"ROM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1150.

  • Tubo membranoso que vai dende o ángulo superior do útero ata o ovario do lado correspondente e que está situado entre as follas do ligamento ancho. A extremidade externa, chamada pavillón, é libre e recolle o óvulo para transportalo ata o útero. Descrito polo anatomista italiano G. Falloppio, tamén se coñece co nome de trompa uterina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trompa de Fallopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade, adquirida ou herdada, que se caracteriza por un transtorno dos túbulos proximais do ril, de causa descoñecida. A forma hereditaria provoca acidose tubular renal, glicosuria, fosfaturia, aminoaciduria, hipopotasemia, raquitismo, poliuria e polidipsia; asociada á cistinuria aparece, ademais, retraso do crecemento e insuficiencia renal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrado. Vinculeiro dunha familia fidalga, despois de realizar os estudios básicos e de gramática -con toda probabilidade en Allariz-, renunciou ao morgado da súa casa e en 1690 ingresou no mosteiro beneditino de San Xián de Samos, onde permaneceu dous anos. Tomou os hábitos en 1692. Residiu en Salamanca (1695-1698), para a realización dos seus estudios universitarios, e en Eslonza (León), e nos mosteiros de Lérez e Poio, onde exerceu como mestre de artes e teoloxía. En 1709 trasladouse ao colexio de San Vicente de Oviedo, onde permaneceu ata a súa morte. Doutor en Teoloxía pola Universidad de Oviedo, ocupou as cátedras de San Tomé e de Vésperas, e obtivo tamén a de Prima (1737-1739). Foi mestre xeral da orde beneditina (1724) e abade de San Vicente en dúas ocasións. Renunciou aos cargos de abade dos conventos de Samos e de San Martín (Madrid) en 1725 e, ao ano seguinte, a un bispado en América. En 1739 retirouse do ensino e dedicouse dende entón a escribir. Gozou da protección da súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artrite reumatoide na que aparece esplenomegalia e leucopenia con neutropenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor que se desenvolve a partir das células cromafínicas, que son as encargadas de sintetizar, almacenar e secretar a adrenalina e a noradrenalina, e que se localizan na medula suprarrenal ou en lugares aberrantes. A súa sintomatoloxía débese a un aumento importante das catecolaminas no sangue, e dá lugar a hipertensión, hiperglicemia e transtornos cardíacos, entre outros síntomas. Os tumores que derivan de células cromafínicas extramedulares denomínanse feocromocitomas extra-adrenais ou paragangliomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario. Diplomado polo Instituto Internacional de Empresas da Universidad de Deusto, desempeñou a súa actividade no sector marítimo, conserveiro e turístico. Foi presidente de diversas entidades, entre outras, Asociación de Navieros Españoles (ANAVE) (1978-1985), Confederación Empresarial Independiente de Madrid (CEIM) (desde 1985); e desde 1986 vicepresidente da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE). Preside o grupo de empresas que encabeza Naviera F. Tapias, as empresas conserveiras Conservas Peña e Conservas Portonovo, así como Viajes Sandras, Maniber e Bureau Veritas España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Romanía (1914-1927), fillo segundo do príncipe Leopoldo de Hohenzollern-Sigmaringen. En 1889 foi designado herdeiro polo seu tío Carlos I. Malia a súa orixe xermánica, na Primeira Guerra Mundial loitou ao lado dos aliados (1916-1918) e coa vitoria obtivo Transilvania, Bessarabia, Bukovina e case todo o banato de Temesvâr. Trala guerra fixo unha política de reconstrución e emprendeu unha reforma agraria (1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia química segregada ao exterior por un organismo, que inflúe no desenvolvemento, a reprodución e o comportamento social doutros individuos pertencentes á mesma especie, especialmente dos insectos e dos mamíferos. Empréganse amodo de sinal específico, como atractivo sexual, para marcar o territorio e para promover a cohesión social. As feromonas son xeralmente ácidos orgánicos ou alcohois moi volátiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de ferro e cromo, cun 60 a 75% de Cr, que se emprega na fabricación de aceiros especiais para a construción, resistencias eléctricas e aceiro inoxidable. Obtense no forno eléctrico a partir de minerais de Cr, coque e cuarzo. Forma carburos e mellora as propiedades da ferrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao mineral que contén ferro e magnesio como catións principais. Son exemplos as micas, os anfíbolos, os piroxenos e as olivinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ferromagnetismo.

    2. Aplícase á substancia que presenta ferromagnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade que teñen algunhas substancias de posuír unha susceptibilidade magnética positiva moi grande. Nestas substancias, o campo de indución magnética B é, polo tanto, moito máis intenso que no baleiro, para un mesmo valor da excitación magnética H. Os metais Fe, Co, Ni, Gd, Dy e algúns minerais e aliaxes metálicas son ferromagnéticos. As substancias ferromagnéticas teñen unha permeabilidade relativa moi elevada, ao redor de 1.000, variable en función do campo H e das condicións ás que se someteu o material, e se se anula o campo H, non se anula o B, e así permanecen magnetizadas (magnetismo remanente), polo que se poden empregar para fabricar imáns. Para cada substancia ferromagnética existe unha temperatura denominada de Curie que, unha vez sobrepasada, a substancia se volve paramagnética. Non existen líquidos nin gases ferromagnéticos. É un fenómeno que se debe a propiedades non atómicas nin moleculares, senón á estrutura cristalina. O...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de ferro e manganeso, cun 75 a 92% de Mn, que se emprega na fabricación de aceiros especiais para a construción, de aceiro inoxidable e para recubrimento de electrodos, e tamén como desoxidante e desulfurante. Obtense no alto forno ou en forno eléctrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de ferro e molibdeno, cun 58 a 75% de Mo, que se emprega na fabricación de aceiros de alto tempero, aceiro inoxidable e aceiros refractarios, e tamén en certos aceiros de corte rápido. Obtense por aluminotermia ou silicotermia do óxido de molibdeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de condroma no que os lóbulos cartilaxinosos están separados por tecido fibroso abundante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor de forma nodular, que pode chegar a ter grandes dimensións, constituído por tecido conxuntivo. É un tumor benigno e de crecemento lento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado caracterizado pola presenza de moitos fibromas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor formado por fibras musculares lisas, xunto con vasos e tecido conxuntivo abundante. Localízase xeralmente no útero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mixoma no que abundan fibroblastos maduros e tecido conectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO