"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
XACEMENTOS
Xacemento do Paleolítico superior fóra de covas, en forma de grupos de habitacións, descuberto en 1947 ao NL de Hustopeče, na rexión de Brno. Dátase entre o 28000 e o 26000 a C. Ao carón localizouse un gran depósito de ósos de mamut e o sepulcro dunha muller co cadáver en posición fetal. Tamén se atoparon figuras animais de terra cocida.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Berro que marcou o comezo da independencia de México, emitido polo cura Hidalgo na cidade de Dolores en 1810.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica mato e a preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o), indicadora do lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XI: “Martin do Mato” (doc ano 1001 en Miguel Romaní Martínez, A Colección diplomática do Mosterio Cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense): (1025-1399), 1990-1993, p 950). Tamén se grafa Do Mato.
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Coñecido como Boccador, foi discípulo de Giuliano San Gallo. Ao servizo de Carlos VIII de Francia, realizou o palacio de Amboise e por encargo de Francisco I, o castelo de Chambord. Construíu tamén o antigo Hôtel de Ville de París (1532).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (81-96). Fillo de Vespasiano, sucedeu o seu irmán Tito. Venceu os catos (83) e iniciou a construción dunha liña de fortificacións ao longo da fronteira romana, os Campos Decumanos, entre o Rin e o Danubio. Enfrontouse a Decébalo (86) e aos xermanos, e tivo que asinar un acordo de paz (89). No interior do Imperio emprendeu a reorganización e a centralización da administración e designou a membros da orde ecuestre para os principais cargos públicos. Loitou contra a corrupción dos gobernadores provinciais e legalizou a ocupación de terras. Para financiar os gastos do exército e a construción de grandes obras aumentou os impostos e promoveu a confiscación dos bens da aristocracia, que viu limitados os seus poderes no Senado. Acumulou os títulos de cónsul (82-88) e de censor perpetuo (85-96). A súa política de ataques e confiscacións á aristocracia provocou a revolta de Lucio Antonio Saturnino, lugartenente na Xermania Superior, durante a guerra na Dacia (89). Sufocou a revolta...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico, coñecido como Antonio Banderas. Comezou como actor teatral e facendo pequenos papeis secundarios en películas como Laberinto de pasiones (1982), Los zancos (1984) ou La corte del faraón (1985). Os seus traballos con Pedro Almodóvar, a partir de 1982, convertérono en protagonista dos seus filmes como en Matador (1986), La ley del deseo (1987), Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988) e Átame (1989). Na década dos noventa entrou en contacto co cine de Hollywood a través das películas The Mambo Kings (Os reis do mambo, 1991), Philadelphia (1993), Interview with the Vampire (Entrevista co vampiro, 1994), Desperado (1995), Two Much (1995) ou Evita (1996). En 1999 dirixiu a súa muller Melanie Griffit na película Crazy in Alabama (Tolos en Alabama), coa que conseguiu o Leone d’Oro da Mostra Internazionale d’Arte Cinematografica...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Activo entre 1756 e 1790. Foi autor de diversos retablos, entre os que destacan o maior (1756) e o da capela do Rosario (1757) en San Domingos de Ortigueira, e o retablo maior da confraría do Rosario na igrexa de San Domingos en Santiago de Compostela (1767). Dende 1770 traballou no retablo da igrexa monacal de Santa María de Sobrado, segundo as trazas de Luís de Lorenzana, aprobadas pola Real Academia de San Fernando, pero foi substituído por Manuel Álvarez. Con Francisco de Lens realizou os retablos colaterais de Santa María de Dodro (1771), nos que as imaxes debían ser esculpidas por Xosé Gambino ou por Antonio Fernández. En 1790 realizou o retablo maior de San Francisco de Ferrol, no que destacan as tallas atribuídas a Xosé Ferreiro. Realizou tamén o monumento ao Xoves Santo trazado por Miguel Ferro Caaveiro para a igrexa de Santo Andrés en Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Formouse como enxeñeiro na Escuela de Guadalajara. Viviu en Bordeos, onde ocupou a cátedra de Matemáticas e Lingua Española. En 1955 volveu a España para ingresar no corpo de enxeñeiros da Armada. Ampliou os seus coñecementos en Francia e Inglaterra. Dirixiu as obras civís e hidráulicas de Ferrol, as obras do dique de pedra do arsenal ferrolán e a construción de buques deste estaleiro. Foi director das Escuelas Especiales del Cuerpo y de la Maestranza, comandante de enxeñeiros en Ferrol e La Habana, e presidente da Junta de Exámenes para o ingreso no corpo de enxeñeiros da Armada. Publicou Elementos de geometría analítica (1880). Foi membro da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, escritor e guionista. Estudiou dereito, filosofía e letras e xornalismo. Foi redactor de diversas publicacións periódicas como La Noche, El Correo Gallego, El Álcazar, Pueblo e El Imparcial; ademais colaborou en ABC, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Triunfo, Gaceta ilustrada, Crítica, La Codorniz, Diario 16, Actualidad Española, Velocidad, El Ruedo, Dígame, Sábado Gráfico, El Caso, El Tiempo de Bogotá, Interviú e Tribuna. Traballou en diversas emisoras como Radio Intercontinental, Radio Nacional de España, Radio Madrid e Radio Barcelona. Exerceu como redactor xefe de Radio España e presentou diversos espacios informativos e de entretemento en TVE. Foi correspondente da Cadena SER en diversos países de África e América, e fundou a axencia informativa Mondial Press. Dirixiu as publicacións Discóbolo e Cine en siete días. Foi xefe de prensa e relacións públicas do Atlético de Madrid SAD e director de Mundo rojiblanco....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Historia pola Universidad Complutense de Madrid. Especializouse como investigador en temas de historia social da Idade Moderna. A súa obra superou os catrocentos títulos, entre os que cómpre destacar La sociedad española en el siglo XVIII (1955), La sociedad española en el siglo XVII (1963-1970), Sociedad y estado en el siglo XVIII español (1976) e España. Tres milenios de historia (2000); ademais, redactou manuais como El Antiguo Régimen: Los Reyes Católicos y los Austrias (1973) e dirixiu unha Historia de España (12 volumes, 1987-1994). Colaborou na publicación das Actas de las Juntas del Reino de Galicia (1994-2001). Recibiu o premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales de 1982 e o Premio Menéndez Pidal de Investigación Humanística (1987). Membro da Real Academia de la Historia, recibiu os doutorados honoris causa polas universidades de Granada, Barcelona,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e crítico literario. Licenciado en Filosofía, doutor en Lingüística Hispánica e profesor titular na Universidad Nacional de Educación a Distancia, fundou e dirixiu a Aula de Literatura Antonio Machado en Francia. Colaborador en revistas especializadas, como Zurgai, onde publicou “Última poesía gallega” (1993), publicou os poemarios Garlopa Marina (1974), Fendas (1991), Eidos da mirada (1994), Gremor (Premio Puente Cultural) e ensaios como Antonio Machado (1979), El signo poético (1987) ou La llama exótica: el pensamiento de Emmanuel Lévinas: eros, gnosis, poíesis (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Zapateiro. Foi expulsado de Portugal polas súas ideas libertarias en 1914 e marchou a Brasil (1915), onde militou no sindicato anarquista en São Paulo. Perseguido polas autoridades, refuxiouse en Guaratingueta (1923) e marchou a Rio de Janeiro, onde morreu no asalto dun grupo de militantes comunistas ao local dos anarquistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Frade franciscano. Ingresou no colexio de Pasantes de Alba de Tormes e exerceu a docencia na Universidad de Salamanca. Foi gardián do convento de Tui, predicador xeneral e cronista da provincia. Foi o continuador da Crónica de Xacobe de Castro, publicada como Crónica Seráfica y prosecución del árbol cronológico de esta esclarecida, Santa y Apostólica Provincia de Santiago (...).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pianista, cantante e compositor de jazz norteamericano. Coñecido como Fats Domino, nos anos corenta ingresou na formación de Dave Bartholomew e foi a ponte de unión entre o rhythm and blues e o rock. Da súa discografía destacan The Fats Man (1949), Blueberry Hill (1956) e Lady Madonna (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, na comarca de Las Vegas del Guadiana, drenado polo río Guadiana (31.022 h [1996]). É un importante centro agrícola, con cultivos de cereais, viña, oliveiras, algodón e tabaco. Ademais, é un destacado núcleo comercial de produtos agrícolas e industriais, onde se celebran feiras alimentarias e apícolas, entre as que destaca a Feria de Muestras de Extremadura (FEVAL). Do seu patrimonio cultural cómpre salientar as igrexas de Santiago (ss XVI-XVII) e de Santa María (1881-1896), e o Museo Etnográfico inaugurado no 2000.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación subtitulada “Semanario satírico y político” que apareceu na Coruña en xaneiro de 1889. Imprimiuse nos obradoiros da Tipografía Galaica. Dividiuse nas seccións: “Chochecas”, “Extravagancias”, “Manías”, “Humoradas”, “Chistes” e “Servicio telefónico”. Posteriormente engadiu os apartados “Semanario”, “Bailes” e “Pe-pitadas”. Contou coa colaboración de Ricardo Sepúlveda, Manuel del Palacio e Rufino Morales Rodríguez. No apartado literario cómpre salientar as poesías de Antonio Navarro, Xenaro Mariña, Emilia Calé e Raúl Muñiz, quen escribiu unha composición en galego titulada “Non podo!!”. Tamén inseriu un texto en prosa de Nicomedes Pastor Díaz titulado “En las ruinas”, e unha composición musical, o romance “Sans paroles”, acompañado dun pentagrama de Marcial del Adalid.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Begonte. Construída durante os ss XVIII e XIX, ten planta rectangular cunha soa nave, con cuberta a dúas augas, e capela maior con cuberta a catro augas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo terreo real de caza, situado en Huelva, orixe do parque nacional de Doñana. En 1624 era propiedade do duque de Medina Sidonia, logo pasou ao duque de Tarifa e máis tarde ao marqués de Borghetto. No 1964 converteuse nunha estación biolóxica do mesmo nome que deu orixe ao parque nacional (1969).
-
PERSOEIRO
Gramático latino. Foi preceptor de san Xerome e autor dun Comentario de Terencio, dun Comentario de Virxilio e dunha Ars Grammatica, da que se fixeron moitas versións na Idade Media, coñecidas co nome de donatos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo en Numidia. Combateu a indulxencia dos bispos cos cristiáns que traizoaran a fe durante as persecucións, feito que orixinou o cisma ou herexía dos donatistas. A súa festividade celébrase o 17 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO