"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • PERSOEIRO

    Compositor. No conservatorio de Madrid formouse como director de orquestra con Pérez Casas e en 1955 ingresou no corpo de bandas de música da Armada. Dirixiu a orquestra de cámara de Xuventudes Musicais de Palma de Mallorca, a banda de música da Escola Naval (1968) e a Coral Polifónica de Pontevedra, cargo no que permaneceu ata 1976. A súa achega á música galega é notoriamente importante como compositor e como harmonizador de melodías. Acadou numerosos premios musicais dentro e fóra de España, e as súas obras son interpretadas por agrupacións sinfónico-polifónicas de varios países. Entre a súa produción coral destacan: Tres cantigas de Pontevedra, Estando cosendo, Aquel que saleu agora e Canta ti. Tamén harmonizou a melodía popular Ábreme a portiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política paquistaní. Educada en Oxford e Harvard, xunto á súa nai Nusrat, proseguiu a tarefa do seu pai Zulfikar Ali Bhutto á fronte do Partido Popular do Paquistán. Arrestada entre 1977 e 1984 polo réxime de Zia Ul-Haq, á caída deste converteuse en primeira ministra nas eleccións de 1988. Destituída no 1990 por un golpe de estado, pasou a encabezar a oposición á coalición de partidos islámicos no goberno. Ocupou novamente o cargo de primeira ministra dende 1993 ata 1996.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violinista austríaco. Traballou na corte do arcebispo de Salzburgo e despois en Múnic. Foi un dos principais virtuosos do seu tempo no uso das dobres cordas e do procedemento coñecido como scordatura, é dicir, un afinamento distinto para os instrumentos de corda. A súa obra caracterizouse polo gusto pola arte da variación e ornamentación, amais dunha certa preferencia pola música descritiva e de programa. É autor dunha colección de 16 sonatas e das coleccións Fidicinium sacro-profanum e Harmonia artificiosa-ariosa, publicada postumamente, así como de dúas óperas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Florencia. Fundada a partir dos libros do bibliófilo italiano A. Magliabecchi (morto no 1714), pasou a ser de dominio público no 1747, para fusionarse posteriormente coa Biblioteca Palatina (1861), fundada por Fernando III, duque da Toscana. Cuns 4.500.000 volumes, é a máis importante das oito bibliotecas centrais do sistema italiano de bibliotecas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca pública con sede en Roma. Inaugurouse no 1876 coas bibliotecas de 69 casas relixiosas romanas, que foran suprimidas no 1873, xunto coa biblioteca do Collegio Romano. As coleccións de manuscritos son moi valiosas. Funciona amodo de biblioteca central e dispón duns 4.500.000 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Está considerado como o máis importante poeta simbolista do seu país, influído directamente pola corrente do Parnasianismo. Colaborador asiduo do xornal A Noticia, publicou entre outras obras: Poesias (1888) e Tarde (1919). A súa obra máis destacada é O caçador de esmeraldas (1902).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos vehículos de dúas prazas, especialmente un avión, un helicóptero ou un autoxiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén dous grupos azo (-N=N-).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo. Catedrático de Historia Antiga da Universidad Complutense de Madrid. É autor de numerosos traballos e libros sobre as épocas prerromana e romana da Península Ibérica. Entre os seus libros cómpre salientar os seguintes: Religiones primitivas de Hispania (1961), Tartesos y los orígenes de la colonización fenicia en Occidente (1968), La romanización (1974) e Historia económica de la Hispania romana (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo pazo episcopal de Mondoñedo situado en Santo Andrés de Masma. As obras foron trazadas por frei Lourenzo de Santa Teresa. O edificio está situado de modo perpendicular ao camiño de acceso, nun recinto amurallado. De planta rectangular en forma de U, a fachada, coa colocación simétrica das ventás, seméllase ás construcións urbanas. Na parte posterior presenta unha terraza montada sobre unha tripla arcada que traslada a tripla bóveda de canón sobre a que se sitúa. Reformado na década dos anos 60, foi cedido en 1981 á organización El Patriarca para convertelo en centro de rehabilitación de toxicómanos e   para adaptarse ás novas funcións, experimentou unha nova remodelación. Sufriu un incendio en 1991.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico turco. Alí se atopan as ruínas de Hatti, a capital do Imperio hitita situada ao O do gran meandro do río Halis (Anatolia), coñecidas dende o s XlX debido ás súas murallas. As escavacións, que proporcionaron máis de 10.000 táboas escritas en xeroglíficos hititas e en cuneiforme acadio, comezaron en 1906 baixo a dirección de Hugo Winckler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia de Teixeira baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Santa María de Quiexas, concello de Cerceda, ten planta rectangular. O corpo superior presenta ventás tapiadas con montante. No s XVI os Becerra eran propietarios da antiga torre de Boedo. A cheminea é do s XVIII. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo do Calcolítico medio (3.000-2.750 a C) que se espalla por Moravia, Silesia e Bohemia. Caracterízase pola construción de fosos e cavorcos rodeando os poboados, pola incineración como práctica funeraria, por unha cerámica específica -vasillas de boca de funil, copas e picheis con bruñidos metálicos, etc-, pola elaboración de machados de cobre de cubo e planos, e polas súas representacións antropomorfas e zoomorfas -salientando un carro tirado por un par de bois-. Os xacementos tipo deste grupo son o poboado de Brno-Lisen e a necrópole de Pilismarot-Basaharc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia nacionalista aparecida na década dos anos vinte, editada cada mes. Colaboraron nela varios intelectuais galegos, entre eles, Vicente Risco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que xurdiu en Ourense, en abril de 1922. Na portada do primeiro número “O conselleiro supremo”, Vicente Risco expuña as bases da organización nacionalista, tamén mencionaba as entidades que prestaron a súa ratificación a todos os acordos da IV Asambreia Nazonalista: a Irmandade da Fala do Ferrol, Mocedade Galeguista d’Ourense, Irmandade Céltiga de Madrid, Grupo Nazonalista de Bayona, Irmandade da Fala de Santiago e Mocedade Galeguista de Vigo. Todas estas entidades constituíronse en delegacións da Irmandade Nazonalista galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e militar. No 1246 preparou por encargo de Fernando III a escuadra que participou na conquista de Sevilla (1248).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘tiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca rexistrada do cristal artificial de nitruro de boro de estrutura cúbica. Obtense a partir de mesturas de boro e nitróxeno ou de nitruro de boro hexagonal baixo unha presión de 85 atm e unha temperatura de 1.800 °C, e en presenza de catalizadores como litio, calcio, magnesio ou os seus nitruros. Ten unha dureza similar á do diamante e, pola súa condición de semicondutor, emprégase na Electrónica.

    VER O DETALLE DO TERMO