"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dereito en virtude do cal a Corte Real, un señor feudal ou o concello das cidades libres podían confiscar os bens dun estranxeiro morto no territorio da súa xurisdición.
-
PERSOEIRO
Compositor, violinista e mestre de canto italiano. Na liña de evolución instrumental de Vivaldi, escribiu unha cincuentena de óperas, sonatas, balletti, concertos e sinfonías. Bach recuperou algúns dos seus temas para fugas. A súa obra estivo esquecida ata que no s XX volveu ser obxecto dun crecente interese, especialmente os seus Concerti grossi e o popular Adagio, obra creada polo musicólogo italiano contemporáneo R. Giazotto a partir dun fragmento orixinal manuscrito.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Herba perenne, con talos de ata 100 cm de altura, glabra, de follas ovadas ou amplamente lanceoladas, de flores brancas ou rosadas, agrupadas en cimas densas, e de froitos capsulares oblongos. Emprégase contra a asma e algúns males da pel e, polo seu contido en saponinas, como sucedáneo do xabrón. Atópase amplamente distribuída por toda Galicia, en lugares húmidos, beiras de regatos e preto de camiños ou leiras.
-
escrofularia.
-
-
-
Confusión ou desorde producida por gargalladas, berros, rebumbio, etc.
-
Perturbación da orde pública producida por un grupo de persoas que actúan provocando disturbios.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto formado por unha albumina e un metal pesado, que se obtén xeralmente precipitando unha solución de albumina cun sal metálico.
-
-
Pertencente ou relativo á alcabala.
-
Libro no que figuraban as leis e ordenanzas relativas á forma na que debían repartirse e cobrarse as alcabalas.
-
Lista para a repartición e cobro de alcabalas.
-
Territorio no que se cobraban ou se pagaban as alcabalas.
-
-
PERSOEIRO
Político e escritor andaluz. Foi un dos líderes do Pronunciamento de Cabezas de San Juan (1820). Durante o Trienio Liberal ou Constitucional (1820-1823) pertenceu ao grupo dos ‘exaltados’. Foi Ministro de Mariña con Istúriz e de Fomento con Narváez. Interveu no nome dos ‘clasicistas’ na controversia Böhl-Faber (1818-1919). Máis adiante escribiu o prólogo revolucionario de El moro expósito (1834), se ben adoptou unha actitude máis ecléctica. Foi autor, entre outras obras, de Floresta de rimas antiguas castellanas (1822-1825) e Teatro español anterior a Lope de Vega (1832).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista andaluz. Elixido deputado no 1905 como membro do Partido Liberal. Cando este se fracciona, incorporouse ao grupo de García Prieto, que o nomeou Ministro de Fomento (1917) e de Guerra (1922). No 1930 declarouse republicano e forma parte do Comité Revolucionario. En abril de 1931, cando se proclamou a Segunda República Española, presidiu o Goberno Provisional. Ante as posicións laicas e reformistas dos parlamentarios, demitiu en outubro, pero dous meses despois aceptou a Presidencia da República. Despois do triunfo da Fronte Popular (febreiro, 1936) foi destituído e marchou a Francia e Arxentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produto da desintegración incompleta dos aminoácidos aromáticos, fenilalanina e tirosina. Chámase tamén ácido homoxentísico ou ácido dihidroxifenilacético.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria autosómica recesiva que consiste nunha deficiencia do enzima oxidasa do ácido homoxentísico ou alcaptona, que se acumula en cantidades anormais na urina e no tecido conectivo do que a padece a causa dunha degradación incompleta dos aminoácidos fenilalanina e tirosina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Toledo.
-
PERSOEIRO
Militar, historiador e xeógrafo americano. Sobre materiais recompilados polo seu pai Dionisio de Alcedo, publicou o Dicionario geográfico-histórico de las Indias Occidentales o América (1786-1789). Coa bibliografía acumulada, Alcedo compuxo un útil catálogo de autores de temas americanos: Biblioteca Americana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto italiano. Destacou polo uso do método histórico e lingüístico no estudo do Dereito Romano. Escribiu un tratado sobre o emblema, Emblematum libellus (1522).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico grego da escola de Pitágoras. O máis importante de entre os anteriores a Hipócrates, tentou conxugar o razoamento filosófico coa observación dos enfermos e a experimentación nos animais. Atribúeselle o descubrimento dos nervios ópticos, das trompas de Eustaquio e da distinción entre veas e arterias, que cría que conducían aire.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cada un dos sales de fórmula xeral ROM, obtidos substituíndo por un metal o hidróxeno do hidroxilo dun alcohol. Os alcoholatos (ou alcóxidos) noméanse poñendo o nome do anión seguido polo do metal, e o anión RO - desígnase unindo o sufixo -ato ao nome do alcohol ou do radical R, ou ben engadindo o sufixo -do ao nome do grupo alcoxilo RO - . Así, o composto C 2 H 5 ONa pode chamarse etanolato, etilato ou etóxido de sodio. Os alcoholatos máis coñecidos son os alcalinos, os alcalinotérreos e os de magnesio ou de aluminio. Prepáranse facendo reaccionar o alcohol, ben co metal en medio anhidro, ben cun óxido. Os alcaholatos descompóñense en contacto coa auga, rexenerando o alcohol e por acción da temperatura, con fragmentación da molécula. O seu principal uso é a síntese orgánica.
-
Cada un dos medicamentos ou líquidos aromatizantes constituídos por unha solución alcohólica de substancias volátiles, xeralmente de orixe vexetal. Chámanse simples ou compostos segundo se obteñan dunha ou de varias substancias.
-
-
GALICIA
Militar que ocupou cargos relevantes no exército ao servizo da Coroa. Iniciou a carreira militar no 1658 como Tenente de Mestre de Campo no Exército de Galicia onde acadou a distinción de Xeneral de Artillería. Fóra de España foi Gobernador político-militar de Mesina e de Alejandria de la Pulla en Milán. No 1682 foi Mestre de Campo Xeral do Exército de Catalunya, despois Xeneral dos Exércitos do Reino de Sicilia e Catalunya e membro do Consello de Guerra do Rei. Non chegou a ocupar o cargo de Vicerrei de Navarra por mor da súa morte aos 64 anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Impresor establecido en Santiago de Compostela a principios do s XVIII. No período de traballo da súa imprenta (1705-1726) saíron case todas as obras publicadas en Galicia, entre elas: Sinodales del obispado de Mondoñedo e Grano de teología moral de Barbeito.
-
PERSOEIRO
Poeta e novelista inglés. Da corrente imaxinista, acadou sona coas novelas Death of a Hero (Morte dun heroe, 1929), The Colonel´s Daughter (As fillas do coronel, 1931) e All Men Are Enemies (Todos os homes son inimigos, 1933). A partir do 1939, nos EE UU, decántase tamén por outros xéneros e escribiu estudios biográficos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. Catedrático de Dereito Político. Presidiu o Congreso da República Cispadana (1797). Influíu na unión da República Cispadana coa Cisalpina (1797). Foi Secretario de Estado durante o decenio de dominio napoleónico (1805-1815).
VER O DETALLE DO TERMO