"Icía" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

    1. de iniciar ou iniciarse.

    2. Que ou quen participa do coñecemento de algo que é secreto ou só sabido por un grupo reducido.

    3. Persoa que pasou por unha cerimonia de iniciación.

    4. Membro dunha seita ou dunha sociedade secreta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen inicia.

    2. cebador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está ou se corresponde ao inicio de algo.

      1. Aplícase á palabra que é a primeira dunha oración.

      2. Aplícase á vogal precedida de consoante que é a primeira vogal dunha palabra (castro); cando esta vocal non vai precedida de consoante, denomínase inicial absoluta (anil).

      3. Aplícase á letra coa que comeza unha palabra.

      4. Conxunto formado pola letra inicial dun nome e un apelido, ou pola de todos os apelidos, dunha persoa. OBS: Úsase normalmente en plural.

      5. Letra que serve de inicio a un parágrafo, capítulo, libro, etc. Normalmente son letras máis grosas ca as empregadas no texto. Comezáronse a utilizar nos manuscritos do s XII, sendo debuxadas polos crisógrafos e coloreadas polos iluminadores.

    2. Célula embrionaria que, mediante divisións sucesivas, actúa como axente principal do crecemento dos órganos dos vexetais inferiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar inicio ou comezo a algo.

    2. Ensinar ou proporcionar a alguén os primeiros coñecementos ou experiencias de algo.

    3. Introducir ou admitir a alguén nunha sociedade secreta ou comunidade relixiosa.

    4. Realizar as operacións propias de cando se pon en marcha un sistema ou cando comeza a execución dun programa.

    5. Ter inicio algo.

    6. Adquirir os primeiros coñecementos ou experiencias de algo.

    7. Entrar alguén nunha sociedade secreta ou comunidade relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á iniciación. OBS: Úsase normalmente para referirse a unha sociedade secreta ou comunidade relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proposta, idea ou decisión que posibilita o inicio ou a realización de algo.

    2. Acción de quen propón ou fai algo antes cós demais.

    3. Calidade ou capacidade de quen decide ou emprende algo con decisión.

    4. Potestade para formular unha lei mediante a presentación ao Parlamento dun texto articulado con prescricións normativas. Gozan desta potestade o goberno, membros do Congreso e Senado, Parlamentos autonómicos e o pobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa militar do goberno estadounidense proxectado e desenvolvido polo presidente R. Reagan e a súa administración e feito público en 1983. O seu obxectivo era destruír os mísiles balísticos intercontinentais soviéticos mediante sistemas de armas instalados no espazo e na terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de inmundo.

    2. Aplícase ao que mancha, ensucia ou contamina. OBS: Úsase normalmente en plural.

    3. Aplícase ao que non é moral nin decente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación Pedro Barrié de la Maza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos intersticios.

    2. Que é propio dos intersticios de areas litorais.

    3. Aplícase ao mineral dunha rocha que ocupa os intersticios entre os restantes minerais que a forman.

    4. Composto cristalino formado por metais de transición e elementos lixeiros, en que os átomos lixeiros se sitúan nos intersticios da malla espacial do metal de transición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de carácter literario editado na Coruña a partir do 2 de maio de 1857. Cesou a súa edición ao redor do mes de outubro dese ano. Dirixírono en diferentes etapas Xosé Puente, Ricardo Puente e Carlos Muñoz. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Domingo Puga. Ademais da información xeral e cultural, no ámbito literario cómpre salientar a colaboración de destacados escritores do Rexurdimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado na Coruña a partir do 1 de marzo de 1880. Subtitulouse “Semanario de intereses generales”. Cesou a súa edición o 27 de setembro do mesmo ano. Fundado e dirixido por Alexandre Puig e Ricardo Caruncho, incluíu información sobre literatura, ciencias, agricultura, industria e comercio. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Las Noticias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación que reuniu as irmandades locais e comarcais do Reino de Galicia establecida en 1467. Aprobada e ordenada polo Rei Enrique IV de Castela, estaba integrada polos alcaldes, deputados ou procuradores e cuadrilleiros. Dirixiu a Segunda Guerra Irmandiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento da bilirrubina circulante, que provoca a aparición dunha cor amarelada na pel e nas mucosas, especialmente nas costas, no pescozo e na cara. Pódense clasificar en hemolíticas, cando aumenta a bilirrubina do sangue a causa dunha hemólise esaxerada, e colestáticas, cando presentan colestase. Entre as hemolíticas cómpre destacar a grave, familiar ou do neonato (eritroblastose fetal). OBS: Tamén recibe o nome de enfermidade de Abrami.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de xaneiro de 1860. Desde finais de 1860 ata 1862 tivo unha segunda época. Subtitulouse “Revista de instrución pública, ciencias, literatura, bellas artes e intereses materiales”. Difundiron o proxecto Xosé Agra e Xosé Rodríguez Ruibal, mentres que Xosé Planellas exerceu como director. O seu obxectivo era mellorar o nivel cultural e técnico de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de tendencia republicana editado en Pontevedra a partir do 4 de decembro de 1886, que cesou a súa edición en 1890. Subtitulouse “Diario político”. Fundado e dirixido por Indalecio Armesto, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Rogelio Quintáns. Naceu como continuador de El Anunciador e trala escisión do Partido Republicano Progresista. Incluíu, sobre todo, información política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Rianxo a partir de abril de 1914, que   cesou ao chegar ao seu sexto número. Fundado por Xosé Arcos Moldes, a súa tendencia era agrarista-maurista. Exerceu como voceiro de Acción Gallega e foi o continuador de El Barbero Municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación Xeográfica Protexida creada pola Orde de 7 de febreiro de 1997 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. A zona de produción e elaboración   abarca todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Enténdese por lacón galego as extremidades dianteiras do porco unha vez curadas, que cumpran as características anatómicas, de orixe, corte, elaboración, curación e comercialización, e que pertenzan ás razas Celta, Large White, Landrace, Duroc e aos seus cruzamentos, aínda que se acepta o cruzamento coas razas Branco Belga e Pietrain. Os lacóns clasifícanse en lacón galego tradicional, cando proceden de porcos alimentados tradicionalmente, e lacón galego, se os animais foron alimentados con pensos autorizados e controlados polo Consello Regulador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.

    VER O DETALLE DO TERMO