transformación doutros máis sinxelos e antigos. Foi o promotor, xunto a Nicolai Micloucho-Maclay, da creación dunha rede de estacións de investigación zoolóxica por todo o mundo. A primeira delas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás plantas que lles proporcionan zume aos insectos polinizadores, especialmente dípteros, polo que se benefician do transporte do pole que realizan os insectos que buscan, infrutuosamente, alimento nelas. Un exemplo desta estratexia é o xénero Parnassia, presente en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO