"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á planta ou ao animal procedente do cultivo ou da domesticación que pasa ao estado salvaxe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festividade relixiosa que se celebraba entre o 13 e 21 de febreiro en honor dos mortos. Coñecidas tamén como Parentalias e dedicadas a Xúpiter Feretrio, durante este período non se practicaba ningun outro culto e estaban prohibidos os negocios e os matrimonios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce en gran cantidade algo, especialmente referido á terra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olframato de ferro, de fórmula FeWO4. Cristaliza no sistema monoclínico. É de cor acastañada ou negra, ten unha dureza entre 4 e 4,5 e un peso específico de 7,51. Foi descrita por Breithaupt a partir de exemplares procedentes de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo creado en 1957, continuación da Federación de Amigos de la Enseñanza (FAE), vinculado ao pensamento do nacionalcatolicismo español. A FERE adoptou unha estrutura moito máis ampla con carácter de corpo docente. Educadores, órgano da FERE nos seus inicios, adoptou posturas integrista que co tempo se foron superando. A partir da segunda metade da década dos sesenta a FERE colaborou na renovación pedagóxica dos colexios relixiosos.
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Mestre de Pitágoras, foi o primeiro en afirmar que as almas eran eternas e consecuentemente sobrevivían aos corpos. Foi autor dunha teogonía coñecida como A caverna dos sete abismos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a un verso da métrica clásica. Recibe o nome do poeta Ferécrates.
-
PERSOEIRO
Escultor húngaro. Formouse en Viena na Akademie der Bildende Künste. Traballou con B. Thorvaldsen en Roma (1818-1824). Das súas obras destaca Eurídice.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Caixa feita de distintos materiais que se emprega para enterrar a un defunto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de fero.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima de Uzbekistán (191.000 h[1995]). O cultivo de algodón e a súa transformación foi a principal actividade económica durante séculos. Destacou tamén como centro de produción e refinado de petróleo. Fundada polos rusos como gornición militar trala conquista do kanato de Kokand, nas súas orixes denominouse Novyy Margelan. En 1907 foi rebautizada co nome do seu conquistador ruso, Skobelev, e desde 1924 coñécese co nome de Fergana. Do seu patrimonio cultural destaca a casa de Skobolev, utilizada como teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Uzbekistán (7.100 km2; 2.338.000 h [1993]). A capital é Fergana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oasis de Asia Central, situado entre Uzbekistán e Taxikistán, cunha superficie de 11.900 km2. Ao seu redor concéntrase unha importante área agrícola, dedicada fundamentalmente ao cultivo do algodón. Tamén se extrae xofre e petróleo.
-
PERSOEIRO
Revolucionario irlandés. Loitou pola independencia dos países latinoamericanos. En 1810 incorporouse ás forzas do xeneral Páez durante a campaña de Apure e pasou despois a Isla Margarita, ás ordes de Urdaneta. Participou no sitio de Cartagena e na Batalla de Ayacucho (1824). Morreu no atentado do palacio de San Carlos (setembro de 1828), defendendo a vida de S. Bolívar.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xefe militar escoto. Liderou o grupo de colonos escotos que desde o Ulster se dirixiron a Aegyll entre o 495 e 498, onde fundaron o Reino de Dalriada.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e historiador escocés. Licenciado na University of St. Andrews, foi profesor de filosofía na University of Edinburgh (1759-1785). Foi pioneiro da moderna socioloxía ao considerar o ser humano como un animal progresivo propenso á corrupción do luxo e que combina a sociabilidade cunha instintiva afección á loita. Afirmou que o progreso social é un feito natural, pero nin inevitable nin irreversible. Das súas obras destacan Essay on the History of Civil Society (Ensaio sobre a historia da sociedade civil, 1767), onde desenvolveu a idea da división do traballo, e Principles of Moral and Political Science (Principios de ciencia moral e política, 1792).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociolingüista. Estudiou filosofía e linguas orientais na University of Pennsylvania. Especializouse en árabe e bengalí e traballou como especialista en linguas do Próximo Oriente en Washington DC (1947-1955) e, ata 1959, foi lector de lingüística e árabe na Harvard University. De 1959 a 1966 foi director do Center of Applied Linguistics (Centro de Lingüística Aplicada), en Washington DC. Despois continuou cos seus traballos de lingüística aplicada no Committee of Linguistics en Stanford. En 1967 converteuse en profesor de lingüística e director do programa de lingüística da Stanford University. Centrou os seus estudios na linguaxe universal, na adquisición da primeira e da segunda lingua, na relación lingua e sociedade (diglosia), na substitución lingüística e na lingua dos nenos. No debate sociolingüístico recuperou o concepto de diglosia para definir un tipo de situación en que se dá a convivencia, nunha mesma comunidade, entre dúas variedades dunha mesma lingua: unha variedade...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Industrial e inventor británico. Propulsor dun gran número de empresas automobilísticas e aeronáuticas, como a Harr Ferguson Motors Limited e a Harry Ferguson Research Limited. Inventou un sistema de produción agraria, integrado de tractor e produtor, e contribuíu ao perfeccionamento dos sistemas de transmisión para automóbiles. Foi membro da Institution of Automobile Engineers e da Royal Aeronautic Society.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador da arte escocés. Formado na University of Edinburgh, estudiou a arquitectura da India, China e Europa. Das súas obras destaca The palaces of Nineveh and Persepolis restored; an essay on ancient Assyrian and Persian architecture (Os palacios restaurados de Nínive e Persépolis: un ensaio sobre arquitectura antiga asiria e persa, 1851).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura (1.412 h [1996]). A agricultura e a gandería son as principais actividades económicas. Vinculada ao señorío dos Suárez de Figueroa, duques de Feria, foi declarada Ben de Interese Cultural en 1970. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a fortaleza da cidade de orixe musulmana, e as igrexas da Candelaria e San Bartolomé.
VER O DETALLE DO TERMO