"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

    1. Relativo ou pertencente aos gaviálidos.

    2. Réptil da antiga familia dos gaviálidos.

    3. Antiga familia de réptiles da orde dos crocodilianos, da que o único representante era o gavial, actualmente incluído dentro da familia dos crocodílidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave rapaz de entre 28 e 38 cm de lonxitude e 60 e 80 cm de envergadura, de alas relativamente curtas e redondadas e cola longa. Teñen a plumaxe das partes superiores de cor cinsenta escura e as inferiores claras con manchas castañas transversais. As femias son de maior tamaño. Aliméntanse principalmente de pequenas aves. Aniñan en plataformas en árbores. Habitan zonas forestadas onde sorprenden as presas cun voo áxil e rápido.

    2. Órgano vexetal con aspecto de talo moi delgado, de orixe foliar ou caulinar, que grazas ao seu acusado haptotropismo agárrase a calquera soporte e enróscase en hélice sobre el, de xeito que permite que a planta gabee.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos gávidos.

    2. Paxaro da familia dos gávidos.

    3. Familia de paxaros da orde dos ciconiformes que ten como único representante a mobella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave da familia dos gávidos, de corpo longo e esvelto, pescozo alongado, dorso escuro e partes inferiores brancas. Os seus pés están situados nunha posición moi atrasada, o que fai que sexan moi bos nadadores e mergulladores, ademais de torpes en terra. As catro especies presentes en Europa denomínanse xenericamente mobellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano vexetal, con aspecto de talo moi delgado, de orixe foliar ou caulinar, que grazas ao seu acusado haptotropismo se agarra a calquera soporte e se enrola en hélice, e permite, deste xeito, que a planta gabee.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cabreira (Salvaterra do Miño). Ten planta en forma de U. Unha das ás laterais constitúe a torre de planta cadrada, que ten pegada unha escaleira que leva ao corpo central, mentres que a outra á é de construción recente e ten unha galería con arcos nunha das súas fachadas. Na porta conserva unha inscrición cunha data do s XIX non lexible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político colombiano. Membro do Partido Liberal, foi ministro de Finanzas (1986) e de Interior (1987), antes de converterse en presidente da República en 1990-1994. Tras abandonar a presidencia foi elixido secretario xeral da Organización de Estados Americanos (OEA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave limícola duns 40 cm de lonxitude, provista de peteiro longo e encarnado, e patas rosas. O dorso é negro e o ventre branco, a cabeza negra ata o peito, cunha franxa alar branca, cola e rabadilla brancas, co extremo da cola negro. Aliméntase nas pedras e na lama intermareal. Crían escasas parellas en illotes da costa de Lugo e S da provincia da Coruña. No inverno é máis abundante por toda a costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e xeodesista escocés. Director do observatorio da Cidade do Cabo a partir de 1879, foi un dos primeiros en empregar o procedemento fotográfico para reproducir o aspecto do firmamento. Estableceu un sistema para calcular a distancia entre a Terra e o Sol e determinar a masa do planeta Xúpiter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto alemán. Foi arquitecto maior da Pomerania e traballou en Berlín para a aristocracia. O seu fillo Friedrich Gilly (Altdamm 1772-Karlsbad 1800) foi un dos iniciadores do neoclasicismo e profesor na Academia de Arquitectura de Berlín. Das súas obras destaca o proxecto do monumento a Federico II o Grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, segundo duque de Ahumada e cuarto marqués de las Amarillas, fillo de Pedro Agustín Girón. Ascendeu a tenente coronel, coronel e mariscal de Campo, e foi nomeado Inspector do Segundo e Cuarto distritos militares (1843). Organizou e dirixiu o corpo da Garda Civil (1844-1854) e foi designado inspector xeral do corpo (1856-1858). Dende 1858 foi comandante xeneral do corpo de alabardeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (473-474). Proclamado en Ravenna co apoio do rei dos burgundios Gundebaldo, foi derrocado por Xulio Nepote. Ordenado sacerdote pola forza, chegou a bispo de Salona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. De formación autodidacta, iniciou a súa carreira profesional coa compañía O Facho e logo participou en espectáculos de Teatro do Atlántico (Liberdade Brenana), Espello Cóncavo (Bailando en verán e As troianas) ou Teatro Galileo (A esperar por Godot e Caprichos de Cervantes).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. En 1968 deuse a coñecer internacionalmente con La primera carga al machete, filme histórico esteticamente expresionista, ao que seguiron Los días del agua (1971), El señor Presidente (1983) e Gallego (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e fotógrafo. Coñecido como Xavier Galiza, os seus inicios profesionais foron no mundo da fotografía. Colaborou en diversos xornais galegos e deste período destaca a exposición monográfica El arte prerrománico en Galicia, presentada no Museo de Ourense en 1973. Ese mesmo ano realizou a súa primeira exposición de acuarelas e debuxos en Ourense. As súas acuarelas, conseguidas a base de sucesivos lavados, caracterízanse pola luminosidade e por unha pincelada fina e rica en matices coa que representa paisaxes verídicas con cores, maioritariamente, complementarias. As masas de cor mestúranse e difumínanse de xeito que forman novos tons. Realizou e participou en exposicións en diversas cidades galegas e en Madrid, Valladolid, Oviedo, Berna, París, Laussane e Porto, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Sacerdote dominicano, foi nomeado cronista de Filipe III en 1612. Das súas obras destacan Historia de la vida y hechos del rey don Enrique III de Castilla (1638), Teatro de las Iglesias de España (1643-1650) e Historia de Felipe III (1777).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Exerceu como director de relacións externas da TVG, director xeral de La Región Internacional, xefe do gabinete do director xeral da CRTVG e director da Axencia Galega de Noticias (AGN).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Coñecido como Fran, debutou co primeiro equipo do Real Club Deportivo de La Coruña en 1987. Na tempada 1990-1991 conseguiu o ascenso a Primeira División. Proclamouse campión da Copa do Rei (1995, 2002) e campión de Liga (tempada 1999-2000). Coa selección española disputou 16 partidos (1993-2000) e participou na Copa de Europa de Nacións (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (375-383), fillo de Valentiniano I. Compartiu o Imperio de Occidente co seu irmán Valentiniano II, mentres que Oriente era gobernado polo seu tío Valente. Derrotou os alamanos preto de Colmar (378) e posteriormente outorgoulle ao xeneral Teodosio, futuro Emperador Teodosio I, o goberno de Oriente (379). Morreu nas Galias durante a loita contra o usurpador Máximo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade de grave.

      2. Que é ou amosa unha actitude digna e seria.

      1. Forza de atracción que, a causa da gravitación, exerce a terra ou outro astro calquera sobre os corpos materiais e que os fai caer cunha aceleración, que se denomina aceleración da gravidade g, que é independente da súa masa. O valor de g varía coa distancia ao centro da Terra e, localmente, tamén varía pola presenza no subsolo de materiais de densidade apreciablemente diferente da medida (gravimetría). A composición da gravidade coas outras forzas presentes no contorno dun astro determina a pesantez. As diferencias entre os valores que se esperan e os que se observan da gravidade en certos lugares levaron a propoñer unha quinta forza repulsiva (antigravidade) e unha sexta forza atractiva.

      2. centro de gravidade

        centro de gravidade.

    1. Teoría que se enunciou en 1938, segundo a que os dobramentos e os mantos de corremento son resultado do acercamento rápido dunha zona con cobertura que os provoca cando esta se separa e se despraza.

    VER O DETALLE DO TERMO