"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • GALICIA

    Médico. Catedrático de Medicina na Universidad de Zaragoza. Gañou o Gran Premio na Exposición Hispano-Francesa (1908) e a medalla de ouro na Exposición de Santiago (1909) polo seu traballo Cuadro gráfico de mortalidad infantil y cinco planos sanitarios de Zaragoza. Ademais, publicou Psicología popular de los sitios de Zaragoza (1910); Acción social de la Universidad (1910); La Medicina en el Fuero de Teruel (1915) e Origen del hombre según Santo Tomás (1918).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Estudiou Deseño e Decoración en Madrid. Nos anos setenta asentouse en Galicia. Foi profesor de Arte na Universidade Laboral de Ourense. Traballa tanto sobre madeira como sobre aceiro, na procura dunha escultura arquitectónica onde os efectos sobre os materiais sinteticen as formas case abstractas dos apeiros de labranza. A influencia de Oteiza ou Chillida reflíctese no tratamento dos espacios interiores e exteriores das súas pezas, moitas veces resoltas seguindo fórmulas industriais. Expuxo na Mostra Atlántico-83 e na Expo-92 de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en San Cristovo de Borraxeiros (Agolada). De planta rectangular, está articulado en dúas alturas: planta baixa e piso. A cuberta é a catro augas. No interior alberga un patio central. As ameas e as torres nos ángulos danlle un aspecto de fortaleza. Conserva armas dos Salgado e dos Fiaños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Filoloxía Xermánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina literaria coa novela Cabeza de chorlito (1991), traducida ao castelán en 1993, e continuou con Criminal (1994), coa que acadou o Premio da Crítica Española en Lingua Galega e o Premio San Clemente de lectores novos; Eu é (1996) e Contos malvados (1998). Ten participado ademais en varias publicacións colectivas como Antídotos contra a suor, promovido por O Correo Galego en 1995, co relato “Os gardacostas”; en Novo do trinque (1997) coa narración “Publicidade sen lucro”, e en Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas co relato titulado “Graceland”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘botellazo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor italiano. Está considerado como o iniciador do Renacemento romano. Aprendeu no obradoiro de frei Bartolommeo de Urbino, quen o iniciou na pintura. A súa primeira obra foi a decoración da igrexa de Santa Maria della Bella. En Urbino, iniciouse tamén na arquitectura, sendo seus o pazo de Torriglione e as igrexas de San Bernardino e da Nosa Señora del Piratello, en Imola. Trasladouse a Milán en 1472, onde coñeceu a Leonardo da Vinci, quen influíu nas súas ideas arquitectónicas. En Milán realizou a igrexa de Santa Maria presso San Satiro, na que reflecte un novo xogo de perspectivas, e Santa Maria delle Grazie; outras obras súas en Milán son a Casa dos Cóengos ou a tumba de Ludovico il Moro, ademais de participar na elaboración dos planos da catedral de Pavia xunto con Francesco di Giorgio e de Amadei. Da súa pintura lombarda quedan poucos testemuños: Homes de armas e filósofos e Cristo na columna. En 1499 chegou a Roma, onde se adicou intensamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado en Arzúa, é de orixe medieval aínda que foi reconstruído no 1554. De planta rectangular, a fachada principal, realizada en cachotería de granito, presenta un sinxelo arco de medio punto e nos seus dous andares ten ventás con montante. No tramo central e nas esquinas consérvanse as ameas, probablemente reutilizadas do antigo torreón medieval. Asentado na cornixa, sobre a porta de ingreso, atópase o escudo coas armas dos Aguiar e dos Mosquera. A capela, que foi restaurada en 1664, alberga un sartego de arcosolio que acolle os restos do fundador do morgado do pazo (1635), Fernán Montero de Mella, e da súa esposa, Inés de Villa e Aguiar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor polaco. As súas novelas de tema político tratan da guerra como Miasto nierpokonane (A cidade invita, 1946) e da creación do estado socialista na tetraloxía Miedzy wojnami (Entre guerras, 1948-1951). Tamén ten obras en contra do Stalinismo e a opresión ideolóxica como Matka Królów (A nai dos reis, 1957). En posteriores publicacións analizou os cambios psicolóxicos e morais que se foron producindo en Polonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se caracteriza por ser azul e branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Medida de lonxitude que orixinariamente consistía na distancia medida dende o extremo dunha man ata o extremo da outra, cos brazos en cruz. Na actualidade emprégase case exclusivamente para expresar profundidades mariñas e ten distintos valores (entre outras, a española equivale a 1,6718 m e a inglesa a 1,8287 m).

    2. Estilo de natación, o máis elemental de todos. A súa práctica esixe que o corpo, agás a cabeza, estea mergullado horizontalmente ao mesmo tempo que os brazos realizan un movemento semicircular ata a altura do ombro, dóbranse sobre o peito e son levados de novo cara a adiante sincronicamente. Simultaneamente, as pernas ábrense e péchanse realizando un movemento de impulsión auxiliar. Constitúe un dos catro estilos que se practican nas competicións deportivas celebradas segundo a regulamentación da FINA (Federación Internacional de Natación). Nos campionatos internacionais oficiais (Xogos Olímpicos, campionatos mundiais e continentais) dispútase este estilo, tanto na categoría masculina como na feminina, as probas de 100 m e 200 m, ademais daquelas nas que se combinan os catro estilos homologados (individuais: 200 m estilos e 400 m estilos; por equipos: 4x100 m estilos).

    3. Nas representación heráldicas, peza da armadura que recobre o brazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de cousas que se poden coller e levar nos brazos ao mesmo tempo.

    2. Movemento enérxico feito cos brazos, especialmente cando se está nadando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cousas que se poden transportar nos brazos dunha soa vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza da armadura que cubría o brazo para protexelo.

    2. Asa pola que se colle o escudo.

    3. Fita colocada arredor do brazo como sinal identificativo dalgunha cousa.

    4. Prolongación dun río ou doutra canle de auga.

      1. braceira.

      2. brazal de arqueiro

        Placa de pedra ou óso, con dúas ou catro perforacións, que permiten fixala sobre o antebrazo. A súa función era a protección da vibración da corda do arco. É característico dos enterramentos campaniformes e dos conxuntos do Calcolítico e do Bronce antigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aro que se emprega arredor do pulso, do antebrazo ou do brazo como enfeite.

    2. Faixa que rodea o brazo e que sinala algunha cousa.

    3. brazal de arqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e editor lituano. Coa ocupación soviética marchou a Alemaña (1944) e despois aos EE UU (1949), onde se dedicou á edición dunha Lietuviu Enciklopedija (Enciclopedia Lituana); máis tarde levou a cabo unha publicación sobre a cultura lituana titulada Lietuviu Dienos (Días lituanos). Poeta de grandes contrastes, recibiu tanto as influencias realistas como románticas, líricas ou dramáticas. Destaca o seu libro de poemas Amzinas zydas (O xuízo eterno, 1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cada unha das dúas extremidades torácicas do ser humano.

      2. Parte comprendida entre o ombreiro e a man.

      3. Parte de cada extremidade torácica do home comprendida entre o cóbado e o ombreiro (en oposición ao antebrazo). O esqueleto do brazo está constituído polo úmero, que se articula coa escápula no ombreiro e co cúbito e o radio no cóbado. Os músculos do brazo están envoltos pola aponeurose braquial que circunscribe as rexións braquiais anterior e posterior. Na rexión braquial anterior hai dous planos musculares: o superficial, constituído polo deltoide e o bíceps, e o profundo, constituído polo coracobraquial, o braquial anterior e o supinador longo. Na rexión braquial posterior só está o tríceps braquial. Os vasos sanguíneos están constituídos pola arteria e a vea umeral, nos planos profundos, e polas veas basílica e cefálica, nos planos superficiais.

      1. Cada un dos dous apéndices torácicos móbiles, especialmente locomotores, que teñen algúns animais. Nos tetrápodos reciben este nome as extremidades anteriores, relativa ou totalmente liberadas das funcións locomotoras, e que poden ser usadas para a manipulación de materiais ou para a captura de alimentos.

      2. Nome que reciben os tentáculos dos cefalópodos, as extremidades dalgúns equinodermos e as pinzas dalgúns crustáceos.

      1. Parte dunha cousa que se alonga en forma de brazo, partindo dun tronco, eixe ou núcleo.

      2. Barrotes que se sosteñen entre o respaldo e o asento dunha butaca, dun sofá, dun trono, etc, onde a persoa sentada repousa os brazos.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quincenario anarquista, editado na Coruña entre o 1 de maio de 1935 e o 18 de xullo de 1936. Foi o único voceiro, propiamente anarquista na Galicia republicana, das Juventudes Libertarias e dos grupos da Federación Anarquista Ibérica da cidade. Os seus 2.000-3.000 exemplares de tiraxe distribuíronse en Galicia, e tamén en América, entre aqueles emigrantes galegos que simpatizaban coas ideas libertarias. Careceu de director, e foi alentado por un grupo editor que rexeitou calquera tipo de dirixismo e de profesionalización. Nese grupo figuraron o xornalista Idelfonso González, que empregaba o pseudónimo de Gregorio Quintana, Xosé González, Arturo Meirás, Antonio Furnerakis, Xosé Grande, A. Fernández (Furna) e Xoán Expósito, entre outros. Tivo como obxectivo principal a formación dos anarquistas máis novos nun amplo abano de temas: economía, sexualidade, antimilitarismo, ética anarquista, etc. O seu contido trascendeu a temática sindical para centrarse na difusión ideolóxica,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno cordel de media vara ou máis ao que se unen varias picas no seu extremo para pescar. Emprégase na costa e nas rías en varias artes pesqueiras, e lévanse ao mar colocadas nunha esporta.

    2. Rebordo vertical dun zapón ou dunha bañeira, que serve para impedir que a auga penetre no barco. As brazolas que protexen a bañeira na proa do pau chámanse rompeondas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do estado de Texas, EE UU, formado pola unión dos ríos Bouble Mountain Fork e Salt Fork. De réxime pluvial, o seu curso está inzado de encoros que, ademais dos aproveitamentos hidroeléctricos, abastecen de auga ás cidades e explotacións agrarias das súas beiras. Desemboca no golfo de México, á beira de Freeport, logo dun percorrido duns 1.250 km.

    VER O DETALLE DO TERMO