"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Trobador portugués da segunda metade do s XIII, pertencente a unha das máis antigas e prestixiosas familias do Reino de Portugal que se implantou na zona comprendida entre os ríos Douro e Támega. A Primeira Crónica General e o Livro del Repartimiento de Sevilla menciónano como un dos participantes nas conquistas de Jaén (1246) e Sevilla (1248), polo que recibiría de Afonso X herdades como pago á súa colaboración no proceso de Reconquista. De regreso a Portugal, e durante o Reinado de Afonso III, foi Tenente de Bragança, Alcaide de Alenquer e Gobernador das terras de Sousa (1253-1277) e da comarca de Riba de Minho (1277-1280). Antes de 1251, e en data incerta, casou con Mór Gonçalves, sobriña do trobador Garcia Mendiz d’ Eixo e unha das famosas ‘netas do conde’ Mendo Gonçalves I de Sousa, célebres pola mención que delas fai Martin Soarez na cantiga satírica “Pois bõas donas son desemparadas”, na que este autor critica o rapto de Elvira Anes de Maia (filla de Guiomar Mendes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e misioneiro italiano. Fundou (1732) a congregación do Santísimo Redentor (redentoristas). O seu sistema moral (equiprobabilismo) sitúase entre as correntes rigoristas e as probabilistas. Autor de Las glorias de María (1750) e dunha Theología Moralis (Teoloxía moral, 1753-1755). Foi canonizado no 1839. A súa festividade celébrase o 2 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta, durante corenta anos exerceu humildemente o oficio de porteiro do seu convento mallorquino. A lenda atribúelle que recibiu unha zorrichada de sangue do seu propio corazón, apertado por Cristo e a Virxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador, primeiro fillo ilexítimo de don Dinís de Portugal con Aldonça Rodrigues de Telha. No ano 1289 aparece mencionado o seu nome nunha doazón feita polo Rei ao medio irmán do trobador, o tamén ilexítimo e trobador Pedro de Portugal, Conde de Barcelos. Na Corte de seu pai, ademais de coñecer os rudimentos do trobar gozou dunha posición política vantaxosa. Entre 1291 e 1304 recibiu do monarca diversas posesións na Beira, Paiva, Vouga e Salamanca; dende 1307 participou activamente na vida da Corte ao obter ese mesmo ano o título de Senhor de Albuquerque. Polo seu matrimonio con Teresa Martins, e como consecuencia do fallo rexio de 1312 que poñía fin á contenda que mantiña co outro herdeiro, o conde Martin Gil de Riba de Vizela, o infante recibiu unha importante herdanza do seu sogro, Xoán Afonso de Albuquerque, incorporando ao seu patrimonio distintas propiedades no Entre Douro e Minho, Estremadura e Alto Alentejo. Paralelamente, medraba a súa proxección política na corte, detentando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego, mencionado nos Livros de Linhagens por mor do casamento de seus pais, Soeiro Ares e Maria Afonso, filla ilexítima de Afonso IX de León. Participou, xunto co seu irmán Pero Soarez, na conquista de Sevilla, sendo ambos os dous beneficiados no Repartimiento de Sevilla de 1248. Estes datos fan supoñer que desenvolvería a súa actividade poética no segundo cuarto do s XIII. Non obstante , a súa mención en 1262 no testamento da súa muller Teresa Anes de Deza, no que pide ser enterrada no mosteiro de Santa María de Aciveiro (Forcarei), demostran que aínda estaría activo neste ano. A produción deste trobador consta unicamente do escarnio persoal “Poren Tareija Lópiz non quer Pero Marinho”, conservado no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. A alusión a Tareija Lópiz e a Pero Marinho, personaxes que mantiveron relacións cos Sarraças no século XIII, seguen corroborando o período de actividade que se ten establecido....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1416-1458). Fillo de Fernando, quen deixou trazada a política xeral dos reinos proseguida polos seus fillos, e Leonor de Alburquerque. Mostrou unha sensibilidade ao catalán moi axiña, aínda que no Parlamento de Barcelona (1416) fixera a proposición real en castelán, nas Cortes de Sant Cugat (1419) leu a proposición en catalán. En Sardeña afianzou o dominio catalán (1420) grazas a un acordo co vizconde Guillerme III de Narbona e na illa de Córsega puxo cerco a Bonifacio para facer efectivo o título de Rei de Córsega; así mesmo, entrou na cidade de Nápoles logo de vencer por terra a Luís de Anjou e por mar aos xenoveses. Afonso volveu a Catalunya e permaneceu nove anos nos seus reinos ibéricos. A súa política exterior estivo marcada pola oscilación de intereses entre a expansión mediterránea e a peninsular, con predominio definitivo da primeira. As guerras dos Trastámara de Aragón contra os de Castela, que custaron a vida do infante Enrique (1445), procuraron o dominio de Toledo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1438-1481). Fillo de Duarte e de Leonor de Aragón. Librou contra Pedro, conde de Coimbra, a Batalla de Alfarrobeira (1449) onde morreu o conde. Continuou (1458-1471) en África a obra de expansión de Enrique o Navegante. Loitou a favor de Xoana pola sucesión de Castela, que acabou co Tratado de Alcaçovas. En Coimbra fundou a primeira biblioteca humanística portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segrel galego supostamente orixinario de Negreira e de cronoloxía sen confirmar. Sábese que en 1246 participou na toma de Jaén, na súa condición de escudeiro; non obstante con respecto á súa categoría social, parece mellor consideralo como segrel en base á súa vida disoluta. O momento de maior produción artística (1240-1250?) dáse na Corte de Fernando III onde coincide con outros trobadores como: os portugueses Martin Soarez, Roi Gomez de Briteiros, Gonçal’ Eanes do Vinhal e Johan Soarez Coelho, e os galegos Pero da Ponte e Pero Garcia d’ Ambroa. Cultivou os tres xéneros maiores da lírica galego-portuguesa, cun total de vinte e unha cantigas atribuíbles, e outra máis de dubidosa adscrición, conservadas nos cancioneiros copiados en Italia, no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: unha cantiga de amor, tres de amigo, dezasete satíricas (dezaseis de escarnio e maldicir e unha tenzón) e outra incompleta que non nos permite precisar o xénero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Muller de Augsburgo que morreu durante a persecución de Diocleciano (284-305). Segundo unha lenda do tempo de Carlomagno (Conversio Afrae), morreron con ela outras mulleres que posiblemente practicaban a prostitución e foran convertidas polo Bispo Narciso. A súa festividade celébrase o 5 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de afrancesar.

    2. Que ou quen adoptou ou imita con afectación os costumes franceses.

    3. Que ou quen é partidario do francés.

    4. Aplicado ás persoas que colaboraron co Rei Xosé I de España, irmán de Napoleón I posto por este no trono de España trala invasión da Península Ibérica polas súas tropas. En principio, incluía os persoeiros ascendidos polo Motín de Aranjuez (marzo de 1808) que, malia aconsellaren a Fernando VII que viaxara á Baiona francesa, acabaron recoñecendo a conveniencia dun cambio dinástico. O bando afrancesado non cristalizou ata despois da Batalla de Bailén (xullo de 1808), xa que algúns dos que concorreron á Asemblea de Baiona abandonaron a obediencia a Xosé I. Pola súa actitude e os seus compromisos, cómpre diferenciar varios grupos de afrancesados. Un estaría formado por aqueles que, como Azanza, O’Farril, Urquijo, Cabarrús, Llorente e Meléndez Valdés, se adheriron á causa e persistiron ata o final. Outro estaría formado por un grupo de escritores sevillanos (Arjona, Lista, Miñano), afiliados ao partido afrancesado en 1810. Os funcionarios que non tiveron azos para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de afrancesar ou afrancesarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar carácter francés a algo ou alguén.

    2. Adaptarse aos costumes ou tradicións propias de Francia ou dos franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral romano. Pompeio designouno Lugartenente seu, fíxoo elixir Cónsul (60 a C) e enviouno a Hispania no momento máis crítico das loitas civís como comandante da Hispania Citerior. Xulio César venceuno na decisiva batalla librada ao S de Lleida (49 a C), na que loitaba xunto con Petreius. Morreu despois da Batalla de Tapsa (46 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo romano. Foi un dos creadores do teatro romano. Considérase que é o pai da comedia que se designa co nome de fabula togata, xénero no que se describen as clases medias urbanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goberno xeral que reúne en forma de federación, de 1910 a 1958, os territorios franceses de Gabón, Congo Medio, Ubangi-Xari e Chad. A capital foi Brazzaville.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goberno xeral que reuniu en forma de federación (1895-1958) os territorios franceses de Senegal, Mauritania, Sudán, Alto Volta (actual Burkina Faso), Níxer, Guinea, Costa do Marfil e Dahomei (actual Benín). A capital foi Dakar. Os seus territorios acadaron a independencia en 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga colonia establecida entre os lagos Victoria e Tanganica e o océano Índico, en 1884-1885, por unha compañía privada alemana. Despois da Primeira Guerra Mundial, quedou baixo o mandato británico co nome de Tanganica. En 1919 as comarcas occidentais de Ruanda e Burundi segregáronse dese territorio para pasar ao mandato belga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que tiñan, antes de 1920, os territorios que máis tarde darían lugar á colonia de Quenia. Posteriormente o nome foi aplicado ao conxunto formado por Quenia, Uganda, Tanganica e Zanzíbar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación coa que se designaban, despois da conquista italiana de Abisinia, os territorios de Eritrea, Somalia italiana e Abisinia (1936-1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de Namibia durante a dominación alemá (1883-1915).

    VER O DETALLE DO TERMO