"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Tratado asinado o 1 de setembro de 1739 entre Rusia e Austria, por unha banda, e Turquía pola outra. Austria cedeu Belgrado e os territorios de Bosnia, Serbia e Valaquia a Turquía; Rusia abandonou as súas conquistas en Moldavia e Crimea, renunciou ás pretensións dunha saída libre ao Mediterráneo e comprometeuse a desmantelar a praza de Azov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral, foi un dos líderes da independencia da Arxentina. Despois de estudar Dereito en Madrid e Valladolid, no ano 1810 formou parte da xunta revolucionaria que substituíu ao vicerrei da Prata. Como militar, en 1813 triunfou en Tucumán e Salta sobre os realistas; sen embargo, foi derrotado en Vilcapujio. Foi destituído e substituído na dirección do exército por José de San Martín. Despois viaxou a Madrid e Londres xunto con Bernardino Rivadavia, co obxectivo de negociar a independencia sudamericana. Do 1816 ao 1819 foi xefe do exército do Norte e pacificador da provincia de Santa Fe, que se alzara contra o goberno de Bos Aires. Creou a actual bandeira nacional arxentina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato creado polo enxeñeiro francés Édouard Belin (1876-1963) que permite a transmisión a distancia, por medio de circuítos telefónicos, de imaxes fixas ou fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico, ensaísta e filósofo finlandés. Estudiou na Universidade de Moscova. Integrado nos ambientes revolucionarios, dedicouse á creación literaria e á actividade crítica. Logo dunha época hegeliana, converteuse nun apaixonado materialista que fundou a estética e a crítica realistas. Contrario á arte pola arte e ao intimismo romántico, defendeu a explicación sociolóxica da evolución da arte, o condicionamento do home polas súas circunstancias, o compromiso da literatura e a atención ao espírito do pobo e ás súas fontes literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e inventor británico. Abandonou os estudios musicais para dedicarse á Fonética. Emigrou a Canadá (1871) e, posteriormente, aos EE UU. Fundou unha escola para mestres de xordos en Boston e en 1873 acadou a cátedra de Fisioloxía Vocal na Universidade de Boston. Os seus traballos sobre o son, motivados polo problema do ensino dos xordos, sobre o que escribiu varias obras, leváronlle a construír un telégrafo harmónico. En 1876 inventou o teléfono, aínda que lle foi negada a prioridade do invento, o que lle levou a defendela en diversos procesos. Despois de diversas melloras no seu aparato, obtivo o Premio Volta do Instituto de Francia. Tamén ideou un enxeño para detectar balas no corpo humano, empregado ata o descubrimento dos raios X e unha balanza de indución, entre outras innovacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Participou como soldado na campaña de Polonia. Despois de abandonar o exército, dedicouse á literatura. Colaborou en Os Anais da patria. Tivo un grande éxito coa súa obra Stikhotvorenija (Poesías, 1835), de estilo sinxelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de León (1197-1204) e de Castela (1217). Filla de Afonso VIII de Castela e Leonor de Inglaterra, casou con Afonso IX de León (1197), pero o Papa Inocencio III anulou o matrimonio no 1204 por causa da súa consanguinidade. En 1217 converteuse en Raíña de Castela ao suceder o seu irmán Enrique I; sen embargo, cedeu os dereitos ao seu fillo Fernando que recibiu tamén a coroa de León en 1230.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador e poeta alemán. A súa obra caracterizouse pola riqueza anecdótica e por un concepto optimista da actividade creadora. Cómpre remarcar a novela Der Grosstyrann und das Gericht (O gran tirano e o tribunal, 1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz sueca establecida nos EE UU, nai da tamén actriz Isabella Rosellini. A súa fotoxenia serena combinouse cunha gran riqueza de rexistros expresivos. Comezou a traballar con Gustav Molander e máis tarde con Roberto Rossellini, con quen ademais mantivo unha intensa relación. Foi gañadora dun Oscar en dúas ocasións por Gaslight (Luz que agoniza, 1944) e Anastasia (1956). Participou nos filmes: Munkbrogreven (1934), Intermezzo (1936), Casablanca (1942), For Whom the Bells Toll (Por quen dobran as campás, 1943), Joan of Arc (Xoana de Arco, 1948), Elena et les Hommes (Elena e os homes, 1956), The Yellow Rolls-Royce (O Rolls-Royce amarelo, 1964), Murder on the Orient Express (Asasinato no Orient Express, 1974) e Hostsonet (Sonata de outono, 1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira regra térmica ecolóxica definida no 1847 para as subespecies ou razas xeográficas de animais homotermos e que establece que estas teñen un tamaño maior canto máis baixa sexa a temperatura media do ambiente no que viven. A regra tamén se cumpre en animais do mesmo xénero e tense empregado para interpretar o maior tamaño dos mamíferos do Terciario, era xeolóxica de clima máis frío, en relación ás formas actuais máis pequenas. A mesma relación entre tamaño e temperatura obsérvase para outros grupos de seres vivos como algas, rizópodos, radiolarios, hidrozoos, crustáceos, moluscos e insectos. A regra de Bergmann interprétase como unha expresión do equilibrio enerxético no que os animais máis corpulentos teñen unha menor relación superficie/volume e, xa que logo, están en mellores condicións para regular a temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia política reunida en Berlín do 13 de xuño ao 13 de xullo de 1878, presidida por Bismarck e convocada, baixo a presión de Inglaterra e Austria-Hungría, para revisar a paz de San Estéfano, pola que Rusia eliminaba a Turquía dos Balcáns. Rusia aceptou a división da Gran Bulgaria en dous sectores: a rexión norte como principado autónomo e a rexión sur como provincia otomana (Rumelia Oriental), dirixida por un gobernador cristián; recoñeceu tamén a independencia de Romanía, Serbia e Montenegro. Inglaterra recuperou Chipre, Austria-Hungría acadou a administración de Bosnia-Herzegovina e Rusia conservou Kars, Ardahan e Batumi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fórmulas de resolución de triángulos esféricos empregadas en astronomía de posición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método operativo na medida de ángulos cun azimutal de lentes invertible co que se eliminan os erros sistemáticos. Constitúe, tamén, un resumo do método das observacións conxugadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia auxiliar que mediante a busca, a identificación, a descrición e a clasificación de todos os documentos publicados ou reproducidos por procedementos mecánicos, fotomecánicos ou electrónicos, facilita o coñecemento científico ou práctico dunha materia. Pode ser enumerativa ou sistemática cando actúa en extensión, e analítica ou descritiva cando estudia o documento en profundidade. A primeira pode ser xeral, sobre a totalidade dun tema, dunha materia ou dun autor, e especial sobre unha parte. A bibliografía analítica estudia o documento en si mesmo, deixando de lado calquera consideración sobre o seu contido, coa finalidade de reconstruír o seu proceso de produción.

    2. Relación sistemática, diversamente ordenada e a miúdo crítica ou razoada, de obras relativas a unha ou diversas materias. Poden ser retrospectivas (coa finalidade de recoller un período determinado) ou correntes (que recollen periodicamente as publicacións actuais). Actualmente, o termo aplícase non só aos textos impresos senón tamén a calquera tipo de obra (mesmo o material audiovisual). Aínda que existen compilacións bibliográficas anteriores, a necesidade do repertorio bibliográfico non aparece, sen embargo, ata o s XV, coa invención da imprenta. Axiña comezaron a aparecer as primeiras bibliografías especializadas (medicina, botánica, patrística, etc). A primeira bibliografía universal é a de Konrad von Gesner, Bibliotheca universalis (1545), e a primeira de ámbito nacional a do inglés John Bale, Illustrium Majoris Britanniae Scriptorum [...] summarium (1557-1559). No s XVII comezan a aparecer as revistas bibliográficas como o Journal des Savants...

    3. Conxunto de obras, ensaios, artigos, etc, que foron escritos sobre un tema concreto ou nun período determinado.

    4. Lista de obras relativas a un tema determinado e que preceden ou seguen a unha monografía, un artigo, etc.

    5. Sección dun xornal onde se anuncian os libros de publicación recente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fai referencia aos libros ou á bibliografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa especializada en bibliografía, que domina os métodos de descrición material do libro, prepara listas bibliográficas e redacta catálogos.

    2. Persoa que escribe sobre libros, trata dos problemas referentes ao autor, á data de impresión, á tipografía, ás edicións, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave de 17 cm de lonxitude, grosa, de pescozo forte, plumaxe castaña e semellante nos dous sexos, coa gorxa de cor branca, a cabeza avermellada e franxas alares brancas. O peteiro é grande e de cor azul, e ten cola curta. É unha especie fundamentalmente arbórea que se alimenta principalmente de sementes e abrochos. Compórtase como semicolonial na época de cría, de xeito que aniña en pequenos grupos, e no inverno como gregaria; nesta estación os grupos das poboacións máis nórdicas desprázanse cara ao sur. De distribución paleártica, está presente en toda Europa excepto en parte de Escandinavia, das Illas Británicas e dos países mediterráneos. Na Península Ibérica ten unha distribución espallada, principalmente na metade occidental, asociada a zonas arboradas caducifolias ou mixtas. A Galicia chegan en certos invernos aves migrantes das poboacións do norte de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde beneditina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período da Segunda República Española comprendido entre as eleccións lexislativas de novembro do 1933, que deron a maioría ás dereitas, fronte a unha esquerda dividida, e as eleccións do 16 de febreiro do 1936, nas que triunfou a Frente Popular. O período caracterizouse polo goberno da coalición formada polos republicanos do Partido Radical de Alejandro Lerroux e a CEDA de Gil Robles, que practicaron unha política contraria á da anterior lexislatura, que tivera unha actuación de centro esquerda. Modificáronse e anuláronse leis anteriores, concretamente a reforma agraria, a reforma militar realizada por Manuel Azaña e as que facían referencia a salarios e condicións de traballo. Así mesmo, procurouse establecer unha nova relación Igrexa-Estado e agudizáronse as tensións nacionalistas. Polo que se refire á política económica, aumentou a deflación e o desemprego. A oposición entre o goberno central e a Generalitat, que continuaba en mans da esquerda, medrou enormemente durante este período,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período que abrangue desde xullo do 1854 ata xullo do 1856, cando, despois do pronunciamento dos xenerais Leopoldo O’Donnell e Domingo Dulce en Vicálvaro (chamado por isto a Vicalvarada), se formou unha coalición de progresistas e liberais moderados, presidida por Espartero e con O’Donnell no ministerio da Guerra. O período caracterizouse pola constante loita entre estas dúas tendencias da coalición. Non obstante , a lexislación progresista que se promulgou, tivo moita trascendencia no desenvolvemento posterior do estado español. Neste período proxectouse unha nova Constitución, unha reforma económica practicamente revolucionaria (Lei de Desamortización Xeral do 1 de maio de 1855), unha importante lexislación económica capaz de relanzar a actividade bancaria (Lei Bancaria do 28 de xaneiro de 1856) e a construción do ferrocarril (Lei do Ferrocarril de xuño de 1855). Tamén se liberalizou o mecanismo electoral coa ampliación das liberdades fundamentais, o que facilitou a cristalización...

    VER O DETALLE DO TERMO