"CISC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 605.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto, neto de Joaquim Sorolla. Foi arquitecto conservador da Cidade Monumental de Santiago de Compostela. Proxectou o traslado da vila histórica de Portomarín (1963), deseñou uns planos da catedral de Lugo e encargouse do proxecto de remodelación do Museo Arqueolóxico e do Arquivo Provincial de Ourense (1959). Foi académico de honor da Real Academia de Nobles y Bellas Artes de San Luis de Zaragoza, correspondente da Real Academia de San Carlos de València e académico non numerario da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro e publicista. Pasou a súa mocidade en La Habana, onde foi un dos socios fundadores do Centro Gallego e profesor do mesmo. De volta na Coruña, foi alcalde, presidente da Asociación da Prensa, da Sociedade Filharmónica e do Círculo de Artesáns. Fundou o Patronato da Caridade e desenvolveu un importante labor na protección da infancia. Foi o terceiro presidente da Real Academia Galega (1924-1926). Escribiu, entre outras obras, Elementos de construción de carreteras y ferrocarriles (1899), De la Coruña a París. Impresiones de un viaje (1910), Educación social en sus varios aspectos de la enseñanza profesional. Cajas de previsión y cooperación en general (1910), Cultura y puericultura. Su importancia e influencia educadora de la mujer en estos problemas (1911), Tratado práctico de estereotomía. Aplicaciones al corte de piedras, maderas y hierros (1915), La crisis agraria. Consideraciones generales (1916) e A través de España....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Pontevedra. Pertenceu ao antigo mosteiro franciscano do s XIII. Sen base documental, atribúese a súa fundación a san Francisco (1214), pero a primeira doazón que recibiu data de 1274, e desta época tan só conserva a fachada e o corpo do templo. O seu estilo é gótico tardío, con planta de cruz latina cunha soa nave, cruceiro e cabeceira con tripla ábsida. No interior destaca o sepulcro de Pai Gomez Charinho. Na fachada destaca o rosetón. A escalinata de acceso construíuse en 1853. Foi declarada BIC en 1896.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor e tradutor. Combinou os estudos de filosofía (1940-1945) na Universidad de Bos Aires co seu traballo como corrector e redactor en diversas imprentas e editoriais. En 1954 fundou Ediciones Minotauro e ao ano seguinte editou o seu primeiro título, Crónicas marcianas, de Ray Bradbury, prologado por J. L. Borges. Director literario (1962-1972) da Editorial Sudamericana, foi o responsable das primeiras edicións dalgunhas das obras máis importantes da literatura hispanoamericana, como Rayuela (1963), de Julio Cortázar, e Cien años de soledad (1967), de G. García Márquez. Ademais, encargouse da edición de obras de autores como Clarice Lispector, Leopoldo Marechal, Álvaro Mutis e Antonio Skármeta.
    Entre 1972 e 1977 dedicouse sobre todo á tradución ao castelán de obras en inglés e francés. Co inicio da ditadura arxentina decidiu instalarse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Creador do Coro Gallego e da Sociedad Artística de Pontevedra, fundou tamén en Pontevedra as publicacións La Voz de Helenes e A Tía Catuxa, e colaborou en A Monteira, Galicia, O Tío Marcos e O Galiciano, ademais de exercer como correspondente de La Correspondencia de España. Escribiu Coleución de poesías gallegas dalgúns autores (1882), unha das primeiras antoloxías de poetas galegos con trinta e dous autores contemporáneos, Apuntes biográficos acerca de los Marinos Nodales, hijos de Pontevedra (1891) e Notas descriutivas sobre as romarías de Galicia (1896). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao periodismo. Colaborou en periódicos como El Ciclón, El Cínife, Faro de Vigo, Galicia e Villagarcía-Carril, e en El Eco de Galicia de Bos Aires onde publicou unha serie de “Cróneca(s)” de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como Farruco Porto Rey. Publicou varias obras bilingües como Las mil y una composiciones (1894) e Pisto (1894). En galego escribiu os poemarios Papel e tinta (1901), o diálogo en verso O alalá (1906) e Cascarrabias ou o filósofo das carqueixas (1912), a novela costumista Fermosinda (1918) e a comedia teatral A tola de Sobrán (1927), estreada polo Cadro de Declamación da Irmandade da Fala da Coruña en 1920. Escribiu ademais Dicionario gallego-castellano, que publicou en fascículos ata o 17 de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De familia galega, foi beatificado en 1818. Escribiu Ladridos evangélicos del perro dados a la nobilísima ciudad de Córdoba (1696), Triunfo de la castidad contra la lujuria diabólica de Molinos (1698), e Vida del glorioso Padre y Patriarca Santo Domingo de Guzmán, fundador de la Orden de los Predicadores (1701).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e escritor. Despois da súa formación no seminario compostelán, exerceu en diversas parroquias de Galicia. Escribiu Costumes da terriña (1911), de carácter costumista, onde a través de catorce capítulos independentes narra diversos aspectos do rural galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudou, pensionado desde 1874, en Roma, onde pintou Juana la Loca, cadro polo que recibiu a medalla de honra en 1878. En 1882 o senado encargoulle o grande óleo La rendición de Granada. Dirixiu o Museo del Prado (1896-1898) e a Academia Española de Bellas Artes en Roma. Colaborou en La Ilustración Española y Americana, onde publicou gravados de temas galegos como Horno de pan en Galicia (1873), El Pórtico de la Gloria (1874), La Ribera de Vigo (1874) e Romería de San Cosme en Bayona (1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Santiago de Compostela 22.9.1772 - 19.1.1822) Escultor, irmán de Melchor de Prado Mariño. Formouse na Escuela Patriótica de Dibujo da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago e co seu irmán, que lle encargou a realización das imaxes da Dolorosa e das Ánimas para San Mamede de Carnota. Influído por Xosé Ferreiro, na súa obra está presente o historicismo e o eclecticismo que aínda mira ao barroco. Buscou a individualización dos personaxes e a representación das paixóns da alma a través dos rostros, que nas representacións femininas están idealizados. Entre as súas obras destacan varias imaxes e retablos para as igrexas de San Miguel e Santa María do Camiño, varias imaxes para a igrexa de San Bieito do Campo e os retablos da igrexa das Ánimas e a Inmaculada Concepción para a capela maior da catedral compostelá. Fóra de Santiago de Compostela realizou a Virxe das Dores para a igrexa do convento San Domingos da Coruña, o retablo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Doutor en Filosofía e Letras, foi catedrático de Historia Antiga na Universidad de Sevilla. Participou na escavación de ‘Aswān en Exipto e en 1971 descubriu a Dama de Baza. Publicou, entre outras obras, El arte del antiguo Egipto (1989), Egipto durante el imperio nuevo (1989), La necrópolis de Baza (1982) e La España bizantina (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Coñecido como Manuel Manquiña, traballou en cine, teatro e televisión, e tamén desenvolveu labores como publicista e actor de dobraxe. Iniciou a súa andaina na TVG como presentador de programas de humor para pasar ao teatro coa compañía Troula coa obra Informe do día despois (1984), de F. Kafka, e co Centro Dramático Galego en Caderno de bitácora (1985), de F. Taxes, aínda que tamén produciu os seus propios espectáculos. Posteriormente decantouse polo cine da man de realizadores como Antonio Blanco e Xavier Villaverde. Co filme Airbag (1997) deuse a coñecer ao gran público, aínda que tamén destacou noutras producións, como Matías juez de línea (1996), Atilano, presidente (1998), Fisterra, onde acaba o mundo (1998), Frontera sur (1998), Mararía, (1998), Torrente, el brazo tonto de la ley (1998), Entre las piernas (1999), Pídele cuentas al rey (1999), Pata negra (1999),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote. Bacharel en Teoloxía na Universidad de Navarra (1992) e diplomado en arqueoloxía cristiá polo Pontificio Instituto de Archeologia Cristiana de Roma, especializouse en literatura cristiá antiga. Desde 1995 é profesor no Instituto Teolóxico Divino Maestro de Ourense e desde 1998 director do Centro Teolóxico a Distancia San Martín da diocese ourensá. Colaborador de diversas publicacións, escribiu Impresos y bibliotecas del siglo XVI en Ourense (2004). No ano 2012, foi nomeado Vicario para la Nueva Evangelización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Doutor en Dereito e catedrático de Filosofía do Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Socio fundador da Sociedad Española de Filosofía Jurídica y Social, membro numerario da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e do Seminario de Estudos Galegos na área de ciencias xurídicas, e presidente do padroado da Fundación Alfredo Brañas, foi vogal e secretario da comisión redactora do Anteproxecto de Lei Orgánica do Estatuto de Autonomía de Galicia. Colaborador en diversas publicacións e obras colectivas, das súas obras destacan El derecho y el estado en Nietzsche (1966), El derecho hispánico (1973) e Derechos Humanos (1983), Filosofía do dereito: leccións de historia da xurisprudencia galega (1997) e editou ou coordinou, entre outras obras, Los espacios regionales en el marco de la Comunidad Europea (1991), Cuaderno de prácticas de filosofía del derecho (2001) e Los derechos en el constitucionalismo histórico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político, conde de Toreno, fillo de José María Queipo de Llano y Ruiz de Saraiva. Fundou o diario antirrepublicano El Tiempo e, coa Restauración, foi alcalde de Madrid (1874). Foi ministro de Fomento (1875-1879), de Estado (1879-1880), presidente do Congreso de los Diputados (1880 e 1884) e gobernador civil de Madrid (1884). Presidiu a Sociedad Geográfica e foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Considerado como unha das máximas figuras do Barroco e un dos máis grandes poetas de todos os tempos, apaixoouse pola política; ao longo da súa vida foi protexido, desterrado e encarcerado pola Corte. Cultivou todos os xéneros, desde o satírico e político ata os morais, os burlescos e a sátira literaria e persoal, especialmente contra Góngora. Quevedo amósase tamén como o máis profundo poeta metafísico do Barroco e na poesía de carácter amoroso foi un dos máis apaixoados e orixinais de todo o s XVII. As súas obras poéticas editáronse tras a súa morte en dous volumes, El Parnaso español (1648) e Las tres Musas últimas castellanas (1670). A súa obra en prosa é moi extensa e variada, e dela destacan diversos tratados políticos, como Política de Dios, gobierno de Cristo y tiranía de Satanás (1635) e La vida de Marco Bruto (1644); obras ascéticas, como Providencia de Dios (1641), e filosóficas e morais, como o tratado estoico La cuna...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre, III marqués de San Carlos, I marqués de Alcedo e Grande de España. Propietario do pazo de Castrelos, o 12 de decembro de 1924 doouno ao Concello de Vigo coa condición de que non saíse nunca do dominio público e que se destinase a museo de arte e parque público, coa denominación de Parque de Quiñones de León. A doazón fíxose efectiva en 1934.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e liturxista, fillo dos condes de Luna. Ingresou na orde franciscana, da que foi designado ministro xeral en 1523. Nomeado cardeal en 1527, publicou un novo breviario romano para uso privado dos cregos e relixiosos, desautorizado por Pío V en 1568, pero substancialmente adoptado por Pío X en 1911.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Coñecido como Frei Xosé Francisco Jesús María, cursou estudos eclesiáticos ata doutorarse na Universidad de Salamanca. Ocupou posteriormente unha coenxía en Toledo. Tomou o hábito dos carmelitas descalzos en 1595 e foi nomeado cronista xeral da orde. En 1604 confióuselle o priorado da Casa de Toledo e en 1618 nomeárono xeneral da orde. Recompilou e editou os escritos de san Xoán da Cruz por primeira vez, aos que engadiu unha biografía. Das súas obras relixiosas e teolóxicas destacan Excelencias de la castidad (1601), Historia de Santa Catalina (1608), Vida de San José (1613) e Historia de la vida y excelencias de la Santa Virgen María (1652).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro naval e capitán de navío. Ocupou diversos cargos dentro da carreira militar. Foi presidente da Federación Galega de Vela (1988-2002), promovendo o barco Galicia 93 Pescanova, da Asociación Galega de Actividades Náuticas. Recibiu a Cruz do Mérito Naval e a Cruz de San Hermenegildo.

    VER O DETALLE DO TERMO