"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
PERSOEIRO
Escultora. Abandonou os estudios de Matemáticas para ingresar na École de Beaux Arts do Louvre. Instalouse en Nova York dende os anos corenta, onde ten un estudo en Brooklyn. Froito dos seus primeiros tempos en América son a serie de Personaxes, onde xa aparece o seu gusto pola verticalidade. A falta dun fogar durante a súa infancia e mocidade, vese reflectida na construción de símbolos arquitectónicos. Nos anos cincuenta creou as goridas ou Lair, onde aparece a anchura xunto á verticalidade. Estas instalacións acadarían novas formas nos oitenta coas Lairs articulates lairs. Nos anos noventa a súa escultura adoita unha nova forma, as Cells (celas), compostas por portas circulares. A súa obra amosa tamén un culto á muller: Femme-maison, Femme desorientée. En 1982 tivo lugar no MOMA de Nova York a primeira exposición retrospectiva da súa obra, posteriormente tiveron lugar outras dúas en París e Londres en 1985. Participou na Bienal de Venecia de 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e teórico. Participou activamente na elaboración das melodías do salterio calvinista. En 1547 editáronse dúas coleccións súas de salmos. Foi autor do tratado Le droit chemin de musique (O camiño dereito da música, 1550), primeiro manual en francés dedicado ao canto e á lectura directa das partituras vocais.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Cher, na rexión do Centro, Francia, situada na confluencia dos ríos Yèvre e Auron (75.609 h [1990]). Encrucillada de estradas e ferrocarrís, as súas principais funcións son as administrativas: é sé arcebispal e sede xudicial. Tamén é un importante núcleo industrial, destacado no sector do armamento e das construcións aeronáuticas. Capital dos cubios bitúrigos, que a chamaron Avaricum, baixo Augusto foi capital da Aquitania Prima. Durante a Idade Media foi gobernada por arcebispos que viron diminuída a súa autoridade polos vizcondes de Bourges e polos duques de Berry. En 1101 a cidade uniuse ao dominio real. Durante a Guerra dos Cen Anos converteuse en residencia de Carlos VII. Foi unha das cidades máis ricas do reino debido, sobre todo ás operacións comerciais e financeiras de Jacques Coeur (1418-1450). A catedral de Bourges (Saint Étienne, 1192-1324), de estilo gótico moi puro, ten cinco portadas aliñadas, a central con esculturas que representan...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor simbolista. Autor das seguintes novelas: Le crépuscule des dieux (O crepúsculo dos deuses, 1884), Les oiseaux s’envolent et les fleurs tombent (Os paxaros voan e as flores caen, 1893), e do poema “La nef” (A nave, 1904 e 1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista e crítico francés. Formouse dentro do Positivismo, seguidor de Taine. O seu primeiro éxito foi Essais de psychologie contemporaine (Ensaios de psicoloxía contemporánea, 1883-1885). Sobresaíu rapidamente como autor de novelas psicolóxicas, pero a análise de base científica das súas primeiras novelas, Cruelle énigme (Enigma cruel, 1885) ou André Cornélis (1886), evolucionou cara a unha actitude moralista, de denuncia do Positivismo, como en Le disciple (O discípulo, 1889), Cosmopolis (1893), L’étape (A etapa, 1902) ou L’émigré (O emigrado, 1907). As súas novelas de personaxes burgueses están moi ben estruturadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Barón de Bourgoing. Escritor e diplómatico francés. Foi embaixador en Madrid (1792 e 1793) e negociou os acordos que levaron ao Tratado de Basilea (1795). Escribiu Nouveau voyage en Espagne (Nova viaxe a España, 1788), titulada en edicións posteriores Tableau de l’Espagne moderne (Cadro da España moderna), obra de grande utilidade para os estudiosos da Península Ibérica do s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político tunesino. Estudiou leis na Université da Sorbonne. Exerceu de avogado en Tunes e converteuse en militante do partido Destour do que se separou en 1934 e fundou o Parti Socialiste Destourien. Emprendeu unha intensa propaganda en favor da independencia de Tunisia, feito polo que estivo en prisión. Trasladado a Roma en 1940, apoiou os aliados na Segunda Guerra Mundial. Regresou ao seu país en 1942 e foi arrestado polos alemáns. Fuxiu de Tunes en 1945 e instalouse no Cairo. Foi aceptado polos franceses como mediador nas negociacións pola independencia (1954-1956). Foi Presidente da Asemblea Nacional e xefe do goberno (1956), máis tarde proclamou a República (1957), da que foi Presidente. Estableceu un programa socializador baseado na reforma agraria e nas colectivizacións industriais e comerciais. Participou no FNL de Alxeria e conseguiu a retirada das forzas francesas da base de Bizerta. En 1974 foi proclamado presidente vitalicio do seu partido, e no ano seguinte de Tunisia. Dende...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Reporteira gráfica. Estudiou en diversas universidades norteamericanas. Comezou a traballar para a revista Life en 1935. Destacou polo seu labor fotográfico nos campos de concentración nazi de Buchenwald (1945) e polo traballo feito ao redor da figura de Gandhi na India. En 1952 estivo presente no conflito de Corea. Abandonou o seu traballo en 1956 por motivos de saúde. Entre as súas obras destacan: The story of steel (A historia de aceiro, 1928), Eyes on Russia (Unha ollada de Rusia, 1931), USSR Photographs (Fotografías da URSS, 1934), Say, is this the USA (Confesa, isto é USA, 1941), Shooting the Russian War (O bombardeo na guerra de Rusia, 1942), Halfway to freedom (A medio camiño cara á liberdade, 1949) e Portrait of myself (Autorretrato de min mesma, 1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Francia, filla de Otón IV, conde de Borgoña. Casou con Carlos IV de Francia. Acusada de adulterio, foi repudiada en 1322 e retirouse a unha abadía.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da land de Brandenburgo, Alemaña, na beira do río Havel (90.400 h [1990]). Porto fluvial, encrucillada de camiños e posteriormente do ferrocarril e das estradas, converteuse nun importante núcleo industrial, destacando as ramas siderúrxica, téxtil, mecánica e química. A súa orixe atópase na fortaleza de Brennabor ou Brennaburg, que foi conquistada a principios do 928 por Enrique I. No 928 foi convertida por Otón I na sede dun bispado secularizado no s XVI. Ocupada cara ao 1150 por Alberte o Oso, obtivo o título de margraviato e despois o de electorado. No s XII Brandenburgo chegou a ser a residencia dos margraves ascanios. En 1848 foi sede da asemblea nacional prusiana. Entre os seus monumentos, moi afectados polos bombardeos da Segunda Guerra Mundial, destacan a catedral románico-gótica, iniciada no s XII, a igrexa gótica de Santa Catarina do s XV, a antiga casa do concello dos ss XIV-XV e algunhas pontes medievais. Ao final da Segunda Guerra Mundial quedou no...
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do N de Alemaña. Tradicionalmente comprendía a Altmark (Marca Vella), a Mittelmark (Marca Mediana) e a Neumark (Marca Nova); ademais estaban unidas a estas tres marcas as pequenas rexións de Uckermark, Prignitz e Ruppin, e os bispados secularizados de Brandenburgo, Havelberg e Levus. Na división provincial prusiana de 1815, Altmark integrouse na provincia de Saxonia, e as outras, xunto coa Baixa Lusacia, constituíron a provincia de Brandenburgo. Os territorios desta última, despois da anexión de Neumark a Polonia en 1845, constituíron unha land da República Democrática Alemana en 1949, ata que en xullo de 1952 foi abolido o sistema federal. A Mittelmark corresponde aproximadamente aos actuais bezirke de Postdam e Frankfurt do Oder. No ano 1990, unha vez reunificados os dous estados alemáns, creouse a land de Brandenburgo. Estivo habitada primitivamente polos semmons e despois foi invadida por diversas tribos eslavas que foron conquistadas por Carlomagno...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Land do norte de Alemaña (29.476 km2; 2.573.291 h [estim 1998]). A súa capital é Postdam. Corresponde aproximadamente á rexión histórica de Brandenburgo aínda que a actual land non incorpora Berlín, que polo seu carácter de capital nacional e a súa particular traxectoria durante a segunda metade do s XX (na que permaneceu dividida entre as dúas repúblicas alemanas), forma unha land independente. Está baixo un dominio climático continental moderado, rexistrando unha temperatura media anual de 9,6°C e un total de precipitacións de 667 mm ao ano. As principais actividades económicas baséanse na explotación dos seus recursos naturais, tanto os agropecuarios como os minerais, especialmente os xacementos de carbón vexetal e as industrias químicas e metalúrxicas. Destacan os seguintes núcleos urbanos: Postdam, Brandenburgo e Cottbus. A actual land de Brandenburgo foi creada no ano 1990, cando a República Democrática Alemana se integrou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Casa margravial do Sacro Imperio. Foi rexida por catro dinastías; primeiramente, os ascanios de Weimar (1134-1320), que se dividiron en dúas ramas, Brandenburgo-Stendal-Tangermünde, extinguida no 1320, e Brandenburgo-Stargard-Salzwedel, extinguida en 1317; logo os Wittelsbach de Baviera (1320-1373); os Luxemburgo (1373-1415) e, por último, os Hohenzollern de Nuremberg (1415-1918). Estes últimos conseguiron a dignidade dos príncipes-electores do Sacro Imperio (1417). Desta última dinastía naceron varias liñas, a principal reinou en Prusia e as secundarias en diversos principados do Imperio: Brandenburgo-Bayreuth, despois chamada Brandenburgo-Culumbach; Brandenburgo-Ansbach e Brandenburgo-Schwedt; estas, ao se extinguiren, pasaron a Prusia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura local de Hallsttat no norte de Alemaña (I milenio a C). Deriva da cultura Lautitz.
-
-
Relativo ou pertencente a Brandenburgo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Brandenburgo.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Formado baixo a influencia de Sainte-Beuve, Taine, Stuart Mill e Renan. Chegou a ser un vangardista oposto ao Romanticismo. Destacan as súas biografías sobre grandes persoeiros como Shakespeare, Heine, Ibsen e Goethe, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, gravador e escultor. Formouse no Havre e na École de Beaux Arts de París, a onde se trasladou en 1900. Foi discípulo de Raoul Dufy e de Othon Friesz. En 1906 expuxo por vez primeira no Salón des Indépendants; a pintura que realizaba entón estaba relacionada coa dos fauves con quen expuxo no ano 1907. No mesmo ano coñeceu a Picasso e iniciou o movemento cubista. Os seus primeiros cadros cubistas son de 1908 en L’Estaque. Mantívose nesta tendencia ata a Primeira Guerra Mundial e introduciu importantes innovacións, como os papiers collés e a imitación do mármore e a madeira. Despois negouse a adscribirse ao Cubismo. A súa vocación era a dun clasicista, que o conduciu máis tarde a unha estrita preocupación polos valores plásticos, especialmente os táctiles, e pola composición. As súas características principais foron a mesura e a claridade. Ao comezo da Segunda Guerra Mundial traballou a escultura en pedra. Fixo gran número de litografías e augafortes e ilustrou, entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor. Autodidacta, coñecía a fondo a poesía francesa, que musicou con frecuencia (Villon, Verlaine e Victor Hugo, entre outros). Militou en grupos anarquistas (1946), e a temática da súa obra conservou un ton ácrata, arremetendo en contra da orde establecida; as súas posicións pacifistas, anticlericais, contrarias á pena de morte, fan que a súa obra sexa comprometida e con gran difusión durante a década dos setenta. Compuxo música de raíz popular e as súas letras, caracterizadas pola tenrura e a ironía, teñen un gran rigor técnico baixo unha aparencia ás veces vulgar, empregando a miúdo palabras das xergas; os temas tratados son o amor, a morte, a amizade, a existencia de Deus ou a violencia que deben soportar os seres marxinados. Destacan os títulos La mauvaise réputation (A mala reputación, 1952), Les amoreux des bancs publics (Os amantes dos bancos públicos, 1952) ou Margot (1952). Publicou a peza teatral Les amoureux qui écrivent sur l’eau (Os...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico alemán, profesor de química, física e electroquímica en Karlsruhe (1911). Investigou o peso atómico anómalo do chumbo, a acción catalítica dos metais en estado coloidal e ideou o concepto de “envelenamento” dos catalizadores. Ideou o método de electrodispersión para a separación de coloides facendo saltar unha chispa no seo dun líquido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor holandés, discípulo de Jozef Israëls. Nas súas obras iniciais percíbense influencias de Franz Hals, Rembrandt, Mesdang e Willem Maris. Nun comezo pintou, en estilo realista, animadas composicións de cabalos. Despois dunha viaxe a París no 1884, na que descubriu a pintura de Manet, orientouse cara a un impresionismo moi persoal. Estableceuse no 1886 en Amsterdam, onde se dedicou a amosar escenas da vida portuaria e da súa arquitectura. O interese deste autor pola fotografía testemúñase nas composicións, instantáneas e directas, como Paleisstraat ou Amsterdam, pintadas no 1896. É coñecido, ademais de polas súas visións de Amsterdam, polos seus espidos.
VER O DETALLE DO TERMO