"Ōta" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 576.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de coller ou conseguir unha cousa que desexan varias persoas por medio da forza. OBS: Adoita empregarse na locución adverbial á(s) rapañota(s).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xardín creado en 1755 por Fernando VI á beira do río Manzanares. A partir de 1774 Carlos III ordenou o traslado ao Paseo del Prado, onde se inaugurou en 1781, obra de Francesco Sabatini e de Juan de Villanueva. Destaca por ter unha importante colección de plantas e polas diversas publicacións que se coordinan desde o centro. Desde a súa creación, promoveuse o ensino de botánica, realizáronse expedicións a América e ao Pacífico, encargáronse os debuxos de grandes coleccións de láminas de plantas e copiáronse herbarios que serviron de base para describir novas especies. Desde 1939 depende do CSIC, e realiza numerosas investigacións en flora, sistemática e evolución ou palinoloxía. Foi declarado BIC (1942).
-
-
Botar de maneira repetida un corpo de material elástico.
-
Cambiar de traxectoria ou retroceder un corpo despois de bater contra algo.
-
Bater unha cousa noutra que vén de bater con outra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de reflotar.
-
-
Poñer de novo a flotar unha embarcación afundida ou varada.
-
Facer que funcione de novo unha unidade produtiva.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
reotaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tropismo que está producido por unha corrente de auga.
-
PERSOEIRO
Independentista e escritor filipino. Coñecido como José Rizal, en 1888 fundou en Hong Kong a Liga Filipina, de signo independentista. Publicou as novelas Noli me tangere (1887), onde denunciaba a tiranía colonial española, e El filibusterismo (1891). Foi fusilado despois de escribir o poema “Adiós a mi patria”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1054? - Cardiff 1134) Duque de Normandie (1087-1106), fillo e sucesor do duque Guillerme II (Guillerme I de Inglaterra). Rebelouse contra o seu pai en 1077-1078 e en 1082-1083. Viviu exiliado en Italia ata a morte deste. Ao tempo que o sucedía no ducado, o seu irmán Guillerme II de Inglaterra invadiu o territorio (1091), polo que se viu obrigado a cederlle os condados de Eu e Aumale.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Camiño que se abre na neve.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tribunal ou consello de xustiza dun príncipe. Destacan o Tribunal da Rota Romana ou Tribunal da Rota da Nunciatura. OBS: Emprégase en maiúscula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta lianoide con talos flexuosos de 30 a 60 cm de longo, que se empregan enteiros ou en tiras, para facer cestos, mobles e artigos diversos. É unha planta que gabea polas árbores mediante apéndices foliares ganchudos. Atópase en Asia suroriental e en Insulindia.
-
-
Canon circular ou perpetuo empregado antigamente.
-
Instrumento musical semellante á lira que empregaron na Idade Media os xograres.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía (25.053 h [2001]). Posúe unha base aeronaval. Del parte un oleoduto cara a diferentes lugares da Península Ibérica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de roda.
-
-
-
Acción e efecto de rotar.
-
Movemento dun sólido cuxos puntos describen circunferencias cos centros aliñados e fixos, contidos nunha recta chamada eixe de rotación. A velocidade angular, Dω do movemento de rotación circular de todos os puntos denomínase velocidade de rotación do sólido, e o vector, ω dirixido segundo o eixe de rotación e de módulo ù, vector de velocidade angular ou vector de rotación. Pódese demostrar facilmente que cando se move un sólido de calquera maneira sempre se pode descompor o movemento nun instante t, nun movemento de rotación e noutro de translación. O eixe respecto ao que ten lugar este movemento denomínase eixe instantáneo de rotación, cambiando no transcurso do tempo. Nun estudo da relatividade espacial, as rotacións teñen un papel salientable no espazo de catro dimensións.
-
-
-
Movemento dun astro arredor dun eixe, denominado eixe de rotación. No caso da Terra, a rotación define o día.
-
rotación capturada/ cativa
Rotación dun satélite arredor de si mesmo. Cando ocorre, o satélite sempre lle mostra ao planeta, arredor do que xira, o mesmo hemisferio. Este, á vez que xira, móvese arredor do planeta. O tempo que tarda o satélite en dar unha volta completa arredor de si mesmo, debe ser exactamente igual ca o tempo empregado en completar a translación arredor do planeta.
-
-
Desprazamento sen deformación dunha figura, de xeito que co seu movemento cada un dos puntos xira co mesmo ángulo e no mesmo sentido arredor dunha recta nunha determinada posición; isto denomínase eixe de rotación. A rotación helicoidal é unha operación de simetría caracterizada por unha rotación acompañada dun desprazamento de acordo co eixe de rotación chamado, neste caso, eixe helicoidal.
-
-
Desprazamento, en voleibol, en que os xogadores avanzan simultaneamente unha posición no sentido das agullas do reloxo.
-
Desprazamento ordenado de todos os ximnastas dun aparato mecánico a outro.
-
-
...
-
-
-
Relativo á rotación.
-
Operador diferencial definido sobre un campo vectorial A pola fórmula:
FORMULA
onde 6 é o operador gradiente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno fonético que consiste en articular como [r] o /ªs/ implosivo en posición interior de palabra, ou por fonética sintáctica, ante consoante sonora, e en menor medida ante as xordas /f/ e /θ/ (lesma [‘lεrma], os dedos [or’»ðe»ðoªs], os feos [or’feoªs]). No territorio galego é frequente este fenómeno ante consoante sonora, especialmente na zona suroriental: hai zonas compactas de rotacismo no sur de Lugo, interior de Pontevedra (zona de Lalín, Silleda, etc) e gran parte de Ourense. No galego exterior só se rexistrou nalgún punto do galego do Bierzo. Diante de consoantes xordas fricativas dáse excepcionalmente. Este fenómeno fonético, que rematou cara a 330 a C, obsérvase particularmente en latín antigo, en posición intervocálica (lat GENERIS provén dun anterior *GENESIS; os infinitivos AMARE, AUDIRE, LEGERE presentan rotacismo, por ser se a desinencia de infinitivo). Algunhas linguas románicas tamén coñecen, en parte, o rotacismo. Así...