"Ivo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 721.

    1. Relativo ou pertencente a Costa de Marfil ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Costa de Marfil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico estadounidense. Atraído inicialmente pola civilización hindú, realizou Shakespeare Wallah (1964), The Guru (1969), e Bombay Talkies (1970). Posteriormente volveu a Occidente, onde dirixiu adaptacións literarias de prestixio, como Quartet (1981), The Bostonians (1983), A Room with a View (1985), Maurice (1987), Mr. and Mrs. Bridges (1990), Howards End (1992), The Remains of the Day (1993), ou A Soldier’s Daughter Never Cries (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo creado na Escola de Maxisterio de Pontevedra por Antón Lamapereira e Manuel F. Vieites en 1987, ao abeiro da Aula de Teatro da citada escola universitaria. Despois de estrear Colorín Colorado en 1987, en 1988 presentaron Pimpirulandia, un espectáculo do que se realizaron máis de 65 funcións. En 1990 presentaron o espectáculo Rodatola, unha creación colectiva dirixida por Manuel F. Vieites e Manuela Rodríguez Lorenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente cálida do hemisferio boreal, no Océano Pacífico. Formada ao N de Filipinas, flúe cara ao NL ao longo da costa de Xapón. Á altura do paralelo 35?N mestúrase cunha corrente fría do SL e convértese na corrente do Pacífico Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal que se alimenta de larvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está entregado aos praceres sexuais.

    2. Que revela lascivia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten propiedades laxantes. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos días en que hai clase nos centros docentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei, aprobada en 1990, que pretendeu adaptar o sistema educativo á realidade da sociedade española. En 1987 presentouse o Proyecto para la Reforma de la Enseñanza. Propuesta para debate, que foi completado en 1988 cun anexo dedicado ao ensino técnico-profesional. A redacción definitiva do proxecto quedou rematada en abril de 1989 para ser publicado como Libro Blanco para la Reforma del Sistema Educativo en que se analizaba a realidade educativa española e se xustificaba a súa necesidade ao tempo que se fixaban os seus obxectivos e se organizaban, na súa totalidade, os niveis educativos non universitarios. Intentou dar unha correcta solución aos problemas especificamente educativos de España. Desde o seu enunciado terá como tarefa fundamental a de solucionar os erros de concepción, as insuficiencias e as disfuncionalidades do sistema educativo. Ampliou a educación básica ata os 16 anos en condicións de gratuidade e obrigatoriedade e auspiciou unha reordenación do réxime xeral de educación...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pode abrandar ou suavizar.

    2. Substancia que ten efectos suavizantes.

    3. Método para aliviar a dor ou o sufrimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa ou pode causar lesión, dano ou prexuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten o dereito e a potestade de lexislar.

    2. Relativo ou pertencente á lexislación ou aos lexisladores.

    3. Órgano ou organismo encargado de lexislar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que serve para limitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo mariño que se alimenta dos detritos orgánicos que atopa entre o lodo dos fondos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: limívoro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actor cinematográfico italiano. Coñecido como Yves Montand, naturalizouse francés e destacou cun estilo propio na canción francesa. Participou nos filmes musicais e dramáticos Le salaire de la peur (1952), Let’s Make Love (1960) ou Vivre pour vivre (1966). Tamén interveu en filmes de carácter político, dos que destacan Z (1969), L’aveu (1970), État de siège (1973), Trois places pour le 26 (1988) e Netchaïev est de retour (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Michigan, EE UU, situada no suburbio O de Detroit (100.850 h [1990]). É un centro industrial e residencial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica que ocupa a parte S de Estonia e o N de Letonia. Sitúase entre o golfo de Rīga, o Mar Báltico e o lago Čudskoje de O a L, e limitada ao S polo río Dvina Occidental. Habitada polos livonios, foron sometidos inicialmente a influencia eslava (s XI) e cara a mediados do s XII os xermanos iniciaron a súa conquista. O proceso de cristianización, iniciado polo bispo Meinhard (1186), atopou unha forte resistencia que fixo que os papas Celestino III e Inocencio III predicaran unha cruzada contra os livonios. O bispo Alberte de Buxhövden obtivo do papado a fundación da Milicia de Cristo, popularmente coñecida como Cabaleiros Portaespadas (1204), para difundir o cristianismo entre os livonios e a cambio cedeulles unha porción do territorio. A unión dos cruzados alemáns cos cabaleiros da orde teutónica levou ao nacemento da orde livonia. O país enriqueceuse grazas ao comercio hanseático que mantiña cos países veciños, mentres o poder político se concentrou nas mans da orde,...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Livonia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Livonia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo livonio.

      2. Individuo do pobo livonio.

      3. Pobo finoúgrio que estivo sometido a influencia eslava desde o s XI, e que habita na costa do N de Curlandia.

    1. Lingua da familia lingüística finoúgria do phylum urálico que se fala no extremo norte de Curlandia. Recibiu a influencia do letón tanto no léxico coma na estrutura gramatical.

    VER O DETALLE DO TERMO