"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
GALICIA
Cantante. Estudiou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e comezou a cantar moi nova atraída polas máis diversas expresións musicais populares. Manifestou unha forte inclinación cara á poesía galega, que divulgou a través das súas composicións (letras e músicas propias, poesía popular, cancioneiro galego-portugués e poesía contemporánea). En 1985 acadou o primeiro premio do Festival de Bergantiños e en 1986 editou o seu primeiro disco, Foliada de Marzo, coa produción artística do grupo Na Lúa, ao que se integrou un ano despois e co que gravou A Estrela de Maio (1987) e Ondas do mar de Vigo (Premio Galego da Crítica, 1989). En 1991 abandonou Na Lúa para retomar a súa traxectoria como solista e gravou Entre cidades. Representou a TVG en Nuremberg nun festival de televisións autonómicas europeas, dirixiu e conduciu o programa Babia en Radio Ecca Cultural (1991-1994) e colaborou en diversas revistas especializadas e xornais....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Realizou os seus estudios na Escuela Naval Militar de San Fernando e na Escola Superior de Guerra Naval Portuguesa. Foi comandante do buque-escola Juan Sebastián Elcano e xefe do Estado Maior da Jurisdición Central de la Marina.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. A finais dos anos sesenta viaxou a París, onde o coñecemento das distintas correntes artísticas contribuíu a encher de liberdade os seus lenzos. A súa obra bebeu das diferentes estéticas na busca da expresión a través das formas e das cores. Evolucionou dende a figuración ata a abstracción xeométrica con referencias cubistas, futuristas e surrealistas para despois achegarse a unha estética informalista e a unha simplicidade próxima ao construtivismo. Empregou as cores intensas, planas e a sobriedade das veladuras. Nas súas teas, traballadas como un elemento activo no que o espazo cobra vital importancia, introduciu obxectos de metal e outros materiais na busca da tridimensionalidade. Da súa produción destacan a serie Chador, Más allá del color, Credo in unum primum, La escalera de Jacob e El bosque de las primeras cosas. Realizou a súa primeira exposición na Galería Torrado de Pontevedra (1983) e dende aquela destacan, entre outras,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Director do Sanatorio Domínguez de Pontevedra. Foi vicepresidente da Deputación de Pontevedra e deputado do Parlamento galego na quinta lexislatura (1997-2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Xunto co pintor xenovés Xoán Bautista, realizou a pintura do retablo maior, dúas reixas do presbiterio e a bóveda da catedral de Tui (1716). Pintou o retablo do altar e da capela maior do santuario de Nosa Señora da Escravitude (Padrón, 1743-1744).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Zapateiro. Foi expulsado de Portugal polas súas ideas libertarias en 1914 e marchou a Brasil (1915), onde militou no sindicato anarquista en São Paulo. Perseguido polas autoridades, refuxiouse en Guaratingueta (1923) e marchou a Rio de Janeiro, onde morreu no asalto dun grupo de militantes comunistas ao local dos anarquistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Iniciouse na escultura en Madrid en 1927 con J. Cristóbal e E. Barral. Foi profesor de escultura no Instituto Superior de Bellas Artes da Universidad de Tucamán. En 1960, unha bolsa do Fondo Nacional de las Artes permitiulle unha estadía na illa de Pascua, onde estudiou as súas esculturas. A súa obra partiu dun realismo esquemático para evolucionar a un clasicismo robusto, froito da súa admiración por Maillol (Olimpiada, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prateiro. Realizou, entre outras obras, unha cruz procesional de prata para a igrexa de Santiago de Esposende (Ribadavia, 1732).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prateiro. Realizou, entre outras obras, unha cruz de prata para a igrexa de San Fiz de Asma (Chantada, 1654).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista. Coñecido como Chano, en 1978 formou a agrupación CAI, posteriormente foi discípulo do pianista Bill Dobbins e en 1986 formou o grupo Hiscadix, gañador da edición inaugural da Muestra de Jazz para Jóvenes Intérpretes. En 1992 creou un trío, que se consolidou en 1993 con Guillermo McGill e Javier Colina, no que fusionou o jazz co flamenco e co que gañou de novo a Muestra de Jazz para Jóvenes Intérpretes. Da súa discografía destacan Hiscadix (1987), Memorias (1988), xunto a Tito Alcedo, D’aquí pa allá (1991), co grupo Decoy, e Chano (1993). Participou nos programas televisivos La Buena Música e Jazz Entre Amigos, no que foi elixido Mellor Solista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Activo en Santiago de Compostela, traballou no acondicionamento da entrada de San Martiño Pinario para construír a escaleira de acceso á igrexa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Frade franciscano. Ingresou no colexio de Pasantes de Alba de Tormes e exerceu a docencia na Universidad de Salamanca. Foi gardián do convento de Tui, predicador xeneral e cronista da provincia. Foi o continuador da Crónica de Xacobe de Castro, publicada como Crónica Seráfica y prosecución del árbol cronológico de esta esclarecida, Santa y Apostólica Provincia de Santiago (...).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre de arquitectura e escultura. Activo en Tui, traballou nos pedestais das reixas de madeira do altar maior da catedral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘calzós’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luis Miguel González Lucas.
-
ENTRADA LARGA
Estado insular de América Central que se corresponde coa illa homónima do arquipélago das Pequenas Antillas, a maior das denominadas de Barlovento (751 km2; 71.000 h [estim 1999]). Está situada a 15° de latitude N e 61° de lonxitude O. A súa capital é Roseau, no SO da illa.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
Dominica é unha illa de orixe volcánica na que o seu relevo se caracteriza por ser moi accidentado, resolto nunha sucesión de edificios volcánicos aliñados en dirección N-S. De entre eles destaca o Morne Diablotin, no centro da illa, que rexistra a maior altitude con 1.447 m. Cara ao N as altitudes dos cumios descenden (861 m do Morne aux Diables), mentres que cara ao S se manteñen por riba dos 1.200 m (Morne Trois Pitons, 1.380 m, monte Watt, 1.224 m, Morne Macaque, 1.221 m). O litoral esténdese ao longo dun perímetro de 184 km de costa, e alterna segmentos ocupados por depósitos de praia (de area negra volcánica) con outros... -
-
-
Relativo ou pertencente ao domingo.
-
Aplícase ás edicións que saen como suplementos dos xornais cada domingo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao señor feudal.
-
dereito dominical
Dereito que lle pagaban os vasalos ao señor dun feudo.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado a partir do 19 de outubro de 1924 e subtitulado “Semanario de información general y Órgano de la Unión Patriótica en el distrito”.
-
ENTRADA LARGA
Estado insular de América Central, nas Grandes Antillas, que ocupa as dúas terceiras partes da illa La Española, no seu sector oriental. Limita ao O con Haití, ao N e L co Océano Atlántico e ao S co Mar Caribe (48.511 km2; 8.364.000 h [estim 1999]). Esténdese entre os 20° e 18° de latitude N e os 73° e 68° de lonxitude O. A capital é Santo Domingo.
Xeografía físicaRelevo e xeoloxía
VER O DETALLE DO TERMO
O relevo da República Dominicana caracterízase por ser moi montañoso, con altitudes superiores aos 3.000 m, que fan da súa orografía unha das máis desenvolvidas e variadas de todas as Antillas, onde se alternan os grandes cumios cos vales intermedios atravesados por numerosos ríos. Atendendo ao relevo, o territorio dominicano divídese en catro grandes sectores: a Cordillera Central, a Cordillera Septentrional, a rexión natural do SO e as chairas costeiras. A Cordillera Central, formada por materiais paleozoicos, atravesa a illa de SL a NO e nela é onde... -
-
Relativo ou pertencente a San Domingos de Guzmán e aos relixiosos que seguen a súa regra, a orde dos predicadores.
-
Relixioso ou relixiosa pertencente á orde dos predicadores.
-