"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao material que presenta elastoplasticidade.
-
-
de elixir.
-
Que foi elixido para un cargo ou dignidade pero aínda non tomou posesión do mesmo.
-
-
-
Que ou quen elixe ou ten dereito a elixir.
-
Príncipe, civil ou eclesiástico, do Sacro Imperio que tiña ao seu cargo o goberno dun electorado e elixía o emperador. O seu conxunto constituía, dentro da Dieta Imperial, o colexio de electores. Orixinariamente, foron sete: tres eclesiásticos, o arcebispo de Maguncia, o de Tréveris e o de Colonia; e catro laicos, os duques de Baviera, Franconia, Saxonia e Suabia. En 1150 os duques de Baviera e Franconia foron substituídos polo rei de Bohemia e polo conde palatino do Rin, respectivamente, e posteriormente o duque de Suabia polo margrave de Brandenburgo. En 1356 Carlos IV asinou a Bula de Ouro que regulamentou a forma de elección do emperador, que durou ata a desaparición do Imperio (1806), e deulles aos electores o rango de soberanos.
-
Persoa que reúne os requisitos legais esixidos para exercitar o dereito de sufraxio.
-
-
-
Título ou dignidade de elector.
-
Circunscrición territorial do Sacro Imperio baixo a xurisdición dun elector.
-
Conxunto de persoas que teñen dereito a voto nunha convocatoria electoral. Nos sistemas democráticos fórmano os cidadáns maiores de idade censados en cada unha das circunscricións.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a un elector ou a un electorado do antigo Sacro Imperio.
-
príncipe electoral
Fillo herdeiro dun elector.
-
-
Relativo ou pertencente ás eleccións e aos electores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude ou tendencia política que persegue acadar unha alta porcentaxe de participación nas eleccións e uns bos resultados.
-
-
Relativo ou pertencente ao electoralismo.
-
Que ou quen práctica o electoralismo.
-
-
-
Peza de material dieléctrico que ten unha polarización eléctrica permanente. É, xa que logo, un elemento eléctrico análogo a un imán permanente. Polo xeral, obtense solidificando mesturas de certas ceras orgánicas mediante a acción dun campo eléctrico.
-
Micrófono de condensador, de pequenas dimensións, constituído por un diafragma formado por unha lámina de plástico na que se dispuxo unha capa de ouro ou aluminio. Como consecuencia do seu pequeno tamaño, aproximadamente duns 6´6 mm, os electretos teñen distintas aplicacións, e empréganse para magnetófonos e aparatos para xordos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica analítica de separación baseada na electroforese que se efectúa nun medio estabilizador. Os medios sólidos que se empregan son o papel, os pos de celulosa, os xeles de amidón ou as resinas de intercambio iónico, entre outros. Segundo as características físicas do sólido, as separacións fanse sobre tiras de papel, en columnas ou en capas delgadas que se sosteñen con vidro ou plástico. É unha técnica moi empregada en análise clínica e en bioquímica. A aplicación máis importante é a separación de proteínas e outras moléculas contidas nos diversos fluídos corporais. Tamén se emprega para separar antibióticos, ácidos nucleicos, vitaminas, pigmentos naturais, esteroides, aminoácidos, ácidos orgánicos e ións inorgánicos. Esta técnica desenvólvese con capilares, co que a resolución aumenta de xeito significativo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de obtención de imaxes por alteración da carga dunha placa fotosensible que se expón á luz. É a base da fotocopiadora, e o procedemento da xerografía máis utilizado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que, fundida ou disolta nun solvente ionizante, se disocia proporcionando ións e, xa que logo, se volve condutora da electricidade. Os electrólitos clasifícanse en fortes e febles, en función de que a súa disociación sexa completa ou non, e en ionóforos e ionóxenos, en función de que os ións en estado sólido preexistan ou non. A condutividade electrolítica é produto do movemento dos ións, positivos e negativos, e isto diferénciaa da condutividade debida aos electróns, como ocorre na condución dos metais.
-
-
Que produce ou tende a producir unha corrente eléctrica.
-
Motor que produce enerxía mecánica mediante a transformación de enerxía eléctrica.
-
-
GALICIA
Enxeñeiro de minas. Exerceu como inspector xeral de minas e como vogal do Consejo de Minería. Escribiu El materialismo ante la ciencia (1875), obra na que critica o evolucionismo; El distrito minero de La Coruña y Lugo en la Exposición de Santiago (1909); e a composición poética “A una pastora”, recollida no Álbum de la Caridad.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Farmacéutico. Estudiou na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na de Madrid en 1896. En 1898 obtivo a cátedra de Materia Farmacéutica Vexetal na Universitat de Barcelona; trasladouse en 1900 á Universidade de Santiago de Compostela, onde ocupou a mesma cátedra e o decanato da facultade de Farmacia dende 1918 ata a súa xubilación en 1941. Inventou un microscopio panorámico que posteriormente fabricou a casa Reichert. Foi membro da Reial Acadèmia de Medicina de Barcelona, cofundador do Laboratorio Farmacéutico Militar e fundador da Revista de farmacia, que dirixiu ata 1936. Publicou traballos sobre microbioloxía e botánica aplicadas á farmacia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Cada unha das cousas que forman ou integran un todo.
-
Compoñente dunha agrupación ou colectivo.
-
Cada unha das circunstancias ou partes dun conxunto que inflúe nunha situación ou resultado final.
-
-
-
Cada un dos obxectos, materiais ou ideais, que se poden considerar pertencentes a un conxunto.
-
elemento absorbente
Elemento z pertencente a un conxunto E, de xeito que para todo x se cumpre que zTx=xTz=z, onde T é unha determinada lei de composición. Un elemento absorbente recibe tamén o nome de cero respecto T.
-
elemento neutro/idéntico
Elemento e pertencente a un conxunto E dotado dunha operación interna ou dunha lei de composición T, de xeito que para todo x∈E se cumpre que eTx=xTe=x. Se este elemento e existe, é único.
-
elemento simétrico
Elemento x’ que cumpre que xTx’=x’Tx=e. Se esta propiedade existe, dise que x’ é o elemento simétrico (ou inverso) de x, x∈E, onde E é un conxunto dotado dunha lei interna T e dun elemento neutro e, e x, simetrizable. Se T é unha adición o elemento simétrico chámase oposto e se é unha multiplicación, inverso.
-
método dos elementos finitos
Método numérico que serve para resolver problemas de ecuacións diferenciais en derivadas parciais. Matematicamente, consiste nunha extensión da técnica de Rayleigh-Ritz-Galerkin. Este método apareceu nos anos sesenta arredor da aplicación dos ordenadores aos cálculos elásticos de estruturas, superando axiña os métodos de diferencias finitas, e amosouse moi potente, especialmente cando a xeometría do dominio ten unha incidencia importante sobre a solución.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de matemáticas atribuído a Euclides e que foi, ata a metade do s XIX, a máxima autoridade no campo das matemáticas xerais. Consta de trece volumes, aos que posteriormente se lles engadiron dous máis atribuídos a Hipsicles. O libro I trata sobre rectas paralelas e perpendiculares e sobre as propiedades de lados e ángulos dos triángulos; o II desenvolve a álxebra xeométrica; o III estudia as propiedades do círculo e da circunferencia; o IV os polígonos inscritos e circunscritos; o V a teoría das proporcións de Eudoxio; o VI aplica esta teoría á semellanza de triángulos e outros problemas; os VII, VIII, IX e X están dedicados á aritmética; o XI estudia a perpendicularidade e o paralelismo de rectas e planos, os ángulos diedros e poliedros, entre outras cousas; o XII aplica o método exhaustivo de Eudoxio a distintos problemas xeométricos; e o XIII estudia os poliedros regulares. Nesta obra sintetizou perfectamente o traballo dos antigos matemáticos gregos e proporcionoulle unha maior...
-
-
Plasto que almacena lípidos en forma de aceite ou de graxas.
-
Glóbulo de aceite presente nas células das bacilariofíceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para elevar.
-
GALICIA
Poeta. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como médico militar na Armada. Dos seus poemas, espallados por distintas publicacións da época, destacan “As follas secas” e “A miña nai”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é propio da vontade, segundo a escolástica.