"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Instrumento cordófono das familia dos laúdes. Ten doce cordas, sen cordal, que se fan soar co plectro. De orixe oriental (SL de Asia), foi moi popular en Ucraína a partir do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento cordófono da familia dos laúdes, moi común na música popular hispánica. De dimensións reducidas (uns 50 cm), caixa de dorso plano e en forma de pera co mango moi curto, en proporción coa caixa; está dividida en catorce trastes, sen cordal e con seis dobres cordas. Nos conxuntos de bandurras e guitarras ten destinada a parte aguda, e faise soar por medio dunha puga, en trémolo case constante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumentista que toca a bandurra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ancho de banda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte escandinavo practicado nunha pista rectangular de xeo por dous equipos de once xogadores que intentan introducir unha pelota cun bastón na portería contraria. É un precedente do hóckey sobre xeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pía ou recipiente, de diversos tamaños e formas, que serve para bañarse. SIN: baño.

    2. Recipiente que pode ter diferentes formas ou tamaños segundo a súa utilización.

    3. Cavidade descuberta de certas embarcacións menores, principalmente pequenos balandros, onde se instala o patrón e dende onde se empuña o temón.

    4. Pequeno recipiente empregado para a aplicación de solucións medicamentosas nos ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Caixa empregada polos panadeiros para gardar o gran ou a fariña e poder ir esparexéndoa ao amasar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peneira de pel e sen buratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Baña ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da Baña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Notable estratega, tivo unha intervención decisiva na Guerra dos Trinta Anos como xefe do exército sueco destacado en Alemaña, cargo que ocupou despois da morte do Rei Gustavo Adolfo e da gran derrota de Nordlingen (1634). Conseguiu grandes vitorias sobre as tropas imperiais en Wittstock (1636) e en Chemnitz (1639).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frautista e compositor. Ampliou os seus estudios en Milán, onde foi primeiro frautista na orquestra do Teatro da Escala. Antes e despois foi músico do exército. No 1831 obtivo o posto de primeiro frautista na Catedral de Santiago de Compostela. Nesta cidade foi mestre de música no Convento de San Martiño Pinario, e organizou diversas bandas. Entre as súas composicións destaca un drama sacro titulado Canciones al nacimiento de Nuestro Señor Jesucristo, con textos de poetas galegos e atribúeselle o Himno de Riego; ademais publicou Explicaciones de música para la enseñanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Fundou o periódico Bengalee (1878) e participou na fundación do Indian National Congress (Congreso Nacional Indio, 1883). Promoveu o boicot para as importacións británicas, opúxose á división de Bengala e encabezou o movemento a favor da educación nacional. Posteriormente fundou a Indian Liberal Association (Asociación Liberal India) e foi ministro de Administración e de Sanidade de Bengala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas na súa rama galega: en campo de goles, seis besantes de ouro, postos en dous paos; armas coincidentes coas dos Baños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banco Español de Crédito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Estudiou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Entre 1932 e 1965 foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela. Interveu na ordenación urbanística da cidade compostelá como nos xardíns da Alameda e na rúa San Francisco. A súa proposta arquitectónica participa do Racionalismo, sobre todo na concepción da planta dos seus edificios (nº 14 da rúa Doutor Teixeiro de Santiago, 1945). Tamén interveu no patrimonio histórico santiagués, adiantando propostas que despois tiveron certa continuidade (nº 11 da rúa do Vilar).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. Exerceu de notario en Monforte de Lemos, Santiago de Compostela e na Coruña. Foi un dos fundadores da Real Academia Galega. Editou artigos en diversas publicacións galegas, principalmente na Revista Gallega. Entre os seus traballos destacan A prol do estatuto (1933), o ensaio O bilingüismo e o discurso que pronunciou con motivo do cincuentenario da fundación da Academia, recollidos ambos no Boletín da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador, fotógrafo e operador de cine e televisión. Participou no GAC (Grupo Amateur de Cine), que realizaba algunhas curtametraxes a principios dos sesenta. En 1964, xunto con Gonzalo Anaya Santos e Ezequiel Méndez Vidal, directivos do cineclub santiagués do Sindicato Español Universitario (SEU), fundou o Equipo 64 a través do que realizou un documental sobre a cidade e outro sobre o Camiño de Santiago. Banet exerceu como autor da fotografía e colaborou, así mesmo, no guión. Formouse na Escuela Oficial de Cine en Madrid para logo ampliar coñecementos de fotografía en Bélxica e Francia. Na década dos setenta foi operador en O cadaleito (1976), obra de curtametraxe en 35 mm de E. R. Baixeras. Traballou para o centro galego da TVE, sendo tamén impulsor da Videoteca de Galicia, integrada no Arquivo da Imaxe de Galicia. Ademais realiza vídeos e programas para a Televisión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástica. Licenciada en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade de Vigo. Compaxina a pintura co gravado e a escultura. A súa obra pictórica reflicte a problemática do feminino como xénero, onde a ironía ao redor da condición tradicional da muller está moi presente. Participou en diversas exposicións colectivas, entre as que salienta Madrid-Berlín, realizada no Centro de Arte Conde Duque de Madrid (1998). Tamén realizou exposicións individuais na galería Marta Cervera de Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo dominicano. Discípulo de Melchor Cano e de Pedro de Soutomaior, foi comentarista de Tomé de Aquino, mestre de Teoloxía en Alcalá, en Valladolid e en Salamanca e confesor (1561-1567) de santa Teresa de Jesús. Enfrontouse ao molinismo, sobre todo nas ideas da premonición física e a gracia, que afirmaban que Deus impulsaba a vontade humana a pasar ao acto libre. Tivo un papel importante na controversia de auxiliis entre dominicanos e xesuítas. Escribiu numerosas obras filosóficas e teolóxicas, algunhas delas aínda están inéditas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio do sur da provincia de León (Castela e León), na comarca de Valduerna, situado na confluencia dos ríos Tuerto e Duerna, pertencentes á conca do Órbigo (10.492 h [1996]). Cabeza de partido xudicial, é o centro dunha subárea comercial con industria derivada da agricultura. A estrada nacional radial N-VI (Madrid-A Coruña), é o seu principal eixe de comunicación. Está enclavada na antiga Vía da Prata, empregada en tempos dos romanos para o transporte do mineral dende os xacementos ástures ata o porto de Hispalis (actual Sevilla). Esta ruta era a que seguían os peregrinos mozárabes do S da Península Ibérica no seu camiño a Santiago de Compostela. A primeira referencia documental a La Bañeza remóntase ao ano 932, data da doazón dun mosteiro próximo á vila de Vanieza, construído para dar hospedaxe aos peregrinos. Afonso VIII de Castela, logo da Batalla de Las Navas de Tolosa (1212) distinguiu á vila co título de Moi Leal. En 1486, don Pedro González de Bazán, señor de La Bañeza, outorgoulle...

    VER O DETALLE DO TERMO