"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
PERSOEIRO
Nome co que se coñece en Occidente a Abū-l-Farağ ibn al-’Ibrī, escritor e bispo da igrexa siroxacobita. Polígrafo, bo coñecedor da cultura islámica e da occidental, escribiu diversas obras de Teoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Produtora, axudanta de cámara e realizadora cinematográfica. Realizou estudos de delineante, pero sempre se sentiu atraída polo mundo creativo. No 1984 creou a súa propia produtora: Milagros Bará PC. Despois de traballar como axudanta de cámara en varios programas da TVG, trasladouse a Madrid. As curtametraxes, ambas en 35 mm, nas que asumiu maior responsabilidade (produción, guión e dirección) foron Só para nenos (1985) e O resplandor da noite (1989). Actualmente traballa como responsable de comunicación de varias empresas ademais de xestionar varios blogs culturais sobre Cristovo Colón e Manuel Quiroga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a barba negra.
-
PERSOEIRO
Poeta inglés. Autor, entre outras, de Thirty Preliminary Poems (Trinta poemas preliminares, 1933), Poems (Poemas, 1935), Calamiterror (1937), The Golden Chains (As cadeas de ouro, 1968), Poems of Places and People (Poemas de lugares e xente, 1971), Dialogues, etc (Diálogos, etc, 1976) e Villa Stellar (1978); emprega nos seus poemas unha imaxinería violenta, sensual e romántica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Barómetro, xeralmente aneroide, que leva encaixado un mecanismo de rexistro; este permítelle debuxar sobre un gráfico a curva de variación da presión atmosférica en función do tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico obtido cun barógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que rexistra ao mesmo tempo as variacións de presión e de temperatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extensas áreas do escudo canadense, tamén chamadas Barren Lands, constituídas por rochas cristalinas e duras do Precámbrico, arrasadas e pulidas polo xeo, onde se formou unha gran cantidade de lagos e depresións de orixe glacial. Algúns destes lagos enchéronse de sedimentos ou ben de restos vexetais ou liques que constituíron rexións pantanosas moi semellantes ás turbeiras coñecidas co nome de muskegs.
-
GALICIA
Mestre de cantería. Reconstruíu as igrexas parroquiais de Santiago de Sáa e Santa María de Fijos no concello de Lugo. Estivo en prisión por non cumprir o compromiso de trasladar o rolo da praza das Cortiñas ao campo de San Roque (1575), obra que realizaría posteriormente. En 1581 fixo unha fonte para o barrio de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga igrexa de Moscova, construída entre 1555-1560 polos arquitectos Barma e Posnik co gallo da Victoria de Kazan; está situada na Praza Vermella. Orixinariamente estivo dedicada á Intercesión da Nai de Deus (Pokroeskij Sobor). Consta dun núcleo central coroado en pirámide e rodeado de oito capelas con cúpulas diferentes que descansan sobre arcos volados. Esta diversidade de formas está realzada pola policromía dos muros e pola decoración cerámica.
-
PERSOEIRO
Teólogo e bispo de Cesarea (370-378), pertencente a unha familia de santos, foi un dos catro padres da Igrexa grega. Logo dunha estadía en Neocesarea, na ribeira do Iris, entregouse á vida eremítica segundo a regra de san Basilio. Dende o ano 363 foi conselleiro de Eusebio, bispo de Cesarea, que o ordenara sacerdote cinco anos antes. Cando o sucedeu como bispo (370), converteuse no sucesor de Atanasio como xefe da ortodoxia fronte ás doutrinas heréticas de Ario e ás presións do Emperador Valente, que profesaba o Arianismo. Lexislador do monaquismo oriental, redactou a regra dos monxes basilianos, a única orde monástica que existe na Igrexa grega. Esta regra sería aproveitada en parte por san Bieito, fundador do monaquismo en Occidente. A vida de san Basilio foi enriquecida con lendas recollidas por Jacopo de Voragine na Lenda dourada. Entre as súas obras, que o converten nun dos grandes Padres da Igrexa Oriental, cómpre salientar: Contra Eunomio (363-365), de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Regra monástica fixada por San Basilio o Grande durante o tempo que permaneceu xunto con numerosos discípulos preto de Neocesarea. A ascética basiliana está influída polo dualismo platónico. As principais regras refírense á vida en común, ao silencio e á temperanza. A acción apostólica dos monxes proxéctase cara á beneficiencia e ao ensino.
-
PERSOEIRO
Antropólogo norteamericano de orixe inglesa. Traballou no campo da Antropoloxía Social. Realizou estudios sobre os habitantes de Bali (coa colaboración da súa muller, Margaret Mead) e Nova Guinea. Posteriormente se interesou no estudo do comportamento humano, combinando a Antropoloxía, a Psiquiatría, a Bioloxía e a Ecoloxía. Nesta liña cómpre remarcar Steps to an Ecology of Mind (Pasos para unha ecoloxía do pensamento, 1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Descrición e rexistro das profundidades do mar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á batigrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato, tamén chamado BT, que rexistra as variacións da temperatura da auga en función da profundidade. Acada uns 300 m de profundidade.
-
PERSOEIRO
Director de banda militar de música e compositor. Foi discípulo de Tomás Bretón. Viviu en Ferrol desde 1910, sendo director da Banda de Infantería de Mariña. Xa en 1911 gañou o primeiro premio cun Himno nuns xogos florais celebrados nesa cidade; dous anos despois compuxo o pasodobre El tren de la alegría, para conmemorar a inauguración do ferrocarril Betanzos-Ferrol, e no 1915 gañou en Vigo un certame internacional de bandas militares. Na súa produción, influída polo folclore galego, hai música militar, pasodobres (Lugo-Ferrol, Os fillos de Canido), zarzuelas (La figlia de Jorio, Cantuxa, Mari Lorenza, Aires de la sierra, Zoraida) e pezas sinfónicas; entre todas as composicións destaca a zarzuela Cantuxa, con letra de Adolfo Torrado. Ademais, completou Luces de Verbena de Reveriano Soutullo. A súa obra, aínda descoñecida, amosa unha estética wagneriana e posromántica. Cada ano o concello...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Belgrado ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Belgrado.
-
-
CAPITAIS
Capital de Iugoslavia e da República de Serbia (1.168.454 h [1994]). Está situada entre a área de outeiros do N da Šumadija e o ángulo de confluencia dos ríos Sava e Danubio. Cara ao NO foi construído, despois da Segunda Guerra Mundial, o Belgrado Novo (Novi Beograd) que, xuntamente coa localidade de Zemun, máis ao norte, forman unha unidade administrativa. Belgrado é o centro administrativo e económico de Serbia. Ten como centro cultural e de ensinanza superior a Universidade de Belgrado, fundada no ano 1863. Entre os seus monumentos, ademais da cidadela, son dignos de mención a igrexa ortodoxa de San Marcos e a mesquita Barxak (s XVI). A antiga Singidunum foi fortificada polos celtas no s III a C. Baixo o poder búlgaro, no s IX recibiu o nome eslavo de Belgrado (‘cidade branca’). Baixo poder turco dende 1521 a 1867, prosperou economicamente como intermediaria no comercio entre Venecia e o norte dos Balcáns. Dende a revolta serbia de Karadjordje Petrovič (1804) foi considerada...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia dos países neutrais convocada por Iugoslavia e Exipto, celebrada do 1 ao 6 de setembro de 1961. Contou coa participación de Afganistán, Arabia Saudí, Alxeria, Birmania (hoxe Myanmar), Camboxa, Ceilán (Sri Lanka), Congo-Kinshasa (República Democrática do Congo), Cuba, Chipre, Etiopia, Ghana, Guinea, Iemen, India, Indonesia, Iraq, Iugoslavia, Líbano, Mali, Marrocos, Nepal, República Árabe Unida (Exipto), Somalia, Sudán e Tunisia. Acordáronse resolucións anticolonialistas, criticouse o apartheid sudafricano, solicitouse o desarmamento e a prohibición de armas nucleares, demandouse o ingreso da China Popular na ONU e adoptáronse diversas resolucións sobre Berlín e Palestina.