"Fernández" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 538.
-
PERSOEIRO
Escultor. En 1894 instalouse en Santiago de Compostela onde impartiu clase na Escola de Artes e Oficios ata que se trasladou a Valladolid en 1911. De estilo ecléctico e modernista, dotou as súas obras de naturalismo historicista e luminosidade. Da súa produción destaca o Busto de Montero Ríos e escribiu a novela autobiográfica Un Obrero (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador probablemente galego. Cabaleiro de condición, pertenceu á corte castelá de Afonso X o Sabio. Da súa produción, localizada nos cancioneiros da Biblioteca Vaticana, da Ajuda e da Biblioteca Nacional, consérvanse 22 textos, trece cantigas de amor, tituladas “Ay eu! de min e que será?”, “Ay mia senhor, u non jaz al”, “Am eu tan muito mia senhor”, “Assi me traj ora coitad Amor”, “Ir-vus queredes, mia senhor”, “Ora veg eu que me non fará ben” (fragmento), “Por Deus, senhor, en gran coita serei”, “Pois naci nunca vi Amor”, “Preguntan-me por quê ando sandeu”, “Quando mi-agora for e mi alongar”, “Que ben que m eu sei encobrir”, “Que prol vus á vos, mia senhor” e “Quer eu a Deus rogar de coraçon”; oito cantigas de amigo, “Ai, madr , o meu amigo, que non vi”, “Aqui vej eu, filha, o voss amigo”, “Dizede-m ora, filha, por santa Maria”, “Foi-s un dia meu amigo d aqui”, Levad , amigo, que dormides as manhãas frias”, “Que coita tamanha ei a sofrer”, “Trist anda, mia madr(e), o meu amigo” e “Vi...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Foi profesor axudante na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (1967-1969). Nomeado director xeral de Tributos e Política Financeira (1982-1985), foi conselleiro de Economía e Facenda desde 1990 e deputado no Parlamento de Galicia polo PP (1997-2001). Escribiu varios artigos en revistas especializadas de economía, entre os que destacan “Administración autonómica e control externo público” (2000) e “O futuro da economía galega” (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidad de Madrid en 1911. Ante a carencia de hospitais en Granada, decidiu construír, xunto con Víctor Escribano, o Sanatorio de la Salud (1923). Participou, así mesmo, en numerosos proxectos: impulsou a construción do Hospital Clínico e da Facultade de Medicina e colaborou na construción do Sanatorio da Alfaguara. Á súa volta a Granada decidiu participar activamente en política. Afiliouse ao PSOE e á UGT. Foi deputado nas Cortes en 1931 (escollido por Granada e Pontevedra optou pola acta galega). Participou como orador en todos os mitins da Frente Popular, a pesar de non figurar nas súas listas. Durante o levantamento militar do 18 de xullo de 1936 atopábase no estranxeiro pero regresou a Madrid para colaborar co goberno republicano. Posto a disposición do seu partido e do goberno, ocupou o cargo de vicepresidente do PSOE (1938) e foi nomeado subsecretario de Armanento, colaborando directamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Especializado en material relacionado co ensino e cos movementos de renovación pedagóxica, foi membro fundador da Fundación Castelao, fundador e secretario adxunto da Fundación do Pedrón de Ouro, e presidente e membro fundador de Galix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Escribiu os libros de versos dedicados aos nenos Cousas para facer, dicir e pensar (1987) e O albendar dos animais (1987); o relato Por se che pasa (1988); as novelas xuvenís A verdade na bufarda (1991) e Chano (1991); a colección de relatos breves Contos de ir e volver (1994); diversos traballos sobre a figura de destacados autores galegos, especialmente Castelao, como Castelao corenta anos despois (1950-1990) (1991), A vida de Rafael Dieste (1995), A vida de Xesús Ferro Couselo (1996) e A vida de Eladio Rodríguez (2001); e os libros Que facer coas palabras? (1998) e Para iso está o futuro...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bibliófilo, escritor e industrial. Foi un dos fundadores do primeiro Centro Gallego en Bos Aires e refutou a tese de que Cristovo Colón era galego. Publicou Cristóbal Colón. Su origen y su patria (1912) e Colombinos Art Nouveau: nuevo campeón. Un zapatero que ahorca el tirapié (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Juan Manuel Fernández Pacheco-Cabrera de Bobadilla y Zúñiga.
-
GALICIA
Pintora. Realizou estudos no Círculo de Bellas Artes e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando en Madrid, e en Italia. O seu estilo evolucionou desde o realismo intimista ata obras de temas ambiguos e representacións case inaprensibles de temática mitolóxica ou literaria, influenciada pola súa estadía en Italia onde descubriu o Renacemento para o conxunto da súa obra. Destacan Vida, muerte y resurrección de Virginia Wolf, El nacimiento, El ciclo del amor e La primavera.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e cronista. Despois da súa formación en Italia, sucedeu a Juan de Mena como cronista de Enrique IV. Participou activamente nas negociacións do matrimonio de Isabel a Católica con Fernando de Aragón. É autor de Batalla campal de los perros y los lobos (1456), obra satírica; Tratado de la perfección militar (1460) e Alphonsi Palentini Hispaniensia ex annalibus suorum diebus colligentis, traducida e editada en castelán como Crónica de Enrique IV (1904-1908). Escribiu tamén o Universal vocabulario en latín y en romance (1490), anterior ao de Nebrija.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e historiador, marqués de Miraflores e conde de Villapaterna. Colaborou estreitamente con R. Narváez durante o década moderada. En 1846 foi ministro de Estado e de Gobernación do Reino da Península e Adxacentes. Despois de afiliarse á Unión Liberal, presidiu o Consello de Ministros (1863-1964). É autor de Apuntes históricos para escribir la historia de la revolución de España desde el año 1820 hasta 1823 (1834) e Memorias para escribir la historia contemporánea de los siete primeros años del reinado de Isabel II (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor e director teatral. En 1989 fundou o Teatro do Morcego coa intención de promocionar e profesionalizar o teatro en galego. Ademais, traduciu textos teatrais e foi coautor do Dicionario da Lingua Galega (3 vol, 1986). Coa súa compañía produciu Misterio cómico (1991), O lazariño de Tormes (1998), Os vellos non deben de namorarse (2001) e A gran ilusión (2002), e co CDG obras como A comedia do gurgullo (2004). Participou nos filmes Huidos (1992), A lingua das bolboretas (1999), O lapis do carpinteiro (2003) e O ano da carracha (2004) e en varias series de televisión. Recibiu o Premio Compostela ao mellor actor por Misterio Cómico (1992) e o Premio María Casares á mellor versión por o Lazariño de Tormes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Artista autodidacta, realizou cruceiros, figuras relixiosas e profanas, nus, fontes, escudos, construcións e figuras móbiles. A súa obra, caracterizada pola forza expresiva, con influencia do románico galego, está espallada por España, Europa e América.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Santiago de Compostela 1880 - A Coruña 1950) Mestre. Realizou estudos de maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (1894-1897) e na de Madrid (1897-1898). Desde o curso 1902-1903 foi mestre da escola pública da rúa do Socorro, na Coruña e, pouco despois, da escola de nenos da rúa Orzán, ata o ano 1950. Centrou o seu labor docente no estudo do neno e na acción educativa nas distintas situacións e, neste sentido, participou no programa de clases nocturnas para obreiros, organizadas pola Escuela Popular Gratuita. Desde 1903 formou parte da organización das colonias escolares da Lagoa, nas Mariñas, e, desde 1906 dirixiu as Colonias Escolares de Niños Pretuberculosos. Ademais, a súa acción escolar completouse coa participación e dirección pedagóxica, compartida con X. R. García Niebla, do Patronato Local de Colonias, e coa colaboración na FETE e na Institución Vanguardia Pedagógica. En 1912, a través da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, realizou...
-
PERSOEIRO
Poeta e editor. Formou parte do Front Nacional de Catalunya e como editor contribuíu á recuperación da actividade literaria en Catalunya tras a Guerra Civil Española. Creou as series de poesía Els Llibres de l’Óssa Menor (1949) e Els Llibres de les Quatre Estacions, e os premios Óssa Menor de poesía e Carles Riba. Escribiu poemas en galego e catalán, que recolleu en El llibre dels verns (1985). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño e político. Delegado territorial de Pontevedra da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (1990), participou na redacción da Lei de Pesca de Galicia e foi director xeral de Marisqueo e Acuicultura (1993-1995). Foi vicepresidente do consello de administración do Organismo Autónomo Provincial de Xestión e Recadación de Recursos Locais (ORAL) e do Patronato do Museo de Pontevedra. Alcalde de Pontevedra polo PP (1995-1999), foi vicepresidente económico da Deputación Provincial de Pontevedra desde 1999.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Destacou pola consideración nos proxectos dunha análise topográfica e cultural do lugar onde se sitúan as súas obras. Nas obras de rehabilitación parte dun estudo dos elementos preexistentes para conxugalos coa arquitectura de nova creación. Aos materiais tradicionais, a pedra e a madeira, engádelles puntualmente outros máis actuais como o cinc e o aceiro. Destaca tamén o emprego do aluminio no exterior dos edificios, xeralmente de uso públicos. Das súas obras caben salientar os centros de saúde da Doblada (1993-1999), Coia (1996-1999) e Casco Vello (2001-2003) de Vigo, o pavillón polideportivo de Manzaneda (1998-2000) e a facultade de Ciencias Económicas e Empresarias (1988-1991) e o novo Reitorado (2003) da Universidade de Vigo. A rehabilitación da Casa de Arines de Vigo (1998), sede do Instituto Camões, recibiu o Premio Gómez Román, e da dunha antiga fábrica de salgadura en Aldán (Cangas), para convertela nunha casa de turismo rural, o Premio Europa Nostra (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e poeta. Embaixador da República en Londres (1931-1936) e discípulo de Leopoldo Alas Clarín, a súa obra poética, modernista, en La paz del sendero (1904), converteuse en ideolóxica e conceptual a partir de El sendero innumerable (1916). As súas primeiras novelas foron realistas e con trazos autobiográficos, como A.M.D.G. (1910). Con Belarmino e Apolonio (1921) comezou unha nova etapa en que dominou o intelectualismo. Destacan tamén a súa novela en dous volumes Luna de miel, luna de hiel/Los trabajos de Urbano y Simona (1923), o libro de poemas El sendero andante (1921), e os ensaios Hermann encadenado. Libro del espíritu y del arte italiano (1917), Política y toros (1918) e Fábulas y ciudades (1961). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1927) e foi membro da Real Academia Española (1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Niebla e grande de España, comendador da orde de Calatrava. Foi mordomo de Carlos II e lugartenente de Catalunya (1690-1693), e fracasou na loita contra os franceses. De volta na corte, primeiro apoiou a Mariana de Neoburgo pero máis tarde defendeu os Borbóns.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Traballou como redactor no Diario de Lérida, como redactor xefe en El Correo Gallego e xefe de sección de El Progreso para logo pasar á CRTVG, onde foi xefe de Informativos da Televisión de Galicia e, desde xullo de 2002, director da Radio Galega. Presidiu a Asociación da Prensa de Lugo e a Federación de Asociacións de Prensa de Galicia. Publicou Historia de la Casa-Fortaleza de Camba (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Xeneral, durante a Revolución de Setembro de 1868 participou no derrocamento da Raíña Isabel II. Tomou parte nas principais accións militares contra os independentistas cubanos e, de volta á Península (1881), foi gobernador militar de Ciudad Real e capitán xeneral de Castela a Vella e Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO