"Oti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 532.

    1. Relativo ou pertencente á psicose.

    2. Que ou quen padece psicose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría proposta por P. D. Mitchell sobre a transferencia de enerxía química nos seres vivos. Segundo esta teoría, nunha membrana que contén transportadores de electróns e de protóns a través de si, aparece unha forza promotriz debida á diferenza de actividade electroquímica dos protóns a ambos os dous lados da membrana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de quixote.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. A súa poesía estivo cada vez máis dominada pola protesta contra a opresión social e o fascismo. É autor de Pogány Köszöntö (Saúdo pagán, 1930), Ujmódi pásztorok éneke (Canto de pastores modernos, 1931) e Lábadozó szel (Vento convalecente, 1933). Con Meredek út (Camiño empinado, 1938) converteuse nun clásico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Pontevedra a partir de agosto de 1895 que cesou en outubro dese ano (nº 3). Fundada por Xosé L. Pérez e dirixida por Xosé López Otero, funcionou como suplemento de pequeno formato editado mensualmente para o xornal El Noticiero. De carácter literario, incluíu numerosas composición literarias, sobre todo relatos e poesías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nucleótido que está formado por unha base nitroxenada, unha molécula de ribosa e un ou varios grupos fosfatos.

    2. Nome xenérico que reciben os ácidos inosínico e guanílico e os seus sales sódicos, que se utilizan como aditivos alimentarios en calidade de reforzantes do aroma e o sabor de certas conservas e sobre todo de moitos produtos cárnicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rinocerótidos.

    2. Mamífero da familia dos rinocerótidos.

    3. Familia de mamíferos perisodáctilos á que pertencen exclusivamente os rinocerontes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de estudos e técnicas de realización de robots. Inclúe o conxunto de disciplinas que permiten concibir, realizar e automatizar a produción industrial, e é un elemento importante da fabricación con axuda de ordenador. A robótica baséase sobre todo na microelectrónica e a microinformática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de robotizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dotar de robots a unha instalación industrial.

    2. Transformar en robot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marie Joseph Paul Yves Roch Gilbert Motier.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rotíferos.

    2. Metazoo do filo dos rotíferos.

    3. Filo de animais metazoos triploblásticos, non metaméricos, con simetría bilateral. Presentan formas variables e pequenas dimensións, sendo a maioría microscópicos. O corpo consta dunha cabeza, un tronco e un pé cónico, e está recuberto por unha cutícula de escleroproteína, ríxida, cunha coroa ou un órgano rotatorio, constituído por un anel de cilios, cun movemento ondulatorio que fan mover o animal e atraen partículas alimentarias e organismos vexetais e animais. O pé bifúrcase tipicamente en dous dedos, que poden ser utilizados para a locomoción reptante. Teñen unha glándula que segrega un líquido que lles permite adherirse ao substrato. A maioría destas especies son peláxicas de auga doce, sobre todo bentónicas, podendo enquistarse por falta de humidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller consagrada a cultos e ritos pagáns, a ofrecer sacrificios aos deuses e a estar ao cargo das cousas sagradas e dos templos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revolta campesiña ocorrida en 1808 nas proximidades de Santiago de Compostela, en contra do pago da peaxe na estrada entre esta cidade e Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos ascomicetos, da familia das esclerotiniáceas, que contan cuns apotecios infundibuliformes, pedunculados e libres desde un principio, e que se desenvolven sobre un esclerocio. Son uns dos causantes da botrite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e conferenciante. Foi columnista de El Correo Gallego e colaborou en El Progreso e en varias revistas. Publicou Viudas de vivos (1989), Buceando en el pasado (1990), Hijos del poder (1992), Ninguén suspira por ela (2000) e Escoitar o silencio (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Vigo a partir do 29 de abril de 1823. Cesou ese mesmo ano. Promovido pola Xunta de Galicia, constituída na Coruña, apareceu grazas ao establecemento dos primeiros obradoiros en Vigo, propiedade de Pascual Arza. O xornal, primeiro da cidade, saíu os martes, impreso a dúas columnas, co obxectivo de fortalecer o espírito constitucional e progresista na cidade. Desapareceu co restablecemento da monarquía absolutista, tras a intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que ten por obxecto o estudo dos signos. O termo no seu sentido actual foi introducido por J. Locke e estudado por F. de Saussure (que consideraba a lingüística como unha parte desta ciencia xeral), Ch. Morris e Ch. S. Peirce entre outros. Segundo a concepción de Peirce e Morris, en todo proceso semiótico existen: o vehículo do signo ou significante, o designatum, o denotatum, o interpretante e o intérprete; e a semiótica divídese en tres partes: sintaxe, semántica e pragmática.

    2. sintomatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á semiótica.

    VER O DETALLE DO TERMO