"Das" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 542.

  •   poucheno das cabacas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Candeda (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Castro de Cabras (Lalín). O seu cumio acada os 731 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Valdín (A Veiga), Pradorramisquedo (Viana do Bolo) e a provincia de Zamora. O seu cumio acada os 1.541 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre escultor. Identificouse, con reservas, co mestre Estevo e traballou na fachada das Praterías da catedral de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa promovido polas Nacións Unidas desde 1965 para mellorar as condicións de vida do ser humano, tanto no relativo ao medio natural como ao medio humano. Desde 1990 publica anualmente o Informe sobre o Desenvolvemento Humano que clasifica os países segundo o Índice de Desenvolvemento Humano (IDH). Ten a súa sede en Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa das Nacións Unidas xurdido da Conferencia de Estocolmo (1972) e creado coa finalidade de velar polo equilibrio ecolóxico dos océanos, a prevención da erosión dos solos, a mellora das augas e a calidade da vida rural e urbana. Ten a súa sede en Nairobi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República federal que xurdiu pola Unión de Utrech (1579), coa unión de sete provincias dos Países Baixos do Norte (Gelderland, Holanda, Zelanda, Utrech, Frisia e, desde 1594 Overijssel e Groningen), tras obter a independencia da monarquía hispánica. En 1648 sumáronse parte dos Países Baixos meridionais e recoñeceuse definitivamente a súa independencia pola Paz de Münster. Alcanzou unha gran prosperidade e expansión comercial, acompañada no interior pola laicización da cultura e a tolerancia relixiosa e política. A competencia con Inglaterra provocou a súa crise, agravada definitivamente cos ataques franceses xa que, aínda que formaba parte da Liga de Augsburgo, non puido evitar a invasión de 1795, que provocou o exilio do príncipe de Orange e o cambio do nome das Provincias Unidas polo de República Batava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Figueiroá (Paderne de Allariz). O seu cumio acada os 642 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • tollemerendas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Carballido (A Fonsagrada). O seu cumio acada os 750 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena illa da costa atlántica, situada na parroquia de Abanqueiro (Boiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Beade baixo a advocación de santo Amaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incunable publicado posiblemente en Monterrei na segunda metade do s XVI. Editado por Gonzalo Rodrigo de la Passera en folla voante a dúas columnas e con letras góticas e capitais gravadas en madeira, non leva nin lugar nin data de edición, polo que deu lugar a grandes dúbidas. Consérvase un exemplar copiado no Archivo Histórico Nacional de Simancas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Panteón Real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Parada dos Montes (A Pobra do Brollón). O seu cumio acada os 887 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da illa de Rodas e do nomós do Dodecaneso, Grecia (42.400 h [1991]). Situada no extremo setentrional da illa, o seu núcleo antigo, rodeado de murallas bizantinas (s XIII), contén numerosos edificios góticos construídos polos cabaleiros da orde do Hospital de San Xoán entre 1309 e 1522, dos que destaca a catedral de San Xoán, o palacio do gran mestre, os dous hospitais (vello e novo) dos cabaleiros e os hostais ou palacios de oito linguas da orde. A cidade medieval foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1988.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa grega do Mar Exeo, a máis grande do arquipélago do Dodecaneso (87.831 h [1981]). A súa capital é Rodas. As súas costas teñen un perímetro de case 400 km. Constituída por rochas calcarias mesozoicas, elévase nalgúns puntos ata os 1.200 m. Está recuberta en boa parte por bosques de coníferas, e ten cultivos preto das costas. De clima mediterráneo, con temperaturas que oscilan entre os 13°C no inverno e os 25°C no verán, a súa pluviosidade é escasa. Produce e exporta tabaco, algodón, figos, cítricos, aceite de oliva e viño. Na Antigüidade foi habitada por colonos dóricos na segunda metade do segundo milenio a C, e foi unha gran potencia. Sometidos polos persas, os seus habitantes combateron contra os gregos en Salamina (480 a C), pero cando obtiveron a liberdade adheríronse á Liga Délica. Foi sometida por Alexandre o Grande (332 a C) ata a súa morte, tras a que se proclamou independente. Chegou a ser unha gran potencia naval e Diocleciano fíxoa cabeza da provincia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico que nas Illas Cíes une a illa de Faro coa do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO