"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Pintor. Formado na Academia di Belle Arti, as súas primeiras obras achegáronse ao divisionismo e ao simbolismo. En 1910 colaborou en Difesa dell’arte e en 1911 adheriuse ao futurismo. En 1929 asinou o manifesto da aeropittura. Entre as súas obras, destaca a decoración do aeroporto de Ostia. Fundador do xornal La Griffa (1920), colaborou como crítico en L’Impero, Giornale d’Italia e Oggi e Domani.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado francés. Membro do Parti Radical, foi deputado (1893-1910), senador (1910) e presidente do Senado (1923). Ocupou, entre outros, os ministerios de Colonias (1902-1905; 1914-1917), Comercio e Traballo (1906-1908), Instrución Pública (1909) e Relacións Exteriores (1914). Foi presidente da República en dúas ocasións: entre 1924 e 1931 e en 1934, cando formou un goberno de unidade nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión natural do NL de Portugal, formada por unha parte dos distritos de Porto, Viseu e Aveiro, que se estende desde as marxes do esteiro do río Cávado ata a albufeira de Aveiro, e polo río Douro ata o monte Marão (1.415 m). As principais actividades económicas son a agricultura e a cría de gando porcino e vacún.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Período que comprende o s XIII. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
-
Numeral cardinal que equivale a cen máis cen.
-
Que nunha serie ocupa o lugar douscentos. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal, e polo tanto equivale a duocentésimo.
-
Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 200 e na romana por CC.
-
-
-
Que ou quen posúe un gran coñecemento.
-
Propio da persoa que posúe un gran coñecemento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nos topónimos Outón ou O Outón, e mais a preposición de indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Os topónimos semellan ser derivados, formados a partir do latín altus ‘sitio elevado’.
-
-
-
Persoa que posúe o máximo grao académico que outorga unha universidade ou determinadas escolas técnicas superiores, despois de superar os cursos de doutoramento e defender con éxito a súa tese doutoral.
-
doutor honoris causa
Título honorífico que conceden as universidades a unha persoa eminente.
-
-
Nome que se lle dá ao médico, aínda que non posúa o máximo grao académino.
-
Persoa de grandes coñecementos nunha materia.
-
-
doutor da Igrexa
Título dado pola Igrexa católica a teólogos notables, tanto pola súa ortodoxia como pola súa santidade e importancia da súa obra. Recoñécelles esa dignidade a un total de 30 homes e dúas mulleres, todos canonizados, dos que unha gran maioría deles foron bispos. O título outorgouse por vez primeira no s IV. O número de doutores ampliouse no s V, pero dende o s VII a relación mantívose sen variacións ata mediados do s XVI, para medrar considerablemente nos ss XIX e XX, nos que se duplicou.
-
doutor da lei
Sabio que entre os xudeus tiña a misión de ensinar e interpretar a Torá ou Lei de Moisés.
-
doutor da Igrexa
-
-
-
Relativo ou pertencente ao doutor ou ao doutoramento.
-
Aplícase a un tipo de lingua enfática ou solemne.
-
Cóengo das catedrais e colexiatas que debe estar graduado en dereito canónico.
-
-
-
Acción e efecto de doutorar ou doutorarse.
-
Grao máximo concedido pola universidade ou por determinadas escolas técnicas superiores.
-
Estudios universitarios de terceiro ciclo aos que se poden acceder despois de acadar o título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto. Estes estudios comportan a realización de determinados cursos baixo a dirección dun departamento universitario, que teñen como finalidade a especialización do estudante e a súa formación nas técnicas de investigación dentro dunha área de coñecemento e que teñen unha duración mínima de dous anos. Despois de superar estes cursos o doutorando debe defender unha tese doutoral para recibir o grao de doutor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que está próxima a acadar o grao de doutor ou que estudia para iso.
-
-
Conceder a alguén o grao de doutor.
-
Obter o grao de doutor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito que separa Inglaterra de Francia, cunha lonxitude de 35 km e que comunica o canal da Mancha co mar do Norte. É un paso cun elevado tráfico marítimo.
-
PERSOEIRO
Escritor inglés. Estableceuse en Londres e deuse a coñecer como poeta con Non sum qualis eram. A súa vida decadente reflíctese en Verses (Versos, 1896) e na novela autobiográfica A Comedy of Masks (Comedia de máscaras, 1893). É tamén autor da comedia en verso The Pierrot of the Minute (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico, novelista e dramaturgo. Coñecido como Lord Dunsany, foi famoso polas súas propostas fantásticas e oníricas, entre as que destacan The Glittering Gate (A porta relucente, 1909), King Argimenes (O Rei Arxímenes, 1911) ou If (Se, 1921). En 1937 publicou o libro de memorias My Ireland, no que lembra a súa relación co Abbey Theatre e a súa visión particular da nación irlandesa. En 1980 a revista Grial, no número 67, publicou a peza A sentenza dourada, en versión galega de Álvaro Cunqueiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Estivo ao servizo da condesa de Bredford, para quen escribiu Endmion and Phoebe (1595), e de sir Walter Aston. Da súa obra poética, na que asimilou os gustos e as correntes literarias contemporáneas, destaca The Harmonie of the Church (A harmonía da Igrexa, 1591). Tamén é autor de lendas históricas, poemas históricos e obras satíricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Problema xurdido en 1857 a causa da decisión do Tribunal Supremo dos EE UU que estableceu que un escravo non deixaba de selo polo feito de que residise nun estado non escravista. O acordo afectoulle ao escravo negro Dred Scott, que fora trasladado polo seu amo a Illinois e Minnesota, onde non existía a escravitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eritrocito en forma de fouce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anemia hemolítica crónica, peculiar da poboación negra, caracterizada pola presenza de numerosos drepanocitos que conteñen unha hemoglobina anormal.
-
PERSOEIRO
Cóengo e exiptólogo francés. Foi director do departamento de antigüidades exipcias do Musée du Louvre (1936-1952) e profesor no Collége de France dende 1957. Estableceu as bases para descifrar a escritura exipcia. Escribiu, entre outras obras, Les pharaons á la conquête de l’art (Os faraóns á conquista da arte), Les sculptures coptes du nilomètre de Rôdah (As esculturas coptas do nilómetro de Rôdah, 1942) e, con J. Vandier, L’Égypte: des origines á la conquête d’Alexandre (Exipto: desde as súas orixes ata a conquista de Alexandre).
VER O DETALLE DO TERMO