"Abe" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 982.
-
-
-
carabullo.
-
Arte de pesca que se emprega para coller polbos. Consiste nun pau -provisto ou non de anzós ou ganchos- unido a un cordel, ao que se lle ata unha pedra para darlle peso. Cébase con patexos, que se atan ao pao. A pesca con este aparello realízase desde a embarcación, parada ou en marcha, de xeito que actúe preto do fondo.
-
-
GALICIA
Escritor. Presidiu o Patronato da Cultura Galega de Montevideo e foi director de Sempre en Galicia e colaborador do Diario Español de Montevideo. Prologou diversos libros e escribiu Unha historia de Carballo. Recibiu, entre outros galardóns, o Primeiro Premio das Festas de San Xoán de Carballo (1975), o Primeiro Premio de Narrativa Ciudad de Vigo (1977), o Primeiro Premio Xogos Frorais do Centro Galego de Montevideo (1979) e Honra á Galeguidade Alma Galega (1983) e a Vieira de Prata (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Santiago de Compostela 8.10.1909 - Santiago de Compostela 05.08.2003) Escritor, político e médico. Estudiou medicina na Universidade de Santiago de Compostela, onde obtivo o premio extraordinario de licenciatura, e acadou o grao de doutor na Universidad de Madrid. Ademais, ampliou a súa formación en Suíza, Francia e Berlín co profesor Von Bergmann, creador da patoloxía funcional. Durante a súa permanencia na universidade compostelá foi presidente da FUE e estableceu amizade con Rafael Dieste, Manuel Antonio, Carlos Maside, Rof Carballo, Luís Seoane, Ánxel Fole e Álvaro Cunqueiro, entre outros moitos. Posteriormente, relacionouse con Castelao e Vicente Risco. Co estalido da Guerra Civil española non puido desenvolver a docencia universitaria e exerceu a súa profesión como médico, na que destacou como un experto en temas de nutrición e a súa relación co metabolismo. A chegada de Ramón Otero Pedrayo á Universidade de Santiago de Compostela, xunto á aparición da Editorial Galaxia en 1950,...
-
GALICIA
Escritor. Investigador no campo da etnografía, coordinou o suplemento cultural Cataventos de El Ideal Gallego e colaborou en La Voz de Galicia. Dirixiu a Guía de la artesanía de Galicia (1984) e publicou Galicia artesana (1988) e O liño (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Fundador e catedrático de Arquitectura na Acadèmia de Sant Carles (1768), a súa obra reflicte a transición do Barroco ao neoclasicismo. Das súas obras destacan a remodelación da catedral de València e a finalización da aduana (1758-1760).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico e historiador. Formado en filosofía e teoloxía nos conventos de Sarria e Poio, ingresou en 1906 nos mercedarios. Os seus intereses históricos centráronse no estudo da presenza dos misioneiros en América e Filipinas. Director de La Merced, das súas obras destacan La Merced en Perú (1945), La traida de libros y vestuarios en el siglo XVI de los misioneros, desde sus conventos a Sevilla, pasados por el Tesorero de la Casa de Contratación (1954) e Aviamiento y catálogo de los misioneros que en el siglo XVI pasaron de España a Indias y Filipinas según los libros de Contratación (1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Punto do craniométrico saxital situado na posición máis prominente dos arcos supraorbitais.
-
Punto somático saxital situado no lugar máis prominente entre as cellas.
-
-
Lóbulo axial prominente que se atopa no escudo cefálico dos trilobites, onde se xuntan os segmentos que compoñen a cola.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta arbórea que presenta follas opostas oblongas, flores brancas e froitos comestibles.
-
GALICIA
Escritor. Colaborador de El Progreso e Las riberas del Eo, publicou Cacería de ciclóstomos en Ifni (1991), Pódese pasar? (1991) e Historias intra da bisbarra (1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filóloga. Catedrática de Filoloxía Italiana desde 1988, dirixiu o Dicionario italiano-galego (2000) e publicou, entre outras obras, Sufixos nominais no galego actual (1978), Profilo di Sibilla Aleramo. La donna e l’intellettuale nelle opere e nel giudizio dei contemporanei (1982), Antología de la Literatura Italiana (1986), El Apóstrofe en la Escuela Poética Siciliana. Parangón con la lírica gallego-portuguesa (1989), Viaggio da Napoli à S. Giacomo di Galizia fatto dal Sigr. Nicola Albani (1993), edición e versión en castelán dun manuscrito italiano do s XVIII, Vita Nuova. Nueva lectura (2000), Gramática italiana II (2002) e Escolma do italiano contemporáneo (2002). Ademais, traduciu do italiano ao galego (O Príncipe, de N. Machiavelli, 2002) e ao castelán (El Novelino, 1999); e do galego ao italiano (Cousas e Retrincos, de Castelao).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma do relevo de orixe tectónica que se resolve nunha fosa flanqueada a ambos os dous lados por unha serie de chanzos máis elevados das que resulta unha forma que en sección é practicamente simétrica.
-
PERSOEIRO
Poetisa e dramaturga irlandesa. Con Yeats, Synge e Moore, fundou en 1899 o Irish Literary Theatre, e despois o Abbey Theatre (1904). Publicou estudios folclóricos, obras dramáticas e Our Irish Theatre (1914).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guerrilleiro de ideoloxía anarquista. Xastre de profesión, o seu pai foi fusilado nos primeiros días da Guerra Civil Española. Foi un dos fundadores da Federación de Guerrillas de León-Galicia, en 1942. Entre 1943-1945 enlazou coa dirección da CRG, compartindo cos militantes socialistas M. Castro Tellado e A. Fernández Crespo, Fuenteoliva, a creación da III Agrupación de guerrillas da Federación, operativa entre Os Ancares e Valdeorras. En 1946 colaborou con J. Castro Veiga, o Piloto, formando parte dun grupo voante do pro-comunista Ejército Guerrillero de Galicia. Descontento coa disciplina militar aplicada polo PCE e desenganado da eficacia da loita armada, contactou coa CNT para pasar a Francia a mediados de 1947.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución procesual que ten como finalidade pór a calquera persoa detida ilegalmente a disposición inmediata da autoridade xudicial competente. De orixe inglesa, creouna Carlos II en 1678. Nos países anglosaxóns constituíu unha inmunidade procesual ata que se probaba a culpabilidade. En España recoñeceuse na Constitución de 1978.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capacidade para realizar ben e con facilidade algo que implica un certo grao de complexidade, especialmente actividades manuais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten moita habilidade para facer algo, en especial para actividades manuais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de gando miúdo que pertence a unha persoa, unha familia ou un grupo de veciños.
-
-
Ser ou existir algo. OBS: Na tradición oral recóllense ditos como: “Onde non hai nada, a porta está sempre pechada. Onde non hai, non cómpre buscar. Para todos haxa, e para nós non falte.”
-
Ocorrer ou ter lugar algo.
-
Estar ou atoparse nun lugar.
-
Pasar ou transcorrer o tempo que se expresa.
-
Conxunto de bens e dereitos que posúe unha persoa física ou xurídica. OBS: Utilízase xeralmente en plural.
-
Columna dereita dunha conta na que se anotan as reducións de capital en funcionamento (activo) ou os incrementos das fontes de financiamento (pasivo), e os beneficios do neto. Oponse a deber.
-
Emolumentos que percibe unha persoa por un traballo.
-
-
-
Ser ou existir algo. OBS: Na tradición oral recóllense ditos como: “Onde non hai nada, a porta está sempre pechada. Onde non hai, non cómpre buscar. Para todos haxa, e para nós non falte.”
-
Ocorrer ou ter lugar algo.
-
Estar ou atoparse nun lugar.
-
Pasar ou transcorrer o tempo que se expresa.
-