"Rei" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1485.
-
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou belas artes na Universidade de Porto, na que foi profesor de deseño desde 1997. A súa obra, de referencias figurativas, posúe unha importante débeda co mundo do gravado, en cadros de paleta case monócroma, na que o debuxo e o grafismo están moi presentes. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Julio Resende, o Premio de Pintura Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (1997) e o Premio Pintura Vesperie na Bienal de Montijo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor portugués. De tendencia realista, as súas primeiras novelas reflicten a experiencia de emigrante e as posteriores, as inxustizas sociais dende o realismo socialista. Publicou Emigrantes (1928), A selva (1930), Eternidade (1933) e A curva da estrada (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que inclúe as parroquias de Castelo de Pallares, Costante, Entrambasaugas, Ferreira de Pallares, Gomelle, Guntín de Pallares, Lamela, Monte de Meda, Pradeda, San Cibrao de Monte de Meda, Santa Euxea, Sirvián, Vilameá, Vilamerelle, Vilarmao e Zolle (concello de Guntín), Lamas e Monte de Meda (concello de Lugo) e todas as do concello de Portomarín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santa María de Ferreira de Pallares.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Santa María de Ferreira de Pallares (Guntín). Pertenceu a un antigo mosteiro beneditino que recibiu tamén o nome de Santa María de Ferreira de Guntín. Adóitase afirmar que foi fundado no 909 polo conde Ero e a súa dona, a condesa Laura, como mosteiro dúplice, aínda que se coñece a súa existencia por unha doazón do 898 de dona Elvira. Posteriormente, foi restaurado como mosteiro de monxes beneditinos a finais do s XI ou principios do s XII e en 1557 frei Rodrigo de València e frei Pedro de Nájera anexionárono ao mosteiro de Samos, unión que confirmou nunha bula o Papa León X, e do que dependeu ata a exclaustración de 1835. O Rei Afonso VII acoutou os seus termos e durante os ss XII e XIII gozou da protección real, ademais de recibir un gran número de doazóns. Consérvase a igrexa románica de finais do s XII ou principios do s XIII, e segundo unha inscrición rematouse en 1226. Ten planta rectangular cunha soa nave, dividida en catro tramos, e ábsida semicircular....
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que inclúe todas as parroquias do concello de Pantón, agás as de Santalla de Toiriz, Santo Estevo do Mato, Toiriz e Tribás.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Castelo de Masid.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro cisterciense situado en Santa María de Ferreira de Pantón (Pantón). Ten a súa orixe nun mosteiro dúplice beneditino do s X. En 1175, a condesa Fronilde de Lemos restaurouno como cenobio feminino e incorporouno á orde do Císter como dependencia do mosteiro de Meira. Pertenceu á Congregación de Castela e, trala exclaustración, a vida monacal reanudouse en 1858. Pertence á Congregación Cisterciense de San Bernaldo e é o único mosteiro feminino cisterciense en Galicia. Conserva a igrexa de nave única rectangular, cuberta cun casetonado de tradición mudéxar, e ábsida semicircular, cun tramo recto cuberto con bóveda de canón e un semicircular con bóveda de cuarto de esfera; o tramo semicircular reforzouse por nervios que converxen ao centro do arco que divide os dous tramos. O arco de acceso á nave é de medio punto e ten tres arquivoltas con molduras. Na ábsida consérvanse dous sepulcros baixo arcosolio que corresponde a Diego de Lemos e Lope Sánchez de Lemos; o conxunto conserva os...
-
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo portugués. Malia ser promotor da chegada do Renacemento a Portugal e autor de obras como O Cioso ou O Bristo, debe a súa fama á recreación que fixo da vida e morte da nobre galega Inés de Castro, namorada de Don Pedro, Príncipe de Portugal e futuro rei, na obra titulada Tragédia de Dona Inés de Castro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político paraguaio. En 1871 ocupou os ministerios de Guerra e Mariña, e de Interior. Trala revolta de 1874 marchou do país, lugar ao que regresou en 1895 para ocupar novamente o ministerio de Guerra. Tras encabezar a revolta de 1904, asumiu a presidencia da República, ata que foi derrocado en xullo de 1908.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Realizou as custodias do altar maior e do altar do Sacramento da catedral de Tui.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Membro da Real Académia da História e profesor na Universidade de Coimbra. Das súas obras destacan Memoria sepulchral, epitaphio saudoso, esculpido pello sentimento sobre a sepultura da sempre augusta... D. Maria Sophia Isabel de Neuburg, rainha de Portugal (1699) e Noticias chronologicas da Universidade de Coimbra (1728).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Foi cónsul en Noruega (1925-1930). O seu primeiro libro data de 1918, pero a súa obra comezou realmente en 1948 con Poesia I. Posteriormente, publicou Poesia II, III, IV, V e VI, ademais de contos e prosas poéticas de crítica social.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor portugués. Especialista en literaturas africanas, publicou obras de creación literaria como Grei (1944), Morna (1948), A casa dos Motas (1956), Morabeza (1958), Hora di bai (1962) ou Voz de prisão (1971), e estudios como A aventura crioula (1976) e Literaturas africanas de expressão portuguesa (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e crítico musical. Licenciouse en Filosofía na Universidade de Lisboa e doutorouse en Musicoloxía na University of Princeton (EE UU). Profesor na Escola das Artes da Universidade Católica Portuguesa, é membro do Centro de Estudos de Sociologia e Estética Musicais da Universidade Nova de Lisboa, do equipo interdisciplinar de investigación sobre a Catedral de Braga e do equipo de estudios sobre canto gregoriano do CERIMM (Francia). Co-fundou o GRUPO-Animação Musical, co-dirixiu o Conselho Português da Música e coordinou as publicacións Informação Musical (1981-83) e Arte Musical (1986). Escribiu música para teatro, cine e para diversos conxuntos de cámara, especialmente vocais. En 1995 fundou o grupo “Vozes Alfonsinas”, dedicado sobre todo á divulgación da música medieval e renacentista, co que gravou The Sound of Martin Codax (1986), Cancioneiro da Biblioteca Publia Hortensia de Elvas (1989) e Porto 714: Um manuscrito precioso (2001). Dirixiu a publicación facsimilada do Cancioneiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o Río Viñao en Santa María do Campo (O Irixo). Do s XVIII, presenta un arco de medio punto e tallamar triangular. Pertenceu ao antigo Camiño Real do Carballiño.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Da primitiva construción románica só conserva os lados da nave. A ábsida e a portada principal construíronse no s XVIII. No exterior destaca a porta S de arco de medio punto con tres arquivoltas e co tímpano decorado con tres lóbulos, un entrelazo cruciforme e unha inscrición.
VER O DETALLE DO TERMO