"Dal" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 544.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que consiste na dispersión da luz cando un feixe de raios luminosos atravesa un coloide. Foi descuberto por M. Faraday (1857) ao analizar as propiedades ópticas de dispersións coloides de ouro e estudada por J. Tyndall (1869).
-
PERSOEIRO
Físico irlandés. Estudou o diamagnetismo, a absorción e a radiación da calor, a dispersión da luz, a suspensión das partículas nos coloides, a combustión dos gases e os ruídos producidos por esta. Explicou o fenómeno da xeada dos glaciares.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo inglés. Das súas obras destaca Ralph Roister Doister, escrita en 1553, a primeira comedia en lingua inglesa que se coñece.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor noruegués. A súa obra principal, Dansen giennom skuggeheimen (A danza para o casal dos homes, 1911-1924), recollida en dez volumes, fala do mundo dos traballadores da terra.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado na cordilleira Cantábrica e regado polo río Escudo (2.495 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Heraldista. Foi cronista oficial de Villafranca del Bierzo e secretario do Instituto Histórico de la Marina, escribiu La Condesa de Pardo-Bazán y sus linajes: Nobiliario (1952) e Los Saavedra y los Fajardo en Murcia: nobiliario (1956). Recibiu a Gran Cruz del Mérito Naval e as ordes de Alfonso X e Isabel la Católica. Foi secretario da Real Academia de la Historia e membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado en La Hoya de Málaga, á beira do Guadalhorce (2.972 h [2001]). A agricultura de secaño e a gandaría son a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao vandalismo.
-
Relativo ou pertencente aos vándalos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia a destruír por gusto perverso, ignorancia ou ostentación de forza, as obras da civilización ou aquilo que pertence ao dominio artístico, científico ou sagrado.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos vándalos.
-
Individuo do pobo vándalo.
-
Pobo xermánico que, ao inicio da era cristiá, estaba instalado á beira esquerda do curso medio do Vístula. Dividido en silingos e asdingos, establecéronse en Moravia no s II, e despois en Panonia setentrional. En 401 avanzaron cara ao Rin e espalláronse pola Galia. En 409 conseguiron atravesar os Pireneos centrais e occidentais e ocuparon diversas zonas da Península Ibérica. Os vándalos silingos establecéronse en Andalucía, onde foron derrotados polo visigodo Valia en 416-418. Os vándalos asdingos comezaron ocupando a metade setentrional de Portugal e en 425 tomaron Sevilla e despois Cartagena. En 429 establecéronse no N de África, desde onde se apoderaron das Balears, Córsega, Sardeña e Sicilia. En 455 saquearon Roma. Belisario, xeneral do Emperador Xustiniano, destruíu o seu reino e incorporou os territorios ao Imperio de Oriente en 534.
-
Lingua xermánica do phylum indoeropeo que falaba o pobo vándalo.
-
-
Que ou quen realiza actos vandálicos.
-
-
GALICIA
Musicólogo e crítico musical. Formado con Xoán Montes, da súa obra destacan Estudio sobre los orígenes y desarrollo de la música popular gallega (1892), Monografía sobre la música patriótica española (1901) e Del piano y de las pianistas (1905). Presidente da Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo, foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lixo ou desperdicio que se xunta na varredura.
-
PERSOEIRO
Trobador probablemente de orixe portuguesa. Activo na segunda metade do s XIII, puido pertencer a unha familia de Coimbra relacionada con Pero Martinz, presbítero e mestre-escola da Sé da cidade portuguesa. Pola súa participación no ciclo de Maria Balteira, a súa tenzón con Pedr’Amigo de Sevilha e a súa colocación nos cancioneiros xunto a Johan Garcia de Guilhade e Fernan Velho, presúmese que participou na vida da corte de Afonso X. Da súa obra consérvanse un total de 13 textos, tres cantigas de amor, cinco de amigo, catro de escarnio e unha tenzón. Do cancioneiro burlesco destacan “Vedes agora que mala ventura”, en que fala da homosexualidade de Fernan Díaz, un personaxe moi coñecido da corte, e “Don Anssur, per qual serviço fazedes”, onde critica a desmesurada ambición do protagonista.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, regado polo Guadalfeo, situado ao N de Motril (2.580 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurisconsulto e político arxentino. Dirixente do partido unitario, opúxose á Ditadura de Rosas e tivo que exiliarse. De volta en Bos Aires (1852), foi senador e ministro de Finanzas, do Interior e de Xustiza. Foi autor do Código Civil arxentino (1869) e coautor do Código de Comercio (1869).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Miguel Fernández Félix.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que provén do latín vitalis, adxectivo derivado de vita ‘vida’: ‘que ten vida, que dá vida’. Como nome de pía ten probablemente un valor místico, ‘relativo á vida (sobrenatural)’. Frecuente na Idade Media, co tempo pasou a ser sobre todo apelido. Presenta a variante Vital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, unha torre de prata sumada de medio corpo de león nacente das ameas, acompañada de tres cunchas de vieira de ouro, unha en cada flanco e outra na punta do escudo. Outro trae, en campo de goles, unha aguia de prata coroada de ouro.
-
PERSOEIRO
Matemático e pintor. Catedrático de Xeometría Diferencial, fundador do departamento de Matemáticas e primeiro decano da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (1978), foi pioneiro da investigación en xeometría diferencial e da apertura ao exterior da matemática española. Como pintor preocupouse do home e da natureza, destacan Mujer con jarro de vino e Autorretrato (1976). Publicou, entre outras obras, Introdución a la geometría diferencial (1956) e Cálculo infinitesimal (1970). Primeiro presidente da Academia Galega de Ciencias, foi académico numerario da Real Academia Galega (1971). Recibiu o premio Alfonso X El Sabio (1948) do CSIC por Geométrica integral sobre las superficies curvas, e o premio da Real Academia de Ciencias de Madrid (1953) por Fundamentos de la geometría integral.
VER O DETALLE DO TERMO