"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós do Peloponeso, Grecia (2.290 km2; 141.823 h [1991]). A capital é Corinto.
-
-
Relativo ou pertencente a Corinto ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Corinto.
-
orde arquitectónica.
-
Cerámica de figuras negras producida en Corinto entre os ss VII e VI a C. A súa temática é vexetal e animal.
-
-
CAPITAIS
Capital do nomós de Corintia, no Peloponeso, Grecia, situada no extremo occidental do canal homónimo (22.658 h [1981]). É un importante centro comercial de cereais, aceites e sedas. A actual cidade sitúase a pouca distancia ao NL da cidade orixinaria, unha das máis destacadas da Grecia antiga. Estivo sometida a Argos ata o s VIII a C tralas invasións dóricas. Cara ao ano 747 a C unha poderosa familia de armadores, os Baquíades, fíxose co poder e estableceu un réxime oligárquico. Baixo o goberno desta familia, a cidade enriqueceuse grazas á súa situación xeográfica como porta de entrada ao Peloponeso dende o N e paso marítimo a través do istmo. Fundou, entre outras, as colonias de Corcira, Acarnania na Calcídica, e Siracusa en Sicilia. Estableceu explotacións nas costas de Epiro e Iliria. Os Baquíades foron derrocados no 657 a C por Cipselo, quen estableceu unha tiranía continuada polo seu fillo Periandro. A política de expansión continuou co novo goberno, e fundaron Ambracia, Anactorio...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Personaxe mitolóxico epónimo da cidade de Corinto. Fillo de Maratón e neto de Epopeo, rei de Sición, facíase pasar por fillo de Zeus, fachenda da que se burlaban os demais gregos. Trala morte de seu pai, reinou na cidade de Corinto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canle artificial de Grecia, construído entre 1882 e 1893, que atravesa o istmo de Corinto e pon en comunicación o Mar Xónico co Exeo. Ten 6,4 km de lonxitude, entre 21 e 22 m de amplitude e 8 m de profundidade. Utilízano pequenas embarcacións para evitar a circunnavegación da península do Peloponeso.
-
GOLFOS
Golfo do Mar Xónico, continuación do golfo de Patres, que separa o Peloponeso da Península Balcánica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Franxa estreita de terra, cunha amplitude de 6 km, que une o Peloponeso coa Península Balcánica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto coral da zona da Estrada organizado e dirixido por Xosé Filgueira Baltar. O seu repertorio incluía pezas do folclore galego e obras de, entre outros, Pascual Veiga, Mauricio Farto ou Exidio Paz Hermo. Baixo a iniciativa de Manuel García Barros Ken Keirades, constituíuse un cadro de declamación que, entre outras obras, estreou A gavilla, da autoría de Álvaro de Las Casas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anel formado por catro núcleos pirrólicos unidos, tres mediante pontes de meteno e dous directamente, compartindo un enlace carbono-carbono. É un dos compoñentes da cianocobalamina ou vitamina B12.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos compostos que conteñen un anel de corrina.
-
TERRITORIOS
Territorio do Sacro Imperio, pertencente ao círculo do Baixo Rin-Westfalia, creado en 1203 sobre a antiga abadía de Corvey (en latín Corbeia Nova), sobre o Wesser, fundada no 822 por beneditinos de Corbie (Picardie). O bispado-principado foi secularizado no 1803 e entregado ao príncipe herdeiro Guillerme de Orange-Nassau. No 1807 pasou ao Reino de Westfalia e no 1815, a Prusia. En 1822 entregóuselle a Víctor-Amadeo I e, á súa morte (1834), pasou ao seu sobriño Víctor de Hohenlohe-Schillingfürst (morto no 1893) e aos seus sucesores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da beira setentrional da ría de Muros e Noia, situada no litoral da parroquia do Freixo de Sabardes (concello de Outes).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prateiro. Activo en Santiago de Compostela a finais do s XVI, en 1585 realizou unha cruz de prata para a igrexa de Santa María de Aguións (A Estrada) e outra, en 1592, para Santa María de Frades (A Estrada), coas imaxes de Cristo, os catro evanxelistas e a Virxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prateiro. En 1578 realizou unha cruz de prata coa imaxe de santa Caterina na parte posterior para a igrexa de San Xoán de Róo (Outes).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor, sobriño de Louis Couperin. Figura relevante da escola clavecinista francesa, sucedeu o seu pai no posto de organista de Saint Gervais e en 1717 nomeárono clavecinista real. Dentro da súa obra destacan catro libros con pezas para clavecín (1713, 1717, 1722 e 1730), Concerts royaux (1722), L’apothéose de Corelli (1724) e L’apothéose de Lully (1725). Compuxo tamén música vocal, profana e relixiosa, e escribiu o tratado L’art de toucher le clavecin (A arte de tocar o clavecín, 1716-1717), que contén nove pezas para este instrumento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Establecido en París, foi organista de Saint Gervais e violinista da capela real. Da súa produción destacan as pezas para teclado (órgano e clavecín) e para vento e corda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor intracranial conxénito derivado dos restos do tracto farínxeo-hipofítico primitivo, que pode orixinar síntomas derivados da compresión da hipófise e das vías oculares, como tamén un cadro de hipertensión intracranial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de anfibios da subclase dos laberintodontos, de ata 2 m de lonxitude, de corpo alongado e pisciforme, con ollos grandes e extremidades diminutas. Os seus fósiles localízanse en Escocia, en xacementos que no Carbonífero eran lagoas lamacentas.
-
-
Pelo áspero e longo que algúns animais teñen no pescozo e na cola.
-
Fibra vexetal que procede das palmeiras e que ten unha textura semellante ás crinas dos cabalos.
-
-
-
Que ten crina.
-
Que ten o cabelo longo.
-