"Omo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 696.

  • Sal disódico de dibromohidroximercurifluoresceína. As súas solucións vermellas son empregadas como antisépticos en pequenas feridas. É denominado correntemente mercromina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha función que é analítica nunha rexión A, excepto nos polos, e onde A está contida no dominio desa función.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos meróstomos.

    2. Artrópodo da clase dos meróstomos.

    3. Clase de artrópodos quelicerados, que presentan respiración branquial co lombo dividido nun prosoma (ou cefalotórax, non equivalente ao dos crustáceos) e un opistosoma (ou abdome), este último dividido en mesosoma e metasoma. Son todos tropicais e inclúe formas mariñas e de auga doce. Coñécense formas prehistóricas desde o Cámbrico, pero existen poucos exemplares fósiles. A especie máis coñecida é Limulus polyphemus, e está considerado por algúns autores como un fósil vivente, debido á súa rareza e antigüidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dun corpo mesomorfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao estado de agregación da materia intermedia entre o estado amorfo e o estado cristalino. Hai dous tipos de estado mesomorfo: o estado esméctico e o estado nemático.

    2. Que ou quen presenta un gran desenvolvemento de músculos, ósos e tecido conxuntivo, segundo a clasificación de Sheldon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno de rexeneración dos órganos por división celular interna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega en pedagoxía musical e que produce un ruído semellante ao tictac dun reloxo, con intervalos regulares, cunha duración que pode variar mediante un peso móbil colocado no péndulo do aparato. Serve para indicar os tempos dunha composición musical á velocidade adecuada. Inventouno D. N. Winkel, mais difundiuno J. N. Mälzel, quen se atribuíu a invención.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jakob Liebmann Meyer Beer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Motor eléctrico de pequenas dimensións. Xeralmente son motores asíncronos que se alimentan con corrente alterna monofásica. Algúns modelos son de velocidade regulable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a boca pequena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para facer cortes moi finos e regulares de tecidos vexetais ou animais para a elaboración de preparacións microscópicas. O micrótomo de caracol ou manual emprégase principalmente para cortar tecidos vexetais. Os micrótomos universais son de precisión e máis complexos e variados, e o material debe ser incluído previamente en parafina, celoidina ou calquera outra substancia plástica. O micrótomo de conxelación emprégase para cortar material conxelado. A microscopia electrónica esixe o uso dun aparato de alta precisión, denominado ultramicrótomo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos migalomorfos.

    2. Artrópodo da suborde dos migalomorfos.

    3. Suborde de artrópodos, da clase dos arácnidos, que posúen dou pares de pulmóns en libro, coa unlla do quelícero articulada no mesmo plano ca o eixe lonxitudinal do corpo. Nesta suborde inclúense as mígalas. Son de gran tamaño e a maioría cazan á espreita, aínda que tamén hai especies que fabrican tea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Representación dramática a través de xestos ou mímica.

    2. Xesto ou burla que se fai, regularmente, para facer rir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Covas e Pexeiros (Os Blancos). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos momótidos.

    2. Ave da familia dos momótidos.

    3. Familia de aves, da orde dos coraciformes, de 17 a 47 cm, que teñen o bico lixeiramente curvo e cos bordos dentados. Son insectívoras e fruxívoras, e habitan no S de México, en América Central e na zona tropical de América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves coraciformes, da familia dos momótidos, que presentan un bico longo e curvo e plumaxe de cores vistosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten unha soa cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación matemática inxectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presentan o mesmo tipo de flor.

    VER O DETALLE DO TERMO