"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da comunidade autónoma de Madrid, situado ao O do encoro de Santillana, no río Manzanares (2.451 h [1996]). A súa situación aos pés da serra do Guadarrama permitiulle desenvolver unha certa actividade turística, aínda que se manteñen as tradicionais actividades agrícolas e gandeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural do lugar de Boán, en Chantada. Entroncou con ilustres familias de Galicia e pasou a Castela, Andalucía e América, establecéndose en Perú. Como apelido comeza a ser coñecido a finais do XVI; relaciónase tamén coa caste dos Buján. As súas armas levan, en campo de sinople, unha muralla rota por dúas partes e batida por ondas de azul e prata; sobre a muralla unha coroa de ouro superada dunha aguia coas ás despregadas e bicéfala, da súa cor natural, picada e armada de ouro; entre as dúas cabezas da aguia, a palabra Boán de ouro; bordo de azul, con oito flores de lis, de ouro. Outra variante é un escudo cortado: no alto, en campo de azul, un sol, de ouro sobre ondas de azul e prata e no baixo, en campo de sinople, unha muralla de prata superada por unha aguia de prata, bicéfala sobre a que aparece o nome Boán, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Adscrito ao Modernismo, traballou na cidade da Coruña onde deseñou edificios na rúa Bailén 8, san Nicolás 11 e 13, santo Andrés e na Barreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada en Santa Olaia de Pedrafita (Chantada), está moi deteriorada. Consta de dous corpos, un rectangular e outro cadrado amodo de torre. Os muros son de cantería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avelaíña de cor branca que se consideraba portadora de boas noticias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Erupción cutánea pustulosa, característica dunha doenza contaxiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curtametraxe realizada en Galicia por Raúl Veiga, adaptada libremente dun relato homónimo de Xosé Luís Méndez Ferrín. Foi a base para a elaboración dunha longametraxe titulada A metade da vida (1994), filme intimista que non tivo boa acollida do público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista galega editada no ano 1929 en Caracas, capital de Venezuela. Foi subtitulada “Boletín informativo mensual da Irmandade Galega”. A coordinación xeral estaba a cargo da secretaría de relacións públicas da Irmandade. A revista daba conta das actividades deste centro galego, con información sobre deportes, actuacións de grupos de baile tradicional galego, de grupos de música galega, xiras de grupos galegos por Hispanoamérica, como Fuxan os ventos, ou actos conmemorativos como as homenaxes que se lle fixeron a Rosalía de Castro e Miguel Hernández. Tamén aparecían artigos literarios como un asinado por Mary Carmen Fernández sobre Manuel Antonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo e lingüista norteamericano de orixe alemana. Precursor da Antropoloxía moderna, estudiou os esquimós da Terra de Baffin e os indíxenas da Columbia Británica. Impartiu clases de Antropoloxía na Clark University e na Universidade de Columbia. Rexeitou as grandes escolas de pensamento da época: Evolucionismo e Difusionismo. Opoñéndose ás clasificacións tradicionais e arbitrarias da Antropoloxía, estableceu que os tipos pretendidamente raciais considerados inmutables, como o índice cefálico, sofren transformacións en función das formas de vida, demostrando deste xeito a imposibilidade de definir un tipo biolóxico ou racial mediante medias. Defendeu a necesidade de realizar investigacións partindo dunha base empírica e descritiva, e considerando cada caso dun modo particular. Desemboca así nunha crítica radical da noción de raza e da oposición entre primitivo e civilizado. No ano 1917 fundou o International Journal of American Linguistics. Entre outras obras súas cómpre...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparencia externa que porta algunha cousa ou alguén.

    2. Balbordo ou bulla que se produce, xeralmente, en aclamación a unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Boa sorte, en xeral acompañada de felicidade.

    2. Adiviñación supersticiosa da sorte ou do futuro das persoas, que fan as xitanas lendo as raias das mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome medieval de bo agoiro como Benvido e outros, composto polo adxectivo feminino boa

    2. Liñaxe asentada en Tui. As súas armas levan, en campo de ouro, a imaxe de san Boaventura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Entrou na   orde franciscana no 1238, e está considerado como o seu segundo fundador. A lenda conta que o seu nome orixinario foi Xoán, pero déuselle en chamar Boaventura logo de que súa nai exclamase “O buona ventura!” ao ver o cativo sandar dunha grave doenza, tras invocar a san Francisco de Asís. Foi profesor de Teoloxía na Universidade da Sorbonne (1248-1255) ata que en 1256 foi nomeado superior dos franciscanos, recibindo o capelo de cardeal. Foi amigo de san Tomé de Aquino e na iconografía aparece con vestiduras de franciscano con capelo de cardeal e leva como atributos: mitra episcopal, báculo, libro, pluma e maqueta de igrexa (na súa calidade de doutor); ás veces, leva tamén   un crucifixo nunha man ou sobre un escritorio, o capelo cardenalicio pendurado nunha árbore, etc. Morreu preparando un concilio que tentaría aproximar as Igrexas latina e grega. A súa festa celébrase o 15 de xullo. A tradición oral recolle a devoción por este santo: “Por san Boaventura dánanse os...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia de Teixeira baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dito ou feito propio dun bobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia de Celanova baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia de Xunqueira de Ambía baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ao servizo dos Reis Católicos. Foi enviado a América como xuíz investigador (1499) e substituíu a Colón como gobernador das Indias (1499-1501). Reprobado o seu comportamento con Colón, foi chamado á corte (1502) e morreu nun naufraxio na viaxe de regreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor establecido en Santiago. Era especialista no traballo da impresión con moldes. Acompañado do tamén impresor Álvaro de Castro, negociou co cabido compostelán en 1483 a edición dun certo número de breviarios a razón de trinta e cinco reais cada un.

    VER O DETALLE DO TERMO