"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Xénero de fungos, da familia das entolomatáceas, de cogomelos con láminas de cor rubia e esporas con formas poliédricas e angulosas. En Galicia están presentes, E. cetratum, con cogomelos de ata 8 cm de altura, cun sombreiro de 5 cm de diámetro, de cor parda amarelada, cunha zona central escura e cheiro a fariña, que aparece principalmente en bosques de piñeiros; E. clypeatum, con cogomelos de ata 12 cm de altura, cun sombreiro de 12 cm de diámetro plano e umbonado, de cor parda escura e cheiro fariñento, que está presente en sebes; E. leptonipes, de cogomelos de ata 5 cm de lonxitude e cun sombreiro de 4 cm de diámetro con forma de funil de cor lila cinsento, co centro ennegrecido e que aparece nas fragas; E. nidorosum, de cogomelos de ata 10 cm de altura, cun sombreiro de 8 cm de diámetro, de cor parda amarelada, propio de fragas e bosques de ribeira; e E. papillatus, con cogomelos de cor parda escura que acadan os 5 cm de altura e sombreiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo ás entolomatáceas.

    2. Fungo da familia das entolomatáceas.

    3. Familia de fungos, da orde das plutais, á que pertencen aos xéneros Clitopilus, Rhdocybe e Entoloma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Barco de Valdeorras baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada sobre o río Galir ou Éntoma, en San Xoán de Éntoma (O Barco de Valdeorras). Trátase dunha ponte cun van rebaixado. Pertenceu ao camiño real de Sobradelo á Barca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘insecto’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que se alimenta de insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modo de polinización na que interveñen os insectos como vectores da polinización. As plantas que presentan esta estratexia posúen aparatos de reclamo baseados tanto nas cores -que serven para sinalar a situación da flor-, como nos olores -que poden ser aromáticos, para atraer insectos que se alimentan de zumes, ou pestilentes destinados a insectos necrófagos-. Tamén teñen dispositivos mecánicos -como a disposición dos órganos produtores de néctar ou forma e adherencia do pole-, para facilitar a colocación deste pole sobre os insectos que visitan as flores e que o desprazarse a outra flor da mesma especie permite a polinización. Tamén se denomina entomogamia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é afeccionado aos insectos

    2. Pertencente ou relativo á entomofilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás entomoftorais.

    2. Fungo pertencente á orde das entomoftorais.

    3. Orde da clase dos cigomicetos constituída por fungos parasitos de insectos e, ás veces, de plantas ou saprófitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • entomofilia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • entomófilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especializada en entomoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da bioloxía que estudia os insectos e outros grupos de artrópodos. A orixe desta ciencia débese a Aristóteles, que empregou por primeira vez o termo ἕ ντομον para referirse aos hexápodos -insectos en sentido estricto-, miriápodos e arácnidos. Durante moitos séculos, na Idade Antiga e Media, os seus textos constituíron a base fundamental do coñecemento destes invertebrados e a entomoloxía viuse reducida á reprodución e comentario dos textos do filósofo grego. Por outra parte, no s I, Plinio escribiu Etymologiarum libri XX, obra na que trata algunhas especies de insectos e Eliano, no s II, fai o propio na súa obra De Natura animalium. A entomoloxía moderna comezou coa edición de Insectorum sive minimorum animalium Theatrum, publicada en Londres en 1634, levada a termo por Thomas Moffett, pero que principiara na metade do s XVI Thomas Penny a partir do material inédito de Konrad Gesner e os esquemas de clasificación realizados por Edward Wotton; este...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pertencente ou relativo á entomoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pertencente ou relativo aos entomostráceos.

    2. Crustáceo da división dos entomostráceos.

    3. Antiga división dos crustáceos, proposta en 1806 por Pierre André Latreille, que agrupaba os branquiópodos e branquiúros, cefalocáridos, copépodos, cirrípedes, ostrácodos e mistacocáridos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero da familia dos melifáxidos ao que pertence a especie E. cyanotis, de ata 32 cm de lonxitude, caracterizada por presentar a cabeza de cor negra con áreas desplumadas e dunha viva cor azul; as partes superiores acastañadas douradas e as inferiores brancas. Aliméntase principalmente de néctar, froitos e insectos. A especie é propia de bosques e matogueiras, dende o S de Nova Guinea ata o N e L de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Indica a coincidencia temporal cun momento pasado ou futuro respecto da orixe.

    2. Introduce o efecto ou a consecuencia do que se expresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Animal invertebrado pseudocelomado, de menos de 5 mm de lonxitude, de corpo en forma de cáliz, no que se localiza o aparato dixestivo pregado, o excretor de tipo protonefridial e carece de sistema circulatorio; fíxase ao substrato mediante un pedúnculo. Aliméntanse de plancto, mediante filtración, grazas a unha coroa de tentáculos retráctiles no medio dos cales está o orificio bucal e o orificio anal. Son maioritariamente animais dioicos, aínda que tamén existen entoproctos hermafroditas, e poden reproducirse asexualmente por xemación. Poden ser solitarios ou coloniais, e as máis das especies son mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO