"AGR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 482.

  • Marca ou fronteira, nos países árabes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena estatua de terracota policromada de época helenística que tomou o nome da cidade de Tanagra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade da Beocia (Grecia), ao L de Tebas, que sobrevive actualmente no poboado homónimo (1.097 h [1981]). Sometida a Roma en 145 a C, continuou florecendo ata o s VI. Tiña un templo de Hermes, cunha estatua do deus feita por Calamis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de catro liñas horizontais e tres espazos que, na escritura tradicional do canto gregoriano, determina a altura dos sons musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación sindicalista galega de agricultores e gandeiros fundada en 1982. Entre os seus obxectivos atopábase a modernización do campo, a implantación do cooperativismo ou a concentración parcelaria. Entre as súas bases de actuación destacaron a defensa dos labregos fronte a situacións como o reaxuste da cota láctea ou o problema das vacas tolas. Promoveron a convocatoria das primeiras eleccións a Cámaras Agrarias en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Comunidad Autónoma de Extremadura, situado en Tierra de Barros e delimitado ao L polo río Retín (2.044 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral constituída en Ourense en 1967, a partir do Teatro Juvenil de Ourense (1962), baixo a dirección de Segundo Alvarado. Representaron Antígona (1967), Edipo abandonado (1969) e Don Hamlet (1970), entremeses cervantinos e pezas curtas. En 1970 unha parte dos actores constituíron Histrión-70.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña entre o 3 de marzo e o 28 de abril de 1860. Fundada e dirixida polos irmáns Francisco María e Antonio de la Iglesia e sen periodicidade fixa, está considerada como a primeira publicación escrita integramente en galego. A través de diversas crónicas asinadas por Francisco, tratou a Guerra de África dun xeito benévolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • diagrama de Euler-Venn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. En 1537 marchou para América e participou na conquista de Chile. En 1547 Pedro de Valdivia nomeouno lugartenente e realizou expedicións ao sur. Depois da morte de Valdivia foi nomeado gobernador e capitán xeneral de Chile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Introduciu no seu país a arquitectura racionalista en detrimento da tendencia neotolteca. Recibiu o Premio Nacional de Artes (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao NL da capital provincial (2.662 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado no val do Tajo e regado polo canal do Jarama (1.565 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido que se obtén por fermentación acética do viño e dos seus subprodutos (bagazo), aínda que tamén pode proceder doutros produtos (como a sidra ou a malta). É de cor amarela ámbar ou rosada, segundo o viño, de olor penetrante e sabor acedo e picante. Os seus compoñentes fundamentais son: ácido acético, extracto seco, etanol, minerais, glicerol e acetina. Emprégase para amañar e adubar pratos e como conservante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de diversos materiais para o vinagre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mollo feito con cebola, vinagre, aceite e sal. Emprégase fría, en pratos de peixe, marisco e carne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante de banda deseñada. Coñecido como Jano, foi editor de Lixo e autor dos cómics Nieve Negra (1999-2000) e Calamar, e cofundador do colectivo Polaqia (2001-2002). Colaborou na obra Tapa Roja (2004). Recibiu o Premio do INJUVE de ilustracion e banda deseñada (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Chantada a partir de 1928. Cesou o 13 de setembro de 1931 (nº 131). Subtitulado “Semanario independente”, o seu fundador e propietario foi Xesús F. Taboada e estivo dirixido por Benito Rivadulla. Defensor dun agrarismo técnico e conservador, tivo varias reaparicións e cambios de orientación. Interrompido pola Ditadura de Primo de Rivera, reapareceu en abril de 1929 como El Agro, e pasou a editarse en Palas de Rei. En 1930 volveu a Chantada cunha orientación republicana e autonomista, e foi voceiro da ORGA. Incluíu colaboracións literarias relacionadas co nacionalismo galego e o agrarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla producida o 5 e 6 de xullo de 1809 na chaira de Marchfeld, preto de Wagram (Baixa Austria), entre as tropas de Napoleón e o exército austríaco dirixido polo arquiduque Carlos. Napoleón derrotou os austríacos e o arquiduque Carlos solicitou o armisticio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do condado homónimo e de Croacia (770.058 h [2001]). Está situada na ribeira esquerda do Sava, ao pé dos últimos contrafortes do Medvednica. Principal centro urbano e económico do estado, ten unha industria moi diversificada. O núcleo antigo, situado sobre dous outeiros, está formado polo Gric, o antigo barrio da nobreza, e o Kaptol, o antigo barrio eclesiástico, onde está a catedral de Santo Estevo (s XIII). Fundada no s XI, como cidade eclesiástica, con sé episcopal, no s XII desenvolveuse como cidade libre de comerciantes e artesáns. Bela IV de Hungría e de Croacia (1242) nomeouna cidade real. Foi capital de Croacia-Eslovenia, provincia autónoma do Reino de Hungría (1867), en 1941 foi do Reino de Croacia, en 1945 da República Federal de Croacia, en Iugoslavia e, desde 1991, do estado independente de Croacia.

    VER O DETALLE DO TERMO