"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou na fachada de Praterías da catedral de Santiago de Compostela, onde realizou a creación de Eva, o Cristo en maxestade do contraforte da esquerda, uns anxos e dúas figuras de Deus Pai. A súa obra diferénciase da do mestre Estevo pola falta de expresividade. O seu estilo é semellante ao do autor das portas do cordeiro de San Isidoro de León e ao das portas da catedral de Jaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo empresarial con sede en Vigo. A súa orixe está na empresa Cementos Noroeste, SA fundada en 1958 e que cambiou a súa denominación social en 1984. Os seus fundadores foron Arcadio Arienza Valcarce, Antonio Fernández López, Manuel Fernández López, Álvaro Gil Varela, Fidel Isla Couto e Isidro Parga Pondal. Trala construción (1959-1962) da fábrica de Oural (Lugo), en 1968 incorporouse a Sociedad Cementos Cosmos, SA, coa fábrica de Toral de los Vados (León) como activo principal. A partir de entón, constituíronse ou mercáronse empresas relacionadas co sector dos materiais de construción entre as que destacaron as destinadas á produción e distribución de formigón preparado. En 1984, o grupo ordenou os seus negocios nas sociedades Cementos Cosmos, SA, que agrupou as dúas fábricas de cementos, e Prebetong Galicia, SA, que articulou as sociedades de formigón. A finais dos anos 80 comezou unha diversificación dirixida ao sector alimentario e á acuicultura. En 1992, a práctica totalidade do capital...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filóloga. Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1984 e doutorouse en 1993 coa tese A muller na lírica galego-portuguesa: Análise das súas denominacións, publicada en 1996 no libro As mulleres nas cantigas medievais. Da súa produción científica, centrada na literatura medieval e particularmente na lírica galego-portuguesa, destacan: “A denominación dona nas cantigas de amigo” (1991), “A donzela na lírica profana galego-portuguesa” (1993), “A figura da velha nos cancioneiros profanos galego-portugueses” (1993), “O vocabulario bélico na cantiga de amor” (1997), “A cantiga de amor B 468 de Alfonso X: un contrafactum” (1999), “As bestas de Fernand’Esquío (B 1604/V 1136)” (1999), “As cantigas de amigo” (2000) e, no eido da prosa medieval, “El motivo de la Besta Ladrador en la Demanda do Santo Graal” (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produtora cinematográfica galega creada en 1999 integrada por Continental Produciones SA, Produtora Faro SA e IMAXE SA. Entre os seus proxectos para televisión destacan as series Chunda, Chunda, Vieiros ou Escravos de Gran Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote franciscano. Emigrou a Arxentina, onde ingresou na orde franciscana. Foi mestre de postulantes e profesor de sagrada escritura e linguas orientais en Córdoba, onde fundou o movemento xuvenil Juventud Antoniana. En 1930 foi nomeado vicario capitular de Catamarca e en 1934 formou parte da delegación arxentina no Congreso Eucarístico Internacional. Traballou a prol dos emigrantes galegos na Arxentina, aos que axudaba a encontrar traballo, e foi un gran difusor da cultura galega. En outubro de 1926 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Prateiro. En 1578 realizou unha cruz de prata coa imaxe de santa Caterina na parte posterior para a igrexa de San Xoán de Róo (Outes).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Exerceu en Viana do Bolo e destacou polo seu labor na epidemia da varíola de 1881. Director médico dos balnearios de Baños de Molgas, Sousas e Caldeliñas, editou unha memoria sobre as augas de Verín, premiada polo Real Consejo de Sanidad, Establecimiento hidro-mineral de Verín (provincia de Orense). Estudio físico-hidrológico de la estación balnearia de Verín (1901). Tamén publicou un informe oficial sobre as augas de Guitiriz en 1905.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado en Cangas de Onís (Asturias) nun val da serra de Covadonga. Está nunha cova onde, segundo a tradición, tivo lugar a Batalla de Covadonga, considerada tradicionalmente como o punto inicial da Reconquista da Península Ibérica. Paio acadou a vitoria, no 722, contra un destacamento sarraceno ás ordes de Alquama. As crónicas cristiás do s IX (a Alberdense e a de Afonso III) esaxeraron a importancia da batalla, mentres que os cronistas árabes non a mencionan. Posteriormente, concedéuselle á batalla un valor relativo, resultado dun enfrontamento entre dous grupos pouco numerosos, que, sen embargo, puido ser o estímulo para a continuación da Reconquista. A colexiata, de estilo neorrománico (1877-1901), ten planta de cruz latina con tres naves e tres ábsidas. Está cuberta con bóvedas de aresta, agás no cruceiro que ten bóveda de crucería. No exterior dúas torres flanquean un pórtico de tripla arco. Na praza da basílica hai unha estatua de Paio, obra de Gerardo Zaragoza. O acceso...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xestión que fan en común dúas ou máis persoas.

    2. Sistema de xestión da empresa no que os representantes dos traballadores acceden aos órganos directivos da mesma, compartindo as funcións de dirección cos titulares do patrimonio da empresa. Confórmase como unha vía intermedia entre as teses transformadoras dos medios de produción, que propugnan a colectivización dos centros de produción, e as teses ortodoxas capitalistas. Deste modo, constitúe unha institución de carácter ambiguo que pretende establecer unha relación harmónica e solidaria entre capital e traballo, que poida reducir o conflito, permita tomar rapidamente decisións eficaces, faga aumentar a produtividade e consiga a realización dunha acertada planificación económica da empresa. Estes sistemas empregáronse en Italia na época de entreguerras e en Alemaña nas industrias do Ruhr a partir de 1951. No ámbito económico, a incidencia da coxestión foi practicamente nula, pois só conseguiu un mellor control da evolución salarial e do rendemento da empresa. No aspecto técnico achegou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen xestiona xunto con outro algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e poeta. Colaborou nos xornais La Voz de Galicia, El Correo gallego e La Noche. Publicou Brétemas mariñás (1946), o primeiro libro en galego que apareceu en Galicia trala Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma clínica benigna da esclerodermia caracterizada por calcinose, fenómeno de Raynaud, esclerodactilia e telanxiéctase.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Excrecencia carnosa que teñen sobre a cabeza algunhas galináceas, xeralmente máis desenvolvida nos machos. As cristas empréganse na elaboración de determinados pratos clásicos, fundamentalmente de influencia francesa, en xeral en recheos e gornicións de carnes e aves preparadas no forno.

      2. Conxunto de pelos ou plumas que se atopan na cabeza de certos animais.

      1. Parte máis elevada ou saínte de certas cousas.

      2. Estrutura alongada e estreita do organismo.

      3. Arilo de pequenas dimensións formado sobre o rafe que presentan as sementes de moitas papaveráceas.

      4. Doce consistente nunhas pequenas pastas con forma de crista de galo, que se elaboran con fariña, manteiga, ovo e lévedo, e que frecuentemente se enchen con cabelo de anxo.

      5. Parte estreita da divisoria de augas dalgunhas montañas.

      6. Cada unha das beiras abruptas que envolven un anticlinal e das que limitan as depresións sinclinais ou periclinais.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Foi accionista da editorial Galaxia dende a súa fundación e conselleira da Alliance Française de Santiago de Compostela. Colaborou en Radio Galicia con recitais poéticos de autores galegos dirixidos aos emigrantes e publicou poemas en La Voz de Galicia e La Noche. Dooulle a súa biblioteca ao concello de Betanzos. Publicou Nas orelas do Mendo (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. Realizou a súa primeira exposición na Coruña en 1913. Durante a Segunda República simpatizou coas correntes progresistas da cultura e coas ideas libertarias; frecuentou na capital coruñesa o parladoiro de Luís Huici, xunto con Luís Seoane, Francisco Miguel, Xenaro Ruano, Álvaro Cebreiro e José Villaverde. Pasou a Guerra Civil en Madrid onde colaborou no voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios, o xornal Galicia Libre. Publicou os seus gravados e caricaturas, entre outros medios, en Galicia, Alfar, El Pueblo Gallego e Galicia Gráfica. Refuxiouse en Uruguay en 1939.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Galeguista e promotor cultural. En 1909 trasladouse a Uruguay, onde se relacionou cos representantes do galeguismo, entre outros con Manuel Meilán, Ramón Antelo e Francisco Rial, cos que participou nos parladoiros do café Tupí Nambá de Montevideo. Foi un dos fundadores da Irmandade Galega do Uruguay e de Galeuzca. Presidiu a comisión xestora dunha escola pública que levaba o nome de Galiza e o Centro Gallego. Cultivou o debuxo e a escultura. O Padroado da Cultura Galega galardoouno en 1973 coa Vieira de Prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escolla de fragmentos literarios, especialmente para seren usados na aprendizaxe dunha lingua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Licenciado en Psicoloxía. Colaborador en diversas revistas literarias (Dorna e A Regueifa) e membro do consello editorial da colección de poesía Letras de Cal. Participou en diversos proxectos culturais, como o grupo de teatro Talía, o Batallón Literario da Costa da Morte ou o Colectivo Poético Un Medio.
    Publicou as obras Areados: na selva, pola tarde, ollando os tigres (Premio Miguel González Garcés, 1996), Poemas da cidade oculta (1996) e Teoría do lugar (1999), e os relatos “E a catro patas: quilómetros” (Premios Pedrón de Ouro Certames XVIII e XIX 1992 e 1993) e “Alguén matou a Bambi”, recollido no volume colectivo Historia da pusilanimidade e catro contos máis (1996). Outras obras son  Libro dos cans (2010), Decrúa (2003), Balea2 (2011) e Tirotea2 (2011)....

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anestesia rexional producida polo frío.

    2. Perda da facultade de percibir o frío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de sensibilidade superior ao normal que, segundo Charles Robert Richet, permite percibir estímulos ou informacións que pasarían normalmente inadvertidas.

    VER O DETALLE DO TERMO