"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • RIOS

    Río que nace no monte O Limo, na parroquia da Pedra (Cariño) e desemboca na praia de Cariño, na ría de Ortigueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Michoacán, México (619.958 h [2000]). É un centro industrial e unha rica comarca agrícola. Foi fundada en 1541 co nome de Valladolid e en 1828 recibiu o nome actual, en recordo de J. M. Morelos. O centro histórico da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Tarragona, Catalunya (2.332 h [2001]). A agricultura, que se dedica en gran parte ao cultivo da abelá, está en regresión tras a implantación dunha refinaría petroquímica no termo de La Pobla de Mafumet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana (2.715 h [2001]). A agricultura é basicamente de secaño, e predominan os cereais e as patacas. A industria está pouco desenvolvida, e tradicionalmente contou con obradoiros téxtiles e talleres de reparación de automóbiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de México (4.950 km2; 1.555.296 h [2000]). A súa capital é Cuernavaca. Limita ao N co estado de México, ao S cos estados de Guerrero e Puebla, e ao O cos de México e Guerrero. O clima ao N é frío nas montañas e tépedo nos vales, e ao S é cálido e húmido. A poboación duplicouse a mediados do s XX grazas á inmigración. A actividade céntrase basicamente no sector primario con cultivos de cana de azucre e de arroz, legumes, cereais, café, hortalizas e árbores froiteiras. Hai gandaría, e tamén industria, pouco importante, que produce cemento. A colonización castelá introduciu en 1530 o cultivo da cana de azucre, que co tempo se estendeu e se converteu en monocultivo. Ata 1869, cando se constituíu independente, formou parte do estado de México. En 1910 foi escenario da insurrección campesiña comandada por Zapata. Morto este, o estado favoreceu a política do partido agrarista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario mexicano. Sacerdote, en 1810 uniuse á revolta de M. Hidalgo. Proclamou a independencia mexicana (1813) en Chipalcingo, e unha constitución liberal en 1814, pero pouco despois os realistas sufocaron a revolta. Morreu fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción megalítica situada nas Pontes de García Rodríguez. Trátase dun dolmen de cámara poligonal pechada e sen corredor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae, en campo de goles, tres flores de lis de ouro, ben ordenadas. Outra variante leva, en campo de goles, tres rosas heráldicas de ouro, ben ordenadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Percorreu a costa americana e descubriu o arquipélago de Vava’u e varias illas de Oceanía. Foi secretario do vicerrei de México (1790-1793) e loitou contra os franceses e ingleses. Escribiu un Diario sobre a súa primeira viaxe pola costa americana onde recolleu datos sobre os pobos indíxenas e a flora da rexión. Tamén foi autor de Noticia de la navegación de la fragata “Princesa” al mando del alférez D. F. Mourelle desde Manila a San Blas por el Océano Pacífico en 1780 y 1781.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Doutorouse en Filosofía e Letras pola Universidad de Madrid (1964). En 1983 fundou e presidiu o Grupo Cultural Galicia en Madrid (GRUGALMA) e creou e dirixiu a revista Galicia en Madrid. Dirixiu o Centro de Estudios Humanísticos José Filgueira Valverde. Das súas obras destacan La teoría lingüística en la España del siglo XIX (1968), Historia y principios fundamentales de la lingüística (1977), Sintagmática de la comunicación verbal (1984), Introdución al estudo del lenguaje. Con aplicación a los medios de comunicación (1991) e   El lenguaje publicitario. Aproximación a su estudo (1994). Ademais é editor e colaborador dos libros Ramón Piñeiro y su circunstancia (1993), La lengua gallega en sus tratados (1994), El periodismo gallego en los siglos XIX y XX (1997), El 98 hispánico. Con atención especial a Galicia (1999) e El Camino madrileño-castellano de Santiago (2000). É membro da Real Academia de Cultura Valenciana...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Saviñao baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Queixo elaborado en Lacio e en Campania, orixinariamente con leite de búfala e actualmente de vaca. É de pasta tenra, branca e compacta, cru, caseificado entre 32° e 35° C, de maduración rápida e de sabor doce agradablemente acidulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Nogueira de Miño (Chantada) e Erbedeiro (Carballedo). O seu cumio acada os 634 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado na Casa do Concello da Coruña. Conta cunha colección de reloxos de diferente orixe, época e estilo, formada a partir de 82 pezas iniciais, que foron doadas por Antonio Ríos Mosquera en 1972. As pezas restantes proceden de diversas doazóns ou foron adquiridas polo concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo municipal de Vigo situado no pazo de Castrelos e inaugurado en 1937. A súa colección abrangue achados arqueolóxicos que van do Paleolítico ata a romanización, mobiliario e decoracion da época de construción do edificio, unha exposición permanente de pintura europea dos ss XVII-XVIII doada por Policarpo Sanz e unha importante mostra plástica de autores galegos do s XX, como Castelao, Colmeiro, Silveiro Rivas, Acisclo Manzano, Laxeiro e Urbano Lugrís. Ademais, conta cunha sala dedicada ao castro de Vigo e outra sobre a romanización da comarca. Pertence ao Consello Galego de Museos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de poemas de Ramón Cabanillas que apareceu en 1926 co subtítulo de “Sagas de R. Cabanillas. Dibuxos de Castelao”, editado por Lar. Está composto por tres sagas tituladas “A espada Escalibor” e “O cabaleiro do Sant Grial”, que xa se publicaran anteriormente por separado en varias publicacións da época, e “O sono do Rei Artur”. A través da súa poesía narrativa trata da lendaria corte artúrica e da busca do Santo Graal, polo que se encadra na tradición da orixe céltica do pobo galego e da súa dignificación a través do mito. Nos poemas, ademais das referencias á materia de Bretaña, é constante a presenza de elementos pondalianos e ossiánicos, algúns deles relacionados coa relixión dos druídas e outros ligados á cultura celta, na procura dun sincretismo entre os mundos celta, artúrico e galego. No relativo ás súas características, trátase duns versos provistos dun léxico, dunha fraseoloxía e dun gran número de adxectivos, propios da escola modernista. Ademais, cómpre salientar o emprego...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro italiano. Dirixiu traballos hidrográficos e a construción de estradas, pontes e canles no antigo imperio de Austria, en Suíza e en Italia. En 1855 foi a Exipto para encargarse da parte técnica do canal de Suez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo S da parroquia de Río Caldo (Lobios), no límite con Portugal. O seu cumio acada os 1.176 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nova Irlanda.

    VER O DETALLE DO TERMO