"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de ácido láctico na urina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de lactosa na urina. É frecuente durante o embarazo e a lactancia.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Doutor en teoloxía e dereito canónico e civil, foi catedrático de dereito canónico na Universidad de València. Foi capelán e tenente vicario da Armada e prelado auditor da Rota. Escribiu Derecho canónico (1946-1947). Recibiu a Medalla de Oro de Pío X e as cruces de San Raimundo Peñafort e Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Pasou a España en 1761 e trala invasión da Península Ibérica por Napoleón, formou parte da Junta Central e foi membro da primeira rexencia do reino (1810). Defensor dos dereitos de Fernando VII, este nomeouno ministro de Ultramar (1814) e posteriormente conselleiro de Estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e posteriormente en Madrid, con A. Marinas. Competiu con Asorey (1919) polo posto de profesor de escultura anatómica da facultade de medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Tres anos máis tarde acadou a praza de profesor de escultura na Escola de Artes e Oficios de Valladolid, aínda que posteriormente a cambiaría pola de Zaragoza, cidade na que se instalou definitivamente. Realizou, entre outros, os monumentos a Pais Lapido (1918), na alameda de Santiago de Compostela, e aos irmáns Prieto (1933) no Carballiño. Destacou tamén como imaxineiro. Participou nas exposicións nacionais de belas artes e recibiu unha terceira medalla en 1912 pola obra Á fin... tarde!.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenor. Debutou en 1919 en Viterbo con I Puritani de Bellini. A grande extensión e beleza da súa voz convertérono nun dos primeiros tenores do mundo. En 1922 presentouse no Teatro alla Scala de Milán e no Liceu de Barcelona con Rigoletto de Verdi.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido graxo contido como glicérido no leite, no esperma de balea e en diversos aceites vexetais, como o de palma e o de coco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten follas semellantes ás do loureiro, ou sexa, persistentes, coriáceas e relativamente grandes. Os vexetais laurifolios son propios sobre todo das terras intertropicais e subtropicais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radical univalente, de fórmula C12H25-, derivado do dodecano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona montañosa de Grecia, situada no extremo meridional de Ática. Na Antigüidade foi famosa polas súas minas de chumbo arxentífero, explotadas desde finais do s VI a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de bosque perennifolio constituído por árbores e arbustos laurifolios. É propio sobre todo das zonas tropicais marítimas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de sodio, aluminio e xofre, de fórmula Na4SSi3Al3O12. Pertence á subclase dos tectosilicatos e é un dos constituíntes do lapislázuli. Ten unha cor azul escura intensa non uniforme e láminas finas traslúcidas. Ten unha dureza de 5-5,5 e un peso específico de 2,38-2,45. Emprégase desde a Antigüidade en ornamentación.
-
PERSOEIRO
Historiador francés. Foi un pioneiro da historia agraria e da paleoclimatoloxía e cultivou tamén a demografía e a historia das mentalidades. Das súas obras destacan Histoire du climat depuis l’an mil (1967), L’Etat royal (1987) e Le siècle des Platter (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto eutéctico de ferro e carburo de ferro, cun contido de 9,3% en peso de C, que se forma por debaixo de 1.130°C a presión normal. A súa microestrutura está formada por unha matriz de cementita con inclusións perlíticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta herbácea perenne, de 10 a 40 cm de lonxitude, que presenta as lígulas truncadas e dentadas e as flores en inflorescencia, en panícula moi ramuda e con glumas membranosas. Florece entre xuño e xullo en lugares con certa altitude, aínda que tamén pode verse en zonas de beiramar. OBS: Tamén se denomina rabo de raposa.
-
-
Relativo ou pertencente aos lemúridos.
-
Mamífero da familia dos lemúridos.
-
Familia de mamíferos primates, da suborde dos prosimios, de pequeno tamaño, de 12 a 14 cm de lonxitude, fociño alongado e semellante ao dos cans, patas curtas, cola longa e moi espesa, ollos grosos e redondeados, pelaxe densa e laúda, e de corpo áxil. Son fruxívoros e omnívoros e teñen costumes arborícolas. Habitan na illa de Madagascar.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos lemuriformes.
-
Mamífero da infraorde dos lemuriformes.
-
Infraorde de mamíferos, da orde dos primates que inclúe individuos das familias dos lemúridos e dos índridos, entre outros.
-
-
PERSOEIRO
Emperador de Oriente (717-741). Fundador da dinastía isáurica, foi estratega do tema de Anatolia, o que lle permitiu tomar Constantinopla e substituír a Teodosio III no trono. Derrotou os musulmáns e desprazounos ata o comezo do Éufrates, e someteu as provincias de Sicilia e Calabria á autoridade do patriarcado de Constantinopla. Tentou reformar o estado e consolidar a autoridade imperial cunha reforma administrativa e a redución do tamaño dos temas. Ditou dous decretos (726 e 730), polos que se prohibía o culto ás imaxes, feito que orixinou a cuestión iconoclasta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Taumaturgo da orde franciscana, predicou por Italia e defendeu a devoción do via crucis. A súa festividade celébrase o 26 de novembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos góbidos, de tamaño menor aos 15 cm de lonxitude, de corpo opaco subcilíndrico e escamas ctenoides, agás na caluga. En Galicia a especie máis común e L. friesii, que presenta caluga sen escamas e aleta caudal lanceolada.