"Alle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 636.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de 1885. Subtitulouse “Periódico Regional”. Fundado e dirixido por Francisco Salgado López, imprimiuse nos seus propios obradoiros tipográficos. Incluíu abundante correspondencia dos lectores, unha sección local, un apartado bibliográfico e algunhas poesías, así como folletíns de autores galegos e estranxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Pontevedra a partir do 27 de agosto de 1894. Cesou en xaneiro de 1900. Subtitulado “Periódico dedicado a la primera enseñanza”, o seu propietario e director foi R. Tovar Méndez. Incluíu disposicións lexislativas sobre educación e artigos pedagóxicos. Editouse nos obradoiros de Xosé Eiras e logo nos da viúva de Antúnez, en Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Vigo a partir de xuño de 1997. Subtitulouse “Periódico mensual independiente de información general”. Dirixido por Alberto Alonso Gallego e coordinado por Víctor de las Heras, centra a maior parte dos seus contidos na cidade de Vigo e nos concellos da mancomunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Vigo a partir do 27 de xaneiro de 1924. Cesou o 17 de xuño de 1979 (nº 20.661). Fundado por Manuel Portela Valladares, o seu primeiro director foi Ramón Fernández Mato, quen cesou en 1927, cando pasou á dirección o seu fundador. Naceu por iniciativa da Liga de Defensores de Vigo, un grupo liberal que estaba ligado ao seu fundador. A propia Liga adquiriu os obradoiros de La Concordia, para editar os dous xornais. Distínguense dúas etapas na publicación. Durante a primeira, desde a súa fundación ata xullo de 1936, moveuse por distintas tendencias, desde o anticaciquismo ata os posicionamentos liberais achegados ao PSOE, o nacionalismo e o galeguismo próximo á Xeración Nós. Naqueles anos mantivo loitas co conservador Faro de Vigo e co liberal-galeguista Galicia. O xornal acadou gran prestixio popular, baseado na óptica política e cultural desde a que abordou os cambios sociais e do galeguismo, así como polo seu interese na galeguización do ensino...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fabrica ou vende quincalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, pai de Joaquín Quiroga Espín. Formado en enxeñaría de montes e dereito, pertenceu ao Partido Liberal e pactou cos conservadores para que ambos os dous tivesen sempre representación nas Cortes polo distrito de Lugo. Foi deputado por Lugo (1881-1887 e 1891-1907) e por Daimiel (1907-1908). Director xeral de Obras Públicas (1893), subsecretario de Ultramar (1897) e subsecretario de Gobernación (1901), foi director xeral de Administración e Fomento de Filipinas, e ministro de Gobernación (1906). A súa notoriedade naceu coa súa xestión de Filipinas, caracterizada por certo liberalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Afonso XIII en 1931 a Joaquín Quiroga Espín (Madrid 1880? -?). Sucedeuno en 1971 o seu fillo Joaquín Quiroga Díaz (? - Madrid 24.10.1983), II conde de Quiroga-Ballesteros. O seu sucesor foi o seu fillo Joaquín Quiroga Sartorius. Trae por armas escudo medio cortado e partido: 1º, de ouro, un carballo de sinople e base da mesma cor, cun lobo de sable pasante; 2º, de goles, cinco paus cortados ao pé de ouro; e 3º, de ouro, aciñeira de sinople e dous lobos de sable, pasantes, un diante e outro detrás; timbrado, con coroa condal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar onde abundan as árbores pequenas ou arbustos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Mandeo pola dereita que nace na parroquia de Negradas (Sobrado) e desemboca na de Curtis, no concello homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Martín de Lúa (Pol). O seu cumio acada os 558 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ramo pequeno de flores ou plantas.

    2. Conxunto de froitos ou froitas que están unidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Futbolista. Coñecido como O Tigre de Maracaná, foi porteiro titular do F. C. Barcelona (1949-1961) e da selección española, coa que foi 36 veces internacional. Acadou a internacionalidade en México (1950) e consagrouse como un dos mellores porteiros do mundo nos campionatos de Brasil do mesmo ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera cousa que se estraga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo poboado de arbustos e matogueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución con sede en Santiago de Compostela que se fundou en 1977 como Academia Gallega de Ciencias. Ostenta o título de Real desde 1994. Edita a Revista da Real Academia Gallega de Ciencias e organiza cursos, conferencias e outras actividades. Xunto coa Fundación Caixa Galicia convoca os Premios de Investigación da Real Academia Gallega de Ciencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Vigo a partir de 1900. Non cesou antes de 1913. Rexionalista con orientación cara ao agrarismo, funcionou como órgano do Directorio Redencionista. De periodicidade quincenal e dirixido por Arturo P. Alcaina, criticou o sistema foral e avogou pola liberación total do labrego. A publicación tivo unha segunda época, a partir de marzo de 1910. No I Congreso Agrario Provincial de Pontevedra foi nomeado voceiro da Federación Provincial de agricultores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en La Habana a partir de 1913. Dirixida por Xesús Peynó e Enrique Zas, tivo periodicidade mensual. Incluíu información de Galicia e Cuba, así como diversos artigos sobre temas galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, publicou a súa primeira novela en 1977 co título Dos anxos e dos mortos. Das súas obras tamén destacan o conto Querido Brais (1977), premiado no concurso do Pedrón de Ouro; o drama Xogos de Damas (1988), estreado polo grupo teatral Malbarate en 1987; e as obras narrativas Loaira (1992, Premio Losada Diéguez) e Talego (1993, Premio Manuel García Barros), xunto ao libro de relatos A Sombra dos teus soños (1998). Tamén realizou incursións no ensaio con Tempo de vinganza: ensaio sobre Hamlet, de William Shakespeare (2003, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Montevideo a partir do 12 de outubro de 1917. Editada polo Centro Galego de Montevideo, inicialmente e ata agosto de 1925 levou a cabeceira de Centro Gallego. Subtitulada “Órgano de la Colectividad Gallega en el Uruguay”, durante a década de 1920 foi dirixida por Constantino Sánchez Mosquera. Recolleu colaboracións de intelectuais galegos e mantivo unha sección permanente de información sobre Galicia, que incluíu colaboracións literarias e ensaios. A partir de agosto de 1929 cambiou a súa cabeceira por Galicia “Revista del Centro Gallego”, de periodicidade irregular. En 1944, dirixido por Xoán M. Castro e coa cabeceira orixinal, volveu publicarse un número especial con motivo do 65 aniversario do Centro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada na Coruña a partir do 12 de marzo de 1895 que cesou o 30 de xuño de 1907 (nº640). Subtitulada “Semanario de literatura e intereses regionales”, foi dirixida por Galo Salinas. Publicación emblemática do rexionalismo galego, a partir do 14 de novembro de 1897 proclamouse “Órgano oficial de la Liga Gallega en La Coruña”, acentuando entón as súas posicións respecto da normalización da lingua galega e do seu ensino. Ese mesmo ano incluíu información do Boletín Bibliográfico de la Librería Gallega, que daba conta das publicacións na Coruña. Completaba os seus contidos con artigos sobre lingua e literatura, o teatro galego, a emigración ou a historia do xornalismo en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO