"RNE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 566.

  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Iniciador e cronista do Grupo 47, a súa obra documenta feitos políticos e culturais como Almanach der Gruppe 47 (Almanaque do Grupo 47, 1947-1962). Tamén escribiu Die Geschlagenen (Os derrotados, 1949), co que obtivo renome internacional, e a autobiografía Reisen durch meine Zeit (Viaxes a través do meu tempo, 1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sección separada, no s XIV, da caccia e o madrigal, moitas veces cun cambio de ritmo, e que corresponde a un texto tamén diferenciado.

    2. Conclusións orquestrais que seguen a unha aria ou un recitativo acompañado, na ópera dos ss XVII-XIX, ou que introducen outra vez un tema cantado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e músico de jazz. Coñecido como Sam Rivers, o seu estilo constitúe unha síntese de elementos tradicionais e o free-jazz. Colaborou con Miles Davis en 1964.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Radio Nacional de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e teórico italiano. Foi membro e teórico do grupo BBPR, ao que se lle debe a colonia helioterapéutica de Legnano (1937-1938), a Torre Velasca (1957) en Milán, e o edificio comercial Hispano Olivetti, en Barcelona (1960-1964). Pertenceu aos CIAM desde 1951 a 1959, editou a revista Domus e dirixiu Casabella continuità (1954-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudou na University of Cambridge como alumno de J. J. Thompson e foi profesor en Montréal (1898), Manchester (1907) e Cambridge (1919), onde tamén dirixiu o Cavendish Laboratory (1919-1937). Investigou a radioactividade, os gases e a materia e estableceu un modelo de átomo (modelo atómico de Rutherford). En 1899 descubriu a radioactividade do torio e identificou os raios á e â das radiacións radioactivas. Estudou o núcleo atómico e a masa dos neutróns e, en 1906, identificou as partículas á como núcleos de helio e, con Geiger, ideou un método para contalas (1908). En 1919 descubriu a transmutación de elementos, que investigou xunto con J. Chadwick (1921-1924). Obtivo o Premio Nobel de Química en 1908 pola súa investigación na desintegración dos elementos e a química das substancias radioactivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Fundou con F. Pessoa a revista Orpheu, divulgadora dos movementos de vangarda. En 1914 publica os poemas de Disperção, que, con Indícios de Oiro, integran as Poesías Completas (1946). Escribiu tamén a novela Confissão de Lucio (1914), os contos Céu em Fogo (1915), a peza teatral Amizade (1912) e dous volumes de correspondencia con F. Pessoa (1958 -1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Independentista arxentino. Defendeu Montevideo e Bos Aires dos ataques británicos e axudou ao vicerrei Santiago de Liniers Bremond na revolta de 1809. Participou nos feitos de maio de 1810, declarou vacante o vicerreinado do Río de la Plata e convocou unha xunta gobernativa da que foi nomeado presidente. Foi derrocado polo xeneral Juan Martín de Pueyrredón. Rehabilitado polo Congreso de Tucumán (1816), foi presidente do Estado Maior e en 1821 retirouse da vida política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e novelista. Doutor en Física, ampliou os seus estudos en París (1938), onde participou nos movementos artísticos de vangarda, interesado especialmente polo surrealismo. Ao seu regreso a Arxentina exerceu como enxeñeiro e ensinou física na Universidad de La Plata, onde foi cesado por motivos políticos (1945). Foi presidente da comisión encargada do informe sobre os desaparecidos no seu país durante a ditadura militar, titulado Nunca más (1983) e coñecido como informe Sábato. O seu primeiro libro, Uno y el Universo (1945), obtivo o Premio Municipal de Produción Filosófica y Científica (1946). Escribiu ensaios de interese político, polémicos e literarios. A súa obra como narrador forma unha interesante triloxía, composta por El Túnel (1948), Sobre héroes y tumbas (1962) e Abaddón el exterminador (1974), onde analiza a realidade arxentina desde unha profunda visión da problemática do s XX. Recibiu o Premio Cervantes (1984) e o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Negueira de Muñiz baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e diplomado en audiovisuais, traballou en El Progreso, onde foi redactor xefe e director adxunto. Correspondente de El País en Lugo (1979-1985), cargo que compatibilizou co seu labor en Radio Lugo e Radio Voz, onde foi xefe de informativos (1998), co tempo incorporouse ao Grupo Voz. Director de La Voz de Galicia (1999-2000), director de Proxectos Editoriais (2000) e director de Opinión (2001), publicou en colaboración, La memoria ajena (1993) e Rumbo variable: diálogos en torno al ‘Prestige’ (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Desde 1979 foi catedrático de Valenciano na Universitat de València e colaborou no Atlas Lingüístico de la Península Ibérica e no Dicionari catalá-valencià-balear. Das súas obras destaca La llengua dels valencians (1931), Gramàtica valenciana (1950) e Aproximació a la història de la llengua catalá (vol 1, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya (9.169 h [2001]). Os principais cultivos son os cereais e as leguminosas de secaño. A industria está diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen padece ou ten sarna.

    2. Que ou quen é ruín ou avarento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante neerlandés. Entre 1601 e 1603 participou nunha expedición ás Indias Orientais e, entre 1615-1617, na de Jacob Lemaire, na que descubriron o cabo de Hornos (1616).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico alemán. Dos seus filmes destacan Salomé (1971), Der Schwarze Engel (O anxo negro, 1973), Napolitanische Geschwister (Irmáns napolitanos, 1978), Die Generalprobe (A proba xeral, 1981), Liebeskonzil (Concilio de amor, 1982), Malina (1990) e Deux (Dous, 2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Île-de-France, Francia (5.915 km2; 1.193.767 h [1999]). A súa capital é Melun (35.695 [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Competición internacional de rugby que se disputa desde 1910 entre as seleccións de Escocia, Gales, Irlanda, Inglaterra e Francia, polo sistema de liga a unha soa volta, co nome de Torneo das Cinco Nacións. En 1999 incorporouse Italia e adoptou o nome definitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e explorador irlandés. En 1901, co barco Discovery, participou na expedición da Antártida de R. F. Scott. Escribiu The Heart of the Antarctic.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre e político. Herdou do seu pai o título de conde de Lansdowne e entrou a formar parte da Cámara dos Lores (1762). Foi membro do goberno tory de Greenville (1763) e do whig de Rockingham (1782), a quen sucedeu como primeiro ministro.

    VER O DETALLE DO TERMO