"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • PERSOEIRO

    Bailarina e coreógrafa estadounidense. Estudiou na University of Chicago e doutorouse en Antropoloxía. Nos anos trinta fundou unha escola de danza en Nova York e nos anos corenta unha compañía de danza que acadou grandes éxitos. Incorporou o folclore antillano aos seus espectáculos musicais e promoveu a creación do Dunham Center for the Arts and Humanities. Creou numerosas coreografías e interveu en diversos filmes, como Mambo (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. Activo en Murcia (1719-1730), traballou como tallista e influíu en Francisco Salzillo. Cómpre destacar a súa obra San Juan Bautista (1718?) e as inmaculadas feitas en barro cocido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como George Sand, educouse baixo a tutela da súa avoa en Nohant e ingresou nun convento en París (1817-1820). En 1822 casou co barón Duvenant. En 1831 separouse e trasladouse a París. Posteriormente, volveu a Nohant e logo pasou uns anos xunto a F. Chopin na cartuxa de Valldemosa en Mallorca. En colaboración con Jules Sandeau publicou a súa primeira novela titulada Rose et Blanche (1831), baixo o pseudónimo común de Jules Sand, e fundou a revista Revue indépendante (1841), xunto con Pierre Leroux. Escribiu pezas de teatro, como Claudie (1851) ou Molière (1851), e tivo unha grande actividade como novelista con obras, como Valentine (1832), Indiana (1932), Lélia (1833), Mauprat (1837), Un hiver à Majorque (1841), Le meunier d’Angibault (O muiñeiro de Angibault, 1845), La mare au diable (O pantano do demo, 1846), François le Champi (1848), Histoire...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés, conde de Dupont de l’Étang. Xeneral de Napoleón, loitou en Italia e na Península Ibérica. Derrotado en Bailén en 1808, foi sometido a consello de guerra e encarcerado no castelo de Joux. Rehabilitado por Luís XVIII, foi ministro da Guerra (1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo artístico fundado en Moscova en 1962 coa intención de romper coa oficialidade do realismo socialista. Xunto á op art e á abstracción xeométrica occidental, inspiráronse no suprematismo de Kazimir Malevič. Ademais de Dimitri Nussberg, o seu ideólogo, destacou o artista de orixe español Francisco Infante Arana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante, trompetista e director de orquestra estadounidense. Coñecido como Mr. B., comezou as súas actuacións en 1939 como cantante na orquestra de Earl Hines e logo organizou a súa propia formación. Actuou con jazzmen renovadores, como Ch. Parker, D. Gillespie, M. Davis e A. Blakey, cos que introduciu un novo estilo na interpretación vogal do jazz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en castelán editada en Marín a partir de 1896. Subtitulada “Semanario de intereses generales”, foi dirixida por Sabas B. Catá. Impresa nos obradoiros tipográficos de R. Quintáns, saía todos os domingos. Constaba de catro páxinas, nas que se incluían artigos sobre actividades comerciais e marítimas, ademais de anuncios e un folletín. No eido literario, cómpre salientar algúns versos en galego na sección “Paliques”, publicados baixo pseudónimo. Nas súas diferentes épocas de edición presentou as cabeceiras El Eco de Marín, El Marinense ou Nuevo Marín.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Guinea Ecuatorial ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Guinea Ecuatorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como asesor fiscal dos colexios profesionais de médicos, arquitectos e enxeñeiros técnicos de Vigo e ocupou a presidencia do consello de administración do centro médico Povisa (1977-1982). Presidente do Partido Demócrata Popular e máis tarde do Partido Liberal, foi elixido deputado do Parlamento galego polo Partido Popular entre 1985-1996, etapa na que foi voceiro da comisión de Asuntos Económicos e Orzamentarios e presidiu as comisións do Estatuto do Deputado e de Relacións do Parlamento co Consello de Contas. En xullo de 1996 foi nomeado delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo. Entre outros cargos, foi presidente do consello de administración da sociedade de capital-risco Vigoactivo SA e membro do consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor austríaco. Estudiou composición en Berlín con B. Blacher e posteriormente trasladouse a Viena. Da súa produción destacan as óperas Dantons Tod (A morte de Danton, 1947), Der Prozess (O proceso, 1953) e Der Besuch der alten Dame (A visita da vella dama, 1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante arcaica do antropónimo feminino Inés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das elatináceas, de follas enteiras de ata 2 cm de lonxitude, con estípulas e flores solitarias -actinomorfas e sépalos soldados-, dispostas na axila das follas. Son plantas acuáticas, as máis das veces somerxidas, que están representadas en Galicia polas especies E. hexandra e E. macropoda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da electricidade que estudia o comportamento das cargas eléctricas en movemento. Prodúcese unha corrente eléctrica, nun medio condutor, cando as cargas eléctricas se moven nunha dirección definida impulsadas por un campo eléctrico. Se un semicondutor se somete a unha diferenza de potencial, todas as cargas eléctricas se desprazan nunha mesma dirección co que constitúen a corrente eléctrica. As magnitudes que caracterizan a corrente eléctrica son a intensidade (I), a diferenza de potencial (V-V’) e a resistencia (R). Estas magnitudes relaciónanse mediante a lei de Ohm, I=V-V’/R. A diferenza de potencial necesaria para manter unha corrente eléctrica continua prodúcese por un xerador, que é un aparato que se caracteriza pola súa forza electromotriz (E). Un receptor é un aparato que transforma a enerxía eléctrica noutro tipo de enerxía que non sexa calor; este caracterízase pola forza contraelectromotriz...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á electrocinética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno de luminescencia que presentan certos sólidos ao seren excitados por un campo eléctrico. Descubriuno o físico francés Georges Destriau en 1936 mentres excitaba unha placa de sulfuro de zinc con corrente alterna, pero non se empregou ata 1952, cando uns enxeñeiros de Sylvania Electrical Produts Inc desenvolveron un panel electroluminescente a base de pos de sulfuro de zinc. A enerxía eléctrica que se comunica aos electróns libres dun sólido transfórmase en luz. Son axeitadas para producir electroluminescencia as unións pn polarizadas, tanto en sentido directo coma inverso, as heterounións, as barreiras Schottky e as estruturas MIS, entre outras. Ten aplicación nos díodos electroluminiscentes ou LED, nos díodos láser e nos paneis electroluminescentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao corpo ou substancia que ten a propiedade da electroluminescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa estatal francesa creada no 1976 como sucesora da Société Nationale des Pétroles d’Aquitaine (SNPA), constituída en 1941 tralo descubrimento de depósitos de gas na rexión desde 1939. Está presente en todo o ciclo do petróleo e comercializa os seus produtos baixo as marcas Elf e Antar. Converteuse no primeiro grupo refinador de Francia, así como no primeiro produtor francés de gas natural. Participou tamén nas industrias química e farmacéutica. Privatizouse en 1994 e fusionouse con Total-Fina en 1999, co que se conformou un dos primeiros grupos petrolíferos mundiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Discípulo de F. J. Fétis e de J. F. Lesueur, a partir de 1840 foi profesor de harmonía do conservatorio de París. Escribiu cantatas, oratorios e misas. En 1834 obtivo o Gran Premio de Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo de Bulgaria, no Mar Negro, ao NL de Burgas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de eminente.

    2. Lugar elevado.

    3. Persoa eminente nun campo determinado.

    4. Tratamento que se lles dá aos cardeais.

    5. Área máis elevada ou saínte da superficie dun órgano ou estrutura anatómica.

    6. Conselleiro persoal que, na sombra, inspira as decisións dun personaxe importante. O nome déuselle orixinariamente a Joseph du Tremblay, conselleiro e axente persoal do cardeal Richelieu.

    VER O DETALLE DO TERMO