"Ava" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 621.
-
-
de oitavar.
-
Que ten oito lados ou caras.
-
-
-
Dar a algo forma octogonal.
-
Dividir algo en oito partes iguais.
-
Tocar na oitava superior ou inferior dun son en certos instrumentos de vento.
-
-
-
-
Período de días en que se celebra unha festa relxiosa.
-
Función relixiosa que se celebra durante os oito días consecutivos dunha festa.
-
-
Conxunto de pregarias, feitas xeralmente por cristiáns de diversas confesións, para pedir a unidade das igrexas. A práctica foi iniciada por dous anglicanos, Spencer Jones e Lewis Watson (1908), e foi fomentada entre os católicos por Paul Couturier (1935). Celébrase do 18 ao 25 de xaneiro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do curso inferior do río Cubango.
-
PERSOEIRO
Escritor e músico. Na súa obra alternou o ton melancólico cunha crítica satírica da sociedade contemporánea. Aproveitou a súa faceta de cantautor para poñer música ás súas creacións poéticas, das que destacan Lirika (1956) e Ostrova (Illas, 1959). Tamén publicou a novela autobiográfica Bud zdorov, skoljar (Boa sorte, alumno, 1963), a novela histórica Bednyj Avrosimov (O pobre Avrosimov, 1969) e Mersi, ili pochoždenija Sipova (Grazas, ou a aventura de Sipou, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Xavier de Oliveira.
-
CIDADES
Cidade da Moravia Setentrional, República Checa, situada próxima á fronteira con Polonia (61.771 h [2001]). É o centro dunha rexión agrícola e forestal. Entre 1849 e 1918 foi capital da Silesia austríaca.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Eslovaquia, formado pola conxunción dos dous ríos Orava, o Branco e o Negro (112 km). Nace en Beskidy e é subafluente do Danubio a través do Váh, no que desemboca en Kral’ovany.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado no centro da illa, na vertente N do Teide (37.738 h [2001]). A economía baséase na agricultura, que conta con grandes extensións de plátanos, e no turismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Moravia Setentrional, República Checa, situada á dereita do Oder (327.553 h [1991]). Formada pola unión de Moravská Ostrava e Slezská Ostrava, no SL únense coa cidade satélite de Havířov. É o centro da rexión carbonífera máis importante do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
DINASTIAS
Dinastía india que reinou en Kānci (actual Kānchīpuram), desde principios do s V a finais do s IX. Orixinaria do Deccan, os seus membros impulsaron o comercio e expandíronse limitadamente polo SL de Asia. Foron eclipsados pola dinastía támil dos Chola.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Método de defensa dunha embarcación contra as minas submarinas de contacto. Son uns dispositivos que van arrastrados fixados na proa ou na popa, entre dúas augas e a unha distancia suficiente do casco da embarcación, de xeito que poida facer estourar as minas, se as hai, sen causar danos. Moi empregados na Primeira Guerra Mundial, deixaron de usarse desde que na Segunda Guerra Mundial apareceron as minas submarinas magnéticas, acústicas e de presión.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Palencia, Castela e León, situado no val de Retortillo e regado por diversos afluentes do Carrión (2.342 h [2001]). É un mercado comarcal con agricultura e gandaría. Posúe industria alimentaria e téxtil.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Documento expedido polo xefe das forzas navais dun estado en guerra que permite navegar con seguridade a unha nave inimiga, especialmente un barco hospital ou un barco mercante que por razóns especiais efectúa un tráfico determinado entre portos inimigos.
-
Documento provisional expedido polo cónsul dun porto estranxeiro que permite a habilitación de bandeira do seu estado a unha embarcación, desde o porto de expedición do documento, en que se efectuou a compra, ata o momento do seu abandeiramento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Vigo en 1895 por Paulino Freire. Comezou dedicándose á construción de barcos con cascos de madeira de deseño propio, provistos de equipos propulsores e auxiliares con patente propia. Co tempo especializáronse na construción de barcos con casco de aceiro de ata 160 m de eslora e na reparación e renovación de todo tipo de embarcacións, principalmente pesqueiros e remolcadores, pero tamén frigoríficos, portacolectores e buques de apoio e vixilancia.
-
-
Danza cortesá aparecida en Europa cara a 1525, posiblemente orixinaria de Padua. Xeralmente de ritmo binario e pausada, era un baile de cerimonia ou de introdución a outras danzas. As coleccións de Petrucci e D’Attaingnant recollen exemplos desta variante. Desapareceu a mediados do s XVII como danza, pero mantívose como música instrumental.
-
Música que acompaña esa danza.
-
-
PERSOEIRO
Tenor italiano. Considerado un dos intérpretes operísticos máis importantes de finais do s XX, debutou en 1961 no papel de Rodolfo na ópera La Bohème, de G. Pucini. Dotado dunha voz ampla, tecnicamente moi segura, e cunha gran capacidade para a interpretación escénica, especialmente nos papeis cómicos, actuou nos escenarios máis importantes do mundo, como La Scala de Milán (1965) ou a Metropolitan Opera de Nova York (1968), cun repertorio que abrangue óperas, recitais e cancións napolitanas e italianas. Realizou numerosas gravacións discográficas e compartiu cartel con José Carreras e Plácido Domingo no espectáculo Os tres tenores, que presentou en distintas cidades do mundo, como Roma (1991) e Los Angeles (1994). Rodolfo, Radamés (Aida), Manrico (Il Trovatore), Nemorino (L’elisir d’amore) e Cavaradossi (Tosca) foron algúns dos seus papeis máis destacados. Recibiu varios premios Grammy, a Commendatore di Gran Croce da República de Italia e a Légion d’Honneur en Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado rupestre situado no lugar de Fragoselo en Coruxo (Vigo). A rocha de 10,50 m por 4,70 m, presenta unha gran cantidade de combinacións circulares de diferentes tamaños, sucos, cazoletas, coviñas e pegadas zoomorfas. Destaca o gran suco que percorre a rocha en sentido norte a sur, á dereita do que aparece unha gran combinación circular de 124 cm de diámetro. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.
-
PERSOEIRO
Nadadora. Foi campioa de España no estilo de bolboreta en 100 m (1992, 1997 e 2003), 200 m (1997 e 2003) e 500 m (1997). Conseguiu a medalla de ouro en 200 m bolboreta nos Campionatos de Europa de Sevilla (1997) e en 100 m bolboreta na Copa do Mundo de Moscova (1997). Tamén gañou a medalla de prata en 200 m bolboreta na Copa do Mundo de Moscova (1997), nos Campionatos de Europa de Istambul (1999) e na Copa do Mundo de París (2001). Olímpica en Barcelona (1992), Atlanta (1996), Sydney (2000) e Atenas (2004), recibiu a medalla de prata da Real Orden del Mérito Deportivo (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no O da parroquia de San Fiz de Monfero (Monfero). O seu cumio acada os 685 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO