"Das" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 542.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Paderne baixo a advocación de san Pantaión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Paderne. De orixe románica, construíuse a finais do s XII. Ten unha soa nave, pero non conserva a primitiva ábsida rectangular. Conserva a portada románica de dobre arquivolta de medio punto, apoiada en columnas acobadadas, e tímpano sen decoración,   apoiado en mochetas antropomorfas. Sobre ela sitúase un rosetón. Culmina nunha espadana de dous vans, construída posteriormente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Betanzos baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado no litoral da illa de Mallorca, Illes Balears (6.503 h [2001]). Ten cultivos de secaño, amendoeiras e cereais, e o turismo é a principal actividade económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santa Mariña de Augas Santas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ourense baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre a de Bieiteiro e a desembocadura do río San Vicente, na parroquia de Meirás (Valdoviño).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que se refire ao século XVIII europeo, caracterizado pola ilustración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Competición internacional de rugby que se disputa desde 1910 entre as seleccións de Escocia, Gales, Irlanda, Inglaterra e Francia, polo sistema de liga a unha soa volta, co nome de Torneo das Cinco Nacións. En 1999 incorporouse Italia e adoptou o nome definitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cartelle baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra situada na parroquia de Cambás (Aranga). Cunha altitude media de 640 m e unha orientación NO- SL, separa os vales de Cambás e Labrada. O seu cumio acada os 740 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Código xurídico elaborado baixo a dirección do Rei Afonso X o Sabio, que comprende sete libros ou partidas chamados Libro de las Leyes ou Fuero de las Leyes. Trátase dunha ampla enciclopedia de dereito, sobre toda clase de materias xurídicas, así como sobre fundamentos filosóficos, morais e históricos de cada unha das institucións. Inspiradas fundamentalmente nas fontes do dereito romano e do dereito canónico, e nos textos dos romanistas e canonistas estranxeiros, a iniciativa de facer esta magna obra debeuse a Fernando III, quen comezou a escribir o libro Septenario, máis tarde continuado polo seu fillo Afonso X coa colaboración dunha comisión de xuristas. O Corpus Iuris Civilis constitúe a súa fonte principal. Tiveron unha gran difusión, e foron traducidas durante a Idade Media ao galego, portugués e catalán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Coñecido polos seus Poemas figurativos, consérvanse o inicio de cantos dedicados aos deuses e oito epigramas da Antoloxía palatina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bandas de absorción, características dos citocromos, que aparecen na zona do espectro visible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Promontorio de Ática, situado na parte SL da rexión, diante do antigo mar de Mirto. É un cantil rochoso duns 60 m de altura que forma unha península de 1 km de longo, unida por un istmo duns 400 m. Está coroado polo templo de Poseidón, do que quedan 12 columnas e unha parte do pórtico e da arquitrabe do pronao. Data, probablemente, do tempo de Pericles (s V a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Wily, recibiu en 1989 a bolsa Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1989). A súa obra amosa a influencia das tendencias máis vangardistas da escultura, entre outros a de F. Leiro. Talla directamente na mateira e consegue figuras expresionistas e sinópticas en que reelabora a estética surrealista. Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio do Certame de Artes Plásticas Xuventude 90 e o primeiro premio Trienal Latina (Viana do Castelo, 1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Tallo. Realizada en cantaría e cachotaría durante os ss XVI e XVII, orixinariamente foi un conxunto de dúas torres. Máis tarde remodelouse e ambas as dúas foron unidas cun corpo rectangular. Destaca a fachada, cun soportal apoiado sobre tres piares de cantaría sobre o que se abre unha solaina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Penouta (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.526 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gravado rupestre situado na parroquia de Amoedo (Pazos de Borbén). Destacan as representacións de espirais e unha escena de apareamento entre dous cervos. Consérvanse tamén varias cazoletas escavadas na pedra. Foi declarado BIC en 1975.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade do NO de Groenlandia, estación militar de EE UU. Foi o punto de partida das denominadas expedicións de Thule (1912 -1933), levadas a cabo por K. Rasmussen, para o estudo dos esquimós.

    VER O DETALLE DO TERMO