"ues" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 481.

  • Ao contrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista, barón de Aulne. Recibiu a influencia dos fisiócratas e foi funcionario da administración francesa durante os reinados de Luís XV e Luís XVI. Foi ministro da Mariña, inspector xeral de finanzas e comercio e comisario de obras públicas (1774-1776). Estableceu a liberdade de comercio interior dos cereais, mellorou a situación da facenda e as finanzas do estado e suprimiu os gremios. Escribiu Réflexions sur la formation et la distribution des richesses (1766), o primeiro tratado sobre o valor e a distribución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fosfato hidratado de aluminio e cobre, de fórmula CuAl 6 (PO 4 ) 4 (OH) 3 ·4H 2 O, que cristaliza no sistema triclínico, moi poucas veces en cristais e xeralmente en masas densas e criptocristalinas ou de gran fino, e tamén en concrecións. A súa densidade é de 2,8 e a dureza de 6. Ten unha cor azul ceo ou verde azulada. É susceptible de ser puída e ten unha grande importancia en xoiaría.

      1. Que ten unha cor semellante á da turquesa.

      2. Cor entre o azul e o verde azulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abreviatura de unidade electrostática no sistema CGS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución financeira xurdida en 1912 da fusión do Bank in Winterthur (fundado en 1862) e o Toggenburger (fundado en 1863). A súa política de absorcións converteuna na primeira institución bancaria de Suíza. En 1997 fusionouse coa Société de Banque Suisse e creou o Banque Unie de Suisse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo económico e aduaneiro establecido por Costa de Marfil, Dahomey (Benin), Alto Volta (Burkina Faso), Mali, Mauritania, Níxer e Senegal en 1964. Os seus obxectivos eran establecer o libre cambio entre eles e facer unha redistribución dos ingresos aduaneiros procedentes das vendas a outros países non membros; pero estes obxectivos non foron acadados e había tantos réximes aduaneiros e fiscais como estados. En 1970 foi substituída pola Comunidade Económica de África Occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización fundada a raíz dos encontros que desde 1901 reuniron a traballadores galegos e do norte de Portugal para solucionar o problema da contratación dos portugueses polos patróns galegos como man de obra máis barata e pouco consciente do ideario obreiro. Entre as sociedades galegas afiliadas, a maior parte delas tiñan a súa orixe no sur da provincia de Pontevedra, cun marcado predominio dos socialistas. No segundo congreso (1902) adoptáronse unha serie de acordos que revelaron a súa orientación internacionalista e prosocialista. Entre os seus líderes destacou Heraclio Botana. O proceso de decadencia iniciado despois do congreso de Braga (1903), levou á súa desaparición en 1904.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e xornalista. Liberal, foi deputado por Vigo (1881-1922), subsecretario de Gobernación (1887) e ministro de Facenda con Sagasta, Montero Ríos e Romanones. En 1908 fundou o diario La Voz de Vigo e colaborou en Los Debates e El Correo. Fundador do Partido Nacional (1913) e presidente honorario da Cámara de Comercio de Vigo, desde 1923 foi nomeado senador con carácter vitalicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado por Carlos II en 1673 a Luís Sarmiento de Valladares e Meira, Arines e Troncoso , I vizconde de Meira e cabaleiro de Santiago. A súa filla, Catalina Sarmiento de Valladares y Toledo , foi a II marquesa de Valladares, pero ao morrer sen fillos, herdou a súa curmá Bernarda Dominga Sarmiento de Valladares e Guzmán , que tamén morreu sen descendencia, polo que o título foi parar a un parente, Bieito Alonso Enríquez e Sarmiento de Valladares (1700-1757), IV marqués de Valladares. O título continuou nos seus sucesores directos ata que á morte do IX marqués de Valladares, Fernando Quiñones de León e Elduayen (1883-1918), II marqués de Alcedo, VII marqués de Mos e grande de España, que cedeu á cidade de Vigo o pazo de Castrelos, o título pasou aos descendentes de María Dores Martínez e Montenegro, filla do VII marqués, liña na que continua. Trae por armas escudo cuartelado: primeiro, xaquelado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mecánico e inventor francés. Estudou anatomía, música e mecánica. En 1737 inventou un autómata que tocaba a frauta e despois construíu outros enxeños semellantes. Ideou unha bomba de auga, o primeiro torno automático, un tear tamén automático e diversas máquinas para a mecanización de pezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta francés. De nome Luc de Clapiers, escribiu Introdution à la connaissance de l’esprit humain, suivie de réflexions et de maximes (1746) sobre a capacidade humana para o ben, o valor das emocións e a exaltación da acción, polo que se considera un precursor das teorías de J. J. Rousseau e Sten­dhal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filóloga. Catedrática de Filoloxía Galega e Portuguesa na Unversidade de Santiago de Compostela, dedícase ao estudo da cultura lusa e brasileira e á súa difusión en España. Elaborou numerosos estudos, traballos de investigación e traducións ao castelán de autores portugueses e brasileiros, como Torga e Bandeira. Da súa produción destacan Gramática portuguesa (1940), Espanha ante o Ultimatum (1975), A poesía portuguesa actual (1976), A língua e a cultura portuguesas no tempo dos Filipes (1988), Eça de Queirós: El mandarín (1990) e O que um falante de português deve saber acerca do galego (2002). Recibiu a Medalla Castelao (1995) e é doutora honoris causa pola Universidade de Lisboa (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Carlos Manuel I de Savoia en 1617 a Álvaro Pérez de Losada y Cabeza de Vaca , señor de Rionegro del Puente (Zamora) e de Viance (Láncara).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Vigo ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario que ten a súa orixe nos morgados fundados por García de Caamaño e os seus fillos: Rubiáns, Vista Alegre e Barrantes. Rodrigo de Mendoza Soutomaior e Caamaño, morgado de Vista Alegre e Barrantes, mercou a vila de Vilagarcía e Arealonga, coa súa xurisdición civil e militar. Un dos seus fillos, Mauro de Mendoza Soutomaior e Caamaño (1594-?), señor de Rubiáns, recibiu en 1644 as casas de Vista Alegre, Barrantes e Vilagarcía, e en 1654 recibiu de Filipe IV o marquesado de Vilagarcía, co vizcondado de Barrantes. A morte sen sucesión do IV marqués (1781) abriu un preito sucesorio que se resolveu en 1815 en favor de Joaquín de Armesto Teixeiro, quen recibiu os títulos de Vilagarcía e Barrantes, e de José Ramón Ozores, quen recibiu o señorío de Rubiáns coa grandeza de España. O título continuo nos herdeiros de Joaquín ; Armesto Teixeiro, que adoptou o nome de Joaquín de Mendoza Soutomaior Armesto y Teixeiro , por imposición vincular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e eclesiástico francés. Gran mestre da orde do Hospital (1307-1319), sucedeu o seu irmán Guillaume de Villaret , do que tomou o proxecto de conquistar a illa de Rodas e convertela no centro da orde (1308). Acusado de apropiación indebida de bens, tivo que dimitir (1319).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Carlos III en 1761, co vizcondado previo de Bustocirio, a Pedro de Alcántara Teijeiro de Valcarce e Enríquez de Cabrera (?-1790). A última posuídora legal do título foi Carolina Teijeiro Herrera-Dávila (1867-1934), V marquesa e condesa de Val de Aguila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gaston Duchamp.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biblista e arqueólogo francés. Dominicano, foi membro da École Biblique de Jerusalem e especialista en arqueoloxía de Palestina. Publicou Jérusalem, recherches de topographie, d’archeologie et d’histoire (1912-1922) e Jérusalem de l’Ancien Testament (1954-1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, nas abas de Sierra Morena, ao S da provincia de Ciudad Real e 70 km da capital (2.972 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO